biqueira

biqueira

(< bico)

  1. s f

    Reforzo de coiro ou doutro material que se acostuma poñer na punta do calzado.

    Ex: Tes que lle pór ás botas cadansúa biqueira porque teñen a punta moi desgastada. 

    Sinónimos: bigoteira, punteira.
  2. s f

    Parte de diante do carro.

  3. s f

    Recipiente de madeira onde se retén a auga do muíño.

  4. s f

    Lugar dun recipiente por onde sae o líquido.

    Ex: Rompeu a biqueira da xerra e agora verte todo o viño. 

    Sinónimos: bica, bico, biquelo, picho, biquela.
  5. s f

    Cano do lagar por onde cae o mosto no pío.

    Sinónimos: bica.

Frases feitas

  • A lume de biqueira. Facer algunha cousa con moita rapidez, ás présas. Ex: Como chegaba tarde á voda, marchei no coche a lume de biqueira.

  • Dar/facer un disparo de biqueira. Dar ao balón de fútbol unha patada coa punteira da bota.