albura

albura

(

  1. s f

    Característica dun obxecto ou persoa que ten semellanza co branco.

    Ex: A albura da súa face contrastaba co negro dos seus ollos.

    Sinónimos: brancura.
  2. s f

    Calidade da persoa que é inocente e pura, que non ten maldade.

    Ex: Entre as súas calidades destaca a albura que a fai case santa.

    Sinónimos: candidez, inocencia.
  3. s f [BOT]

    Capa das plantas dicotiledóneas situada inmediatamente debaixo da cortiza e arredor do durame, que aínda contén células vivas e é de cor clara e pouco dura.

    Sinónimos: alburno, sámago, samo.