avéstico -ca
(< Avesta)
-
adx
Relativo ou pertencente ao Avesta ou á súa lingua.
-
s
m
[LING]
Lingua iraniana oriental que pertence ao grupo indo-iraniano da familia indoeuropea. Coñécese por ser a lingua do Avesta, o libro sagrado do profeta Zaratustra, no que se distinguen dúas partes. A máis antiga contén os Ghatas (cantos), mostra dun estadio de lingua máis primitivo, que probablemente recolla a realidade lingüística do s VIII a C. A outra parte do Avesta, máis extensa, amosa unha forma de lingua máis recente, na que se pode ver unha simplificación gradual e unha variación nas formas gramaticais. Cando se escribiu o Avesta (ss IV-VI), o avéstico era xa unha lingua morta coñecida só pola tradición oral relixiosa. Existe unha paráfrase deste libro máis tardía en phelevi ao que se asocia a lingua zendo, termo que, ás veces, se usa incorrectamente como sinónimo de avéstico.
-
alfabeto avéstico
[ESCR]
Alfabeto iraniano, derivado do arameo, no que está escrito o Avesta. Data aproximadamente do s III d C e ten 48 letras.