Asociación Rexionalista Galega
Asociación Rexionalista Galega
Fundada en Santiago de Compostela en 1889 baixo o amparo do Comité Central Rexionalista e formada polos comités locais rexionalistas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Tui. Presidida por Manuel Murguía, foi o primeiro intento de artellar o movemento rexionalista. Contou cun medio de expresión, La Patria Gallega, órgano oficial da asociación. Na asociación confluíron as tres tendencias do rexionalismo galego: federalista, liberal e tradicionalista. O enfrontamento entre os tradicionalistas e os federais no comité afectou á asociación. Isto, unido á saída dos primeiros do consello de redacción de La Patria Gallega, supuxo o principio do fin da asociación.