1 banda
(< gótico bandwo ‘insignia, estandarte’)
-
s
f
[MÚS]
-
Conxunto de toda clase de instrumentos musicais de vento-metal e percusión, onde tamén poden entrar os de corda e os folclóricos, coñecido tamén como banda de música. No s XVIII, era un conxunto instrumental de corda e arco, como a Grande Bande francesa, que estaba constituída por vinte e catro músicos do Rei. A banda de música en Galicia ten os seus comezos no 1840, aínda que hai opinións que xustifican a súa aparición antes desta data, se ben non hai constancia documental. Nos albores da música bandística as agrupacións eran reducidas, superando raras veces o número de vinte compoñentes. Os músicos formábanse uns aos outros, ata que os máis destacados pasaban a integrar as bandas militares, das que, á súa vez, saían outros para dirixir as populares. Máis tarde apareceron as bandas municipais e creouse o Cuerpo de Directores Civiles, hoxe extinguido. O papel desenvolvido polas bandas de música en Galicia foi tan relevante que se pode afirmar que foron verdadeiros conservatorios de música e un auténtico medio de cohesión social. O músico antigo en Galicia nunca chegou a levar unha vida economicamente cómoda, pero a súa afección era tanta, que en ocasións deixou a propia malla na eira para ir facer unha festa. Por iso era coñecido o dito: “Ese... éche músico...”. Na actualidade a preparación técnica é moi superior á de antano e a xuventude é actualmente quen nutre as nosas bandas de música, non conformándose cuns coñecementos básicos, senón asistindo aos conservatorios e integrándose en moitos casos en grupos corais, para deste xeito acadar unha maior formación, especialmente no referente á boa entoación, tan básica para un bo músico. Existe, sen embargo, unha faceta da música á que a xuventude accede con moita timidez: o mundo da dirección. Por toda a xeografía nacional -e, por suposto en Galicia- organízanse cursos desta especialidade. Cómpre estudar as bandas de música en Galicia en tres apartados: populares, municipais e militares. Actualmente tamén hai que falar das bandas de gaiteiros que, cada día abundan máis en cantidade e calidade (a gaita de fol incorporouse por primeira vez ás bandas grazas a Manuel Sariñena, director da Banda Municipal de Lugo, exemplo que axiña seguiu o ribadense Álvarez Cancio nas bandas militares). O adxectivo municipal non sempre está debidamente utilizado, xa que, en sentido estricto, banda municipal é só aquela que está sostida exclusivamente polos orzamentos do concello correspondente, e a ela só se pode acceder provisto da titulación pertinente e mediante concurso-oposición. Estas características cúmprense unicamente nas municipais da Coruña e de Santiago de Compostela. A banda municipal de Vigo -hoxe extinguida- gozaba das mesmas prerrogativas. Ningunha das restantes reúne os requisitos para ser denominada municipal. Será, en todo caso, subvencionada polo concello ou por un padroado. Nalgún caso existen bandas, como pode ser a de Lugo, nas que hai un bo número de compoñentes que son bolseiros, que pertencen a outras varias agrupacións bandísticas. Noutras, finalmente, os músicos gozan dunha situación laboral de funcionarios a media xornada, o que, como é obvio, non os priva de desempeñar outra función.
Ex: Este ano nas festas tocou a banda de música de Bandeira.
-
Termo de orixe militar que designa a agrupación musical que toca en común con asiduidade, dedicada á interpretación de distintos xéneros musicais (rock & roll, jazz, pasodobres, etc). Esta denominación chegou dende Nova Orleans a través do jazz, onde numerosas bandas percorrían as rúas a principios de século. A partir de aquí a palabra pasou a denominar os músicos que deixaron as rúas para tocar nos clubs nocturnos, e non se podían considerar orquestra polo seu número reducido. Glenn Miller (1904-1944) cando ingresou nas forzas aéreas norteamericanas en 1942, fundou a banda militar con máis renome durante a Segunda Guerra Mundial.
-
-
s
f
[MÚS]
No s XVIII, raiado de catro liñas onde se escribe o canto plano.
-
s
f
[ANTROP/CULT]
Grupo de base, residencial e económico, dotado dunha certa capacidade de integración social; asóciase con esta forma social unha economía baseada na caza e recolección. A profusión de definicións achegadas dende a teoría antropolóxica fixo que este concepto fose pouco operativo, aínda que autores como Steward ou Radcliffe-Brown propuxeron definicións que abranguen a totalidade das sociedades de cazadores-colleiteiros. Así, foron definidas como grupos sen xerarquía social, con división sexual do traballo, base económica móbil, de tipo cazador-colleiteiro, nómades ou con sedentarismo estacional (campamentos instalados ciclicamente en determinados lugares recorrentes), parentesco exógamo e residencia posmarital polo xeral bilateral e moi flexible. Logo dos traballos de Sahlins, Service e Lee recoñecéronse outros factores: a importancia da recolección xeralmente feminina (e correlativamente, o papel económico considerable das mulleres), a escasa importancia do tempo dedicado ao traballo entre os cazadores-colleiteiros. Non obstante , a noción de banda asociada a igualitarismo, economía cazadora-colleiteira e exogamia, non se pode manter se se ten en conta a diversidade dese tipo de sociedades: inuit, kung, aborixes australianos, ainus, etc. Asumidos estes conceptos pola teoría arqueolóxica, fundamentalmente inseridos na Arqueoloxía social e na Etnoarqueoloxía, serviron para extrapolar actuais observacións etnográficas a sociedades primitivas paleolíticas e epipaleolíticas.
-
s
f
-
[HIST]
Grupo ou facción formada para buscar vantaxes persoais, para resolver cuestións de xurisdición, para satisfacer o honor ou para vinganza persoal. Na Idade Media, ás veces, as loitas chegaban a resultar auténticas guerras privadas, mentres que no s XVI, a miúdo dexeneraron cara ao bandoleirismo.
-
Compañía de homes, sobre todo armados, reunidos cun fin subversivo ou criminal. SIN: cuadrilla.
Ex: Esta noite foi capturada a banda dos atracadores máis temidos dos últimos tempos.
Sinónimos: cuadrilla.
-
[HIST]