3 banda
-
s
f
Tira de tea que vai dende o ombreiro ata o costado oposto atravesando o peito, como insignia dalgún cargo ou honra. SIN: cinta, faixa, fita, franxa.
Ex: Levaba un disfrace cunha banda vermella que lle cruzaba o peito. Impuxéronlle a banda que a recoñecía como miss Pontevedra.
-
s
f
Calquera fita ou tira feita de pano, coiro, papel, metal, etc que presenta os bordos paralelos e máis longa ca ancha. SIN: cinta, franxa.
Ex: Os taxis levan unha banda azul e branca nas portas dianteiras.
-
s
f
Bordo elástico que rodea a táboa do billar.
Ex: Derramouse a banda da mesa do billar por mor duns desaprensivos que deixaron caer as bebidas.
-
s
f
Todo aquilo que se estende sobre un espazo longo e relativamente estreito.
Ex: Plantou varias bandas de amorodos.
-
s
f
Liña ou calquera outro debuxo estreito e longo, en especial sobre tea. SIN: barra, franxa, lista.
Ex: Non quixo poñer a camisa de bandas azuis.
-
s
f
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘as franxas de tea de diversa cor, diferente ao da almofada, que serve para agarrar o cartón ou para enfeitar’.
-
s
f
[ANAT]
Formación anatómica estreita e alongada.
-
s
f
[ARTE]
Moldura arquitectónica longa e estreita.
-
s
f
[BIOL]
Zona máis ou menos escura que se observa no sarcómero.
-
s
f
[FÍS]
Calquera dos intervalos finitos que están dentro do dominio de valores dunha magnitude física.
-
[HERÁLD]
-
s
f
Peza do escudo que atravesa diagonalmente o seu campo, partindo do seu ángulo superior dereito ao inferior esquerdo; a súa largura é dun terzo do total do escudo, agás que haxa varias bandas.
-
banda-faixa
Peza composta que resulta da unión da metade superior dunha banda e dunha faixa.
-
banda-pao
Peza composta que resulta da unión da banda e da metade inferior dun pao.
-
s
f
-
s
f
[PESCA]
Cada unha das dúas pezas da rede que prolongan o funil dunha arte de arrastre de fondo.
-
amplitude de banda
[COMUN]
Diferencia entre o valor das frecuencias extremas dunha banda de frecuencias. Nun elemento selectivo (filtro, circuíto resoante), diferencia entre as frecuencias límites, máis alá delas a atenuación aumenta bruscamente ou ben sobrepasa un valor determinado.
-
banda ancha
[INFORM]
Característica dunha rede de comunicacións de gran capacidade que permite a conexión de varias redes menores nun único cable. En cada unha destas últimas empréganse diferentes frecuencias para a transmisión de información, co obxecto de que non haxa interferencias.
-
banda base
[INFORM]
Tecnoloxía de comunicacións que utiliza unha frecuencia portadora única e que require que cada unha das estacións conectadas en rede participe en todas as transmisións de datos.
-
banda cidadá
[COMUN]
Banda de fecuencias, utilizada para a radiocomunicación privada e os sistemas de control a distancia, o seu intervalo de frecuencias está comprendido entre os 29.965 e os 27.085 kHz. Os aparellos que utilizan esta banda poden emitir en AM, FM e en banda lateral única (SSB), pero a potencia é limitada (~5W) e só poden acadar de 300 m a 15 km de alcance. Teñen a vantaxe de que non necesitan autorización oficial.
-
banda cromosómica
[XEN]
Rexión cromosómica definida e de tinción característica que permite identificar os diferentes cromosomas e detectar posibles anomalías estruturais. Contén aproximadamente o 95% do ADN cromosómico.
-
banda de aterraxe
[AERON]
Parte da área de aterraxe, de forma rectangular, destinada ao despegue e aterraxe de aeronaves nunha dirección determinada.
Ex: A banda de aterraxe estivo pechada por mor do mal tempo.
-
banda de desgarramento
[AERON]
Tira de envoltura dun globo aerostático, que ao ser arrincada, permite unha saída rápida do gas.
-
banda de enerxía
[FÍS]
Cada un dos intervalos finitos en que se divide o espectro enerxético dun electrón dun sólido cristalino, formados pola agrupación dos niveis de enerxía permitidos. Segundo a mecánica cuántica, os niveis de enerxía dun electrón nun átomo ou molécula illados son discretos, é dicir, só son posibles uns certos valores de enerxía. O mesmo acontece nun gas en condicións normais, pero cando a materia se agrupa nun estado condensado, caracterizado por unha alta densidade (gas comprimido, líquido ou sólido), prodúcese unha interacción entre os átomos modificando o nivel de enerxía dos electróns. Nun sólido cristalino perfecto, as enerxías posibles dun electrón agrúpanse en bandas. Entre dúas destas bandas permitidas existe unha banda prohibida onde non é posible atopar ningún electrón. As bandas permitidas son ocupadas polos electróns de acordo co principio de exclusión de Pauli. Segundo o estadio de ocupación dos niveis de enerxía dunha banda, esta é unha banda baleira, parcialmente ocupada ou chea (saturada). A banda de enerxía máis elevada denomínase banda de condución e a inmediatamente inferior banda de valencia. Un metal caracterízase porque ten algún electrón na banda de condución. Os illantes e semicondutores teñen totalmente ocupada a banda de valencia. A condutividade destes últimos depende da posibilidade que, mediante un aumento da temperatura, un electrón traspase a banda prohibida entre a banda de valencia e a de condución.
-
banda de frecuencias
[COMUN]
Intervalo de frecuencias comprendido entre dúas frecuencias límite. Estas poden estar fixadas arbitrariamente (radiofrecuencias) ou ben están definidas polo comportamento dun dispositivo ou elemento concreto.
-
banda de frecuencias
[FÍS]
Intervalo de frecuencias dun espectro. Fálase de bandas de absorción ou de bandas de emisión segundo o intervalo sexa absorbido ou emitido polo sistema físico en cuestión.
-
banda de paso
[TRANSP]
Banda que no diagrama tempo-distancia representa o movemento dun conxunto ideal de vehículos que se desprazan á velocidade proxectada para un sistema de sinalización progresiva.
-
banda de progresión
[TRANSP]
No diagrama espacio-temporal das fases dunha serie secuencial de semáforos, faixa comprendida entre as traxectorias do primeiro vehículo e do último que teñen aberto o paso en cada fase.
-
banda de radiofrecuencias
[COMUN]
Banda das frecuencias utilizadas en radiocomunicacións; os seus límites están comprendidos entre 3 kHz e 300 GHz.
-
banda de rodamento
[TECNOL]
Parte exterior da cuberta do pneumático que está en contacto co chan. Adoita ser de caucho vulcanizado duro, cortado en fendeduras e relevos que aumentan a adherencia e, cando o pavimento está mollado, axudan a afastar a auga da zona de contacto entre ambas as dúas superficies.
-
banda deseñada
cómic.
-
banda lateral
[COMUN]
Banda de frecuencias do espectro dunha onda modulada que se estende simetricamente en cada un dos lados da frecuencia da onda portadora.
-
banda magnética
[FÍS]
fita magnética.
-
banda pasante
[COMUN]
Banda de frecuencias que un dispositivo ou aparello deixa pasar, sen producir unha atenuación apreciable.
-
[IMAX]
-
banda sonora
Franxa dunha fita cinematográfica reservada ao son (música, ruídos, palabras), que pode estar impresa magnética ou opticamente.
Ex: Non se puido proxectar a película porque se derramou a banda sonora.
-
s
f
Música dunha película.
-
banda sonora
-
bandas lombardas
[ARQUIT]
Faixas de pedra, lisas e saíntes do muro, que forman parte da decoración arquitectónica do románico orixinario da Lombardía. Percorren o muro verticalmente unidas por unha serie de arquiños cegos, que se repiten. Este estilo estendeuse por Europa nos ss XI e XII. Na Península Ibérica está limitado á Marca Hispánica, sendo Santa María de Ripoll (1032) o exemplo máis salientable.
-
en banda
[HERÁLD]
Peza longa pousada en dirección diagonal propia da banda e dos mobles colocados nesta mesma dirección.
-
espectro de bandas
[FÍS]
Espectro de raias moi numerosas, no que algunhas delas se agrupan formando bandas.