Bello

Bello
  1. [ONOM]

    Forma castelá correspondente ao apelido Belo.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe procedente da vila de Monterrei. Nos tratados heráldicos pode aparecer representada tamén coa variante gráfica Vello. Estendeuse polas provincias de Ourense e Lugo, e pasou logo a Asturias, León e Salamanca. As súas armas levan, en campo de azul, dous bordóns de prata; bordo de ouro, con cinco veneras de goles. Algúns engádenlle vinte e catro medias lúas coas puntas cara a abaixo. Outras variantes ostentan: en campo de goles, cinco veneras de ouro, postas en aspa.