Bélmez de la Moraleda

Bélmez de la Moraleda

Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, drenado polo río Jandulilla, afluente do Guadalquivir (2.011 h [1996]). Situado na serra de Mágina, o terreo é moi accidentado. As principais actividades económicas son as agropecuarias, fundamentalmente a gandería lanar. Hai tamén canteiras de xeso.