Bengala Occidental
Bengala Occidental
Estado da India (88.752 km2; 73.600.000 h [estim 1994]). A capital é Calcuta. Ocupa a parte occidental da rexión de Bengala. A maior parte da poboación activa dedícase á agricultura, sobre todo ao cultivo do arroz. Os núcleos urbanos principais son Calcuta, Howrah, Garden Reach, Bhātpāra, Kharagpur, Burdwān e Asansol. O bengalí é a lingua máis falada. A relixión predominante é o Hinduísmo, pero hai unha minoría islámica. O estado, creado canda a indepedencia da India (1947), inclúe a maioría das rexións hindús da antiga provincia de Bengala. Posteriormente foi ampliado coa anexión de diversos territorios: en 1950 o estado de Koch-Bihār, en 1951 a cidade de Chandernagor e no 1956 algunhas áreas de fala bengalí de Bihār.