British Library

British Library

Biblioteca nacional de Gran Bretaña. Foi fundada no 1973 a partir da antiga biblioteca do British Museum, a National Central Library, a British National Bibliography e a National Lendin Library for Science and Technology. Consta de tres grandes divisións: a de humanidades e ciencias sociais (con máis de 11 millóns de volumes e unha importante colección de manuscritos orientais); a de ciencia, industria e tecnoloxía, que se divide entre o Document Supply Center (un dos mellores subministradores internacionais de información) e o Science Reference and Information Service; e, finalmente, a división de servicios bibliográficos, responsable da bibliografía nacional británica e das diversas publicacións emitidas pola entidade. A British Library ten actualmente un papel moi importante na investigación nos campos da biblioteconomía, a documentación e as novas tecnoloxías da información.