Calvo

Calvo

Empresa conserveira constituída en 1971, fundada por Luís Calvo Sanz e dirixida por José Luis Calvo Pampín. O actual grupo empresarial, fundado a partir da empresa conserveira, está constituído por dúas factorías situadas en Carballo, a súa sede social, e Esteiro (1986), e por dúas filiais: General de Túnidos e Cantábrica de Túnidos, que explotan cinco buques conxeladores. Participa tamén nas empresas Túnidos del Atlántico e Atuneras del Índico. Orienta a súa expansión cara a Europa, introducida xa no mercado italiano, e América, con fábrica en Venezuela e proxectos en El Salvador.