1 cantar

1 cantar

(

  1. v t

    Reproducir coa voz unha melodía determinada proferindo os sons axeitados, normalmente formando as palabras correspondentes á letra desta melodía. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cantar mal e recuncar, non é de aprobar. Ao arrendar, cantar; e ao pagar, chorar. Quen che mandou cantar, meu frade, quen cha mandou cantar, que che pague”.

    Ex: Cantaron un harmonioso Ave María.

  2. v t

    Dicir en voz alta algunha cousa cunha entoación parcialmente melodiosa para que a escoite un grupo de persoas.

    Ex: Xa cantaron o premio gordo da lotería. Góstame oír como cantan o prezo do peixe na lonxa.

  3. v t

    Celebrar ou loar de forma literaria algunha cousa ou a alguén.

    Ex: Poucos autores cantaron as clases populares como Castelao.

  4. v t

    No xogo do bingo, proclamar en alta voz que se completou unha liña ou o cartón enteiro.

    Ex: Nunha mesma noite cantou bingo dúas veces.

  5. v t

    Nalgúns xogos de cartas, como o tute, facer corenta puntos (cando se ten o cabalo e o rei de trunfos) ou vinte puntos (cando se ten unha parella de cabalo e rei do mesmo pao pero sen ser de trunfo).

    Ex: Perdemos a partida aínda que cantamos as corenta.

  6. v t

    Declarar ou confesar unha persoa cousas que non se coñecen ou que se deberían manter en segredo.

    Ex: Cando o detivo a policía cantou o nome dos seus cómplices.

    Sinónimos: revelar.
  7. v i

    Proferir sons con inflexións musicais ou modulacións melodiosas da voz.

    Ex: A veciña do cuarto canta moi ben.

  8. v i
    1. Emitir a súa voz os paxaros. Na tradición oral recóllese: “Cantou o pardal, e cantou polo seu mal”.

      Ex: Na casa da miña avoa escóitase como cantan os xílgaros.

      Sinónimos: chiar.
    2. Emitir o seu canto o galo ou as galiñas.

      Ex: As galiñas deberon poñer máis ovos porque xa volveron cantar.

    3. Emitir a súa voz propia ou o seu son característico algúns insectos e outros animais como a ra. Na tradición oral recóllese: “Canta a ran e non ten pelo nin lan”.

      Ex: Sempre escoito como cantan os grilos pola noite.

  9. v i

    Producir unha cousa un son peculiar ou característico.

    Ex: O motor do frigorífico industrial canta coma un muíño.

  10. v i

    Producir un ruído cando se atopan repetidamente as pezas dun mecanismo en movemento. OBS: Aplícase particularmente ao son que produce o carro tradicional cando se move. Na tradición oral recóllese: “O que han cantar os bois, vaino cantando o carro”.

    Ex: Xa case non se escoita cantar os carros diante da casa. Boteille graxa ós gonzos da porta para que non cantasen.

    Sinónimos: renxer.

Frases feitas

  • As cartas cantan. Emprégase cando existen probas evidentes sobre algún asunto que se cuestiona.

  • Cantarlle un galo a alguén. Deitarse antes de anoitecer.

  • a alguén. Chamarlle a atención con seriedade dicíndolle as cousas claras.

  • Canta como unha calandra. Aplícase a quen ten moi boa voz para cantar.

  • Cantar a libro aberto. Ler música con soltura.

  • Cantar a morte do tres. Matar o tres no xogo da brisca.

  • Cantar a zapateira. No xogo da brisca, deixar o contrincante con moi poucos puntos.

  • Cantar as do barqueiro/as corenta

  • Cantar de cheo. Confesar algunha cousa na súa totalidade.

  • Cantar na man. Ser pícaro ou ter retranca, xeralmente por acumulación de experiencias.

  • Cantar o peixe. Poxalo en voz alta.

  • Cantar os dentes. Tremer.

  • Como se cantase un carro/un can. Sen facer caso.

  • Marchar cantando baixiño. Irse humillado.

Conxugar
VERBO 1 cantar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
canto
cantas
canta
cantamos
cantades
cantan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantaba
cantabas
cantaba
cantabamos
cantabades
cantaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantei
cantaches
cantou
cantamos
cantastes
cantaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantara
cantaras
cantara
cantaramos
cantarades
cantaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantarei
cantarás
cantará
cantaremos
cantaredes
cantarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantaría
cantarías
cantaría
cantariamos
cantariades
cantarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cante
cantes
cante
cantemos
cantedes
canten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantase
cantases
cantase
cantasemos
cantasedes
cantasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantar
cantares
cantar
cantarmos
cantardes
cantaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
canta
-
-
cantade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantar
cantares
cantar
cantarmos
cantardes
cantaren
Xerundio cantando
Participio cantado
cantada
cantados
cantadas