Castelo

Castelo
  1. [ONOM]

    Apelido procedente dun topónimo que vén do latín castellu ‘fortaleza, castelo’. Documéntase no s XIII: “Fernandus Castelus” (doc ano 1262 en Manuel Lucas Álvarez/ P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media, 1988, p 340). Adoita aparecer coa forma castelanizada Castillo. Tamén funciona como apelido a forma plural Castelos.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, unha copa de ouro. Tamén emprega as formas Castelos e Casteleiro.