1 catar

1 catar

(

  1. v t

    Comprobar a calidade ou o sabor dunha bebida ou dun alimento tomando unha pequena porción deste.

    Ex: Na feira agraria catáronse os mellores brancos da comarca.

    Sinónimos: degustar, probar.
  2. v t

    Experimentar por primeira vez un sabor ou unha sensación.

    Ex: Ós seus anos aínda non catou as froitas tropicais nin os praceres do amor.

  3. v t

    Examinar unha cousa de forma detida para buscar algo, en especial parasitos.

    Ex: Catoulle as pulgas ó gato e agora saltáronlle a ela.

    Sinónimos: espiollar.
  4. v t

    Considerar algo con atención especial. OBS: Nesta acepción úsase habitualmente en imperativo.

    Ex: Cata que queres comprar.

  5. v t

    Extraer o mel das colmeas.

    Ex: Ó catarlles o mel ás abellas bótaselles fume para aparvalas.

    Sinónimos: capar, castrar, escarzar, esmelgar.
  6. v t

    Recoller froitos ou calquera produto do campo, en especial os que están espallados.

    Ex: Aproveitamos a mañá e catamos todas as patacas da leira.

    Sinónimos: apañar.
  7. v t

    Buscar algunha cousa.

    Ex: Andou catando o libro pero non o atopou nas librerías.

Palabras veciñas

cataplún | catapulta | catapultar | 1 catar | 2 catar | catarata | catarillega
Conxugar
VERBO 1 catar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cato
catas
cata
catamos
catades
catan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cataba
catabas
cataba
catabamos
catabades
cataban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
catei
cataches
catou
catamos
catastes
cataron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
catara
cataras
catara
cataramos
catarades
cataran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
catarei
catarás
catará
cataremos
cataredes
catarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cataría
catarías
cataría
catariamos
catariades
catarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cate
cates
cate
catemos
catedes
caten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
catase
catases
catase
catasemos
catasedes
catasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
catar
catares
catar
catarmos
catardes
cataren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cata
-
-
catade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
catar
catares
catar
catarmos
catardes
cataren
Xerundio catando
Participio catado
catada
catados
catadas