chafar

chafar

(< voz onomatopeica)

  1. v t

    Presionar fortemente unha cousa ata desfacela ou deformala.

    Ex: Chafaron os ovos de tanto tocalos.

    Sinónimos: esmagar, estrullar.
  2. v t

    Deformar algo ata provocarlle engurras.

    Ex: Non sacou a roupa da maleta e chafóuselle toda.

    Sinónimos: engurrar.
  3. v t

    Facer que alguén se desanime.

    Ex: As súas preocupacións chafaron a fin de semana.

    Sinónimos: abater, abater.
  4. v t

    Deixar a alguén sen argumentos nunha discusión.

    Ex: Chafouno de novo cando sacou as fotografías.

  5. v t

    Avergonzar a alguén.

    Ex: O bico que lle deu diante de todo o mundo chafouno.

  6. v t

    Facer que un asunto ou negocio fracase.

    Ex: Chafáronsenos os plans por culpa do mal tempo.

Palabras veciñas

chafallar | chafallas | chafalleiro -ra | chafar | Chafarinas | chafariz | Chafes, Rui
Conxugar
VERBO chafar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chafo
chafas
chafa
chafamos
chafades
chafan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chafaba
chafabas
chafaba
chafabamos
chafabades
chafaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chafei
chafaches
chafou
chafamos
chafastes
chafaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chafara
chafaras
chafara
chafaramos
chafarades
chafaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chafarei
chafarás
chafará
chafaremos
chafaredes
chafarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chafaría
chafarías
chafaría
chafariamos
chafariades
chafarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chafe
chafes
chafe
chafemos
chafedes
chafen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chafase
chafases
chafase
chafasemos
chafasedes
chafasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chafar
chafares
chafar
chafarmos
chafardes
chafaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
chafa
-
-
chafade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chafar
chafares
chafar
chafarmos
chafardes
chafaren
Xerundio chafando
Participio chafado
chafada
chafados
chafadas