"ANSA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado no altiplano de Almansa (23.507 h [1996]). Industria do calzado. O pantano de Almansa, preto da cidade, foi construído en 1348. Castelo. Palacio dos Condes de Cirat, pinturas rupestres prehistóricas de Alpera e restos do santuario ibérico do Cerro de los Santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe descendente dos antigos Frolaz, dos que conservaron os armiños das súas armas. Estendéronse por terras de León, Ciudad Real, Granada, Andalucía e Extremadura. As súas armas levan, en campo de prata, nove armiños de sable; bordo de goles con oito aspas de ouro. Outra variante ostenta, sobre campo de ouro, tres cabezas de reis mouros, con cadansúa espada quebrada nelas e unha lenda que reza “Estas tres con grande afán, segun por verdad se alla, Juan de Almansa, capitán -en tempo de rei don Juan- las ganó en una batalla”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de guerra que tivo lugar no 1707 entre as forzas de Filipe de Anjou (futuro Filipe V), comandadas polo duque de Berwick, e as do arquiduque de Austria Carlos VI, comandadas polo marqués de Minas e por lord Galway, na Guerra de Sucesión á Coroa das Españas. Foi un enfrontamento entre casteláns e franceses polo bando filipista, e portugueses, británicos e holandeses polo bando aliado. O duque de Berwick, que agardaba ao duque de Orleáns, cabeza dos exércitos borbónicos na Península Ibérica, encontrábase preto do porto que separa A Mancha da Comunitat Valenciana, onde foi atacado polo exército aliado. As forzas aliadas obtiveron un certo éxito inicial, pero Berwick desenvolveu unha manobra envolvente. Os estragos que produciu a cabalería filipista obrigaron ás tropas do arquiduque a se retirar cara a Alacant. Berwick fixo avanzar os seus xinetes e atacou as tropas do arquiduque transformando a súa vitoria do día anterior nun desastre aliado. A Batalla de Almansa decidiu a sorte inmediata...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de amansar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eliminar dun animal as súas calidades de ferocidade ou un estado anormal de indocilidade, furia ou rabia, para tornalo manso.

    2. Calmar a ferocidade, a ira, a malevolencia, o odio ou calquera manifestación violenta.

    3. Deixar de ser violenta, adusta, arisca ou esquiva unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Siglas coas que se coñece a máis importante das axencias de noticias italianas de información xeral. Fundada en 1945, ten a central en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome galego procedente do xermánico ans ‘Deus, divindade’ e wald ‘poder, forza’. Este antropónimo parece corresponderse coa forma moderna Osvaldo. Non existe santo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade do reino de Elam, de localización incerta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da República de Corea (252.157 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Cantábrico, no litoral da parroquia de Morás, concello de Xove, situada ao N da punta Arxente e do con das Salseiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Santiago en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río dos EE UU, afluente do Mississippi pola marxe dereita. Ten unha lonxitude de 2.300 km. Nace nas montañas Rochosas no estado de Colorado, percorre parte das Grandes Chairas, pasa por Pueblo, Hutchinson e Wichita, Tulsa, Fort Smith e Little Rock, e desemboca no río Mississippi, ao N de Greenville. Os principais afluentes son o Cimarron, o Canadian e o Neosho. O caudal é moi variable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado dos EE UU, na rexión Central Sur-Occidental (137.755 km2; 2.509.793 h [1996]). O solo está formado por rochas sedimentarias, con ondulacións do terreo ao O e ao N, mentres que ao L está cuberto polos sedimentos do Missouri. Ao S forma parte da chaira litoral. O relevo é baixo, e comprende ao N parte do altiplano de Ozark, accidentada polos montes de Boston, máis ao centro, que separan o val sinclinal de Arkansas dos montes de Owachita, ao S. A rede hidrográfica está formada polo Missouri e polos seus afluentes da marxe dereita. O clima é suave, con invernos moi curtos. Estado esencialmente agrícola, presenta problemas ecolóxicos derivados da enorme incidencia da erosión. A explotación forestal ten unha grande importancia, con industrias derivadas: mobles, pasta de madeira e papel. A capital é Little Rock. Os territorios do actual estado de Arkansas foron explorados primeiramente por Hernando de Soto (1541-1542), e despois polos franceses Marquette e Joliet (1673), e La...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Brasil, ao O de Rio de Janeiro, na beira dereita do río Paraibá do Sul (123.421 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico traumatólogo. Foi médico militar na Guerra de Marrocos (1909). Profesor de Patoloxía e Clínica Cirúrxica da Universidade de Madrid (1928), fundou a Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Durante a guerra de 1936-1939 foi cirurxián na zona republicana. É autor de tratados médicos (Patología quirúrgica, 1932) e dunhas memorias (De las guerras coloniales a la guerra civil, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Navarra. Emparentou con ilustres familias navarras como os Azpilcueta, Arbizú, Villalba ou Mendioroz. O Rei Carlos II o Nobre de Navarra, como garlardón por ter loitado na Batalla das Navas de Tolosa, outorgoulle como armas un escudo partido e cortado: primeira partición, de azul, cun minguante de lúa de ouro, sobre un taboleiro axadrezado de sable e prata, con bordo de goles e dez aspas de ouro; medio cortado de prata, cun lobo de sable, pasante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Botánico. Doutor en Farmacia e licenciado en Ciencias Físico-Químicas. Dende a cátedra do Instituto de Ourense, estudiou o grupo das algas e realizou diversas publicacións, especialmente dedicadas ás algas microscópicas de auga doce. Entre 1905 e 1948 investigou o litoral galego, formando un algario que está depositado no departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Publicou: Determinación de los puntos de ebullición y su importancia para el conocimiento de la constitución química de los cuerpos y determinación de pesos moleculares (1908) e Memoria sobre el estudo de las algas (1911), froito da súa estancia en Múnic para coñecer a metodoloxía alemá no estudo dos protistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. De tendencia modernista, traballou na Coruña. Entre as súas principais construcións destacan a igrexa dos xesuítas, o colexio Labaca (1915), o Banco da Coruña (1923) ou o edificio Liñares Rivas (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO