"APA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña. En 1908 recibiu unha bolsa do concello da Coruña para a Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid e ampliou estudios na Academia de España en Roma (1914), dirixida por Eduardo Chicharro. Membro Correspondente da Real Academia Galega (1946). O coñecemento do mundo clásico afirmou e consolidou a súa idea conservadora da arte. Unha segunda bolsa da Deputación da Coruña (1930), permitiulle volver a Italia e visitar museos e exposicións en Bélxica. Participante nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, obtivo a terceira medalla coa paisaxe Mañá de outubro desde o meu estudo (1943). A súa pintura caracterízase polo rexeitamento tanto das correntes de vangarda como da tradición, quedando nun termo medio. A súa formación en Madrid da man do academicista José Moreno Carbonero e do paisaxista valenciano Antonio Muñoz Degrain, así como do mencionado Eduardo Chicharro, explica o seu rexeitamento das vangardas, o seu dominio do...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen acapara.
-
Termo da xerga das palilleiras que designa o concepto ‘intermediario, quen compra os encaixes ás palilleiras para revendelos cunha alta ganancia’.
-
-
-
Acción e efecto de acaparar.
-
Delito consistente en reter mercadorías, en sentido amplo, en cantidade superior ás necesidades e ás previsións normais co obxectivo de encarecelas no mercado.
-
-
-
Adquirir e reter unha cantidade excesiva dunha mercadoría con finalidade especulativa.
-
Apropiarse dalgunha cousa en exclusiva, en detrimento dos demais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acocharse, especialmente detrás dun mato, dunha árbore, etc, para non ser visto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde ás voces ‘cortador, carniceiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘morrer’.
-
-
Semellante ao chaparro.
-
De pequena estatura e groso de corpo.
-
-
-
Dar forma de chaparro a algunha cousa.
-
Engrosar unha árbore crecendo pouco en altura.
-
Quedar unha persoa repoluda, grosa e de pouca estatura.
-
-
CAPITAIS
Capital do il de Sakarya, Turquía (185.187 h [1995]). Centro comercial e agrícola na ribeira do Sakarya.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cambiar unha persoa para ser máis bela.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento do Salvador (1.240 km2; 261.188 h [1992]). A capital é Ahuachapán (83.885 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast de Sverdlovsk, Rusia, situada nos contrafortes dos Urais centrais (50.000 h). Centro industrial dunha das rexións mineiras máis antigas do país que ten explotacións de ferro desde o ano 1702.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alampar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Matogueira de talos de ata 1 m de longo, a miúdo colgantes, de follas alternas, ovadas, glabras, de cor verde cinsenta, xeralmente con espiñas estipulares na base dos peciolos; de flores brancas ou lila pálido, zigomorfas, tetrámeras de ovario súpero, situado na parte superior dun xineceo e de froitos en baia. Tanto os abrochos florais coma os froitos son comestibles; consúmense como aperitivo e como condimento despois de adobalos con vinagre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar poboado de alcaparras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Montañas de Guatemala, situadas ao O do lago Izabal, formadas por altiplanos elevados onde se cultiva o café, a cana de azucre e o cacao.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Guatemala (8.686 km2; 670.815 h [estim 1995]). A capital é Cobán (14.152 h [1981]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do Brasil (142.358 km 2 ; 326.000 h [estim 1995]). A capital é Macapá. Atópase na rexión do N, entre a Güiana Francesa e o esteiro do Amazonas; é accidentado ao NO, pola serra de Tumucumaque, prolongación oriental do macizo das Güianas, constituíndo no resto unha gran chaira cunha elevación central, a serra do Navío, na que se descubriron en 1946 importantes xacementos de manganeso. O litoral, que se estende entre o río Oiapoque e o canal do Norte no esteiro do Amazonas, é moi pantanoso. O país está drenado polas concas do propio Oiapoque e do Jari, afluente do Amazonas, que marca a linde co estado de Pará. O clima é tipicamente ecuatorial (o ecuador atravesa a capital) e dá lugar a unha vexetación selvática, aproveitada para a extracción de madeiras nobres e caucho. A costa está poboada por vexetación de manglares. O territorio segregouse do estado de Pará no 1943 e estivo moito tempo en litixio entre Francia e o Brasil. Conseguiu o status de estado no 1990.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos elementos, sobre todo aqueles dunha bobina, dispostos de forma que se reduza a un mínimo a súa capacidade parasita.