"Aballe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 33.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria da antiga fortaleza de San Paio de Fiolledo, no concello de Salvaterra de Miño segundo probou en 1715 Manuela Xosefa Enríquez de Mendoza Doxo Tamayo e Guzmán viúva de Xoán Antonio Salgado de Avalle e Acuña, cabaleiro de Santiago e rexedor perpetuo da cidade de Ourense. Descendentes desta familia emparentaron cos Prego de Montaos, naturais de Redondela. Os de Fiolledo foron donos e señores xurisdicionais da Casa da Granxa nos arredores de Cambados, da de Salceda de Caselas e da de San Pedro da Ramallosa no Val Miñor, entre outras. Afincáronse en diversos lugares de Galicia e adoptaron os apelidos A Val, Da Val, Do Val, O Val e Ovalle. As súas armas levan, en campo de azur, un brazo nacente do flanco destro, empuñando unha espada de prata coa punta cara a arriba, flanqueado todo de tres lises de ouro, ben ordenadas, dúas no xefe e unha en punta. Outra, escudo cuarteado onde o primeiro e o cuarto levan, en campo de ouro, tres faixas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escultor tudense do século XVIII moi activo como retablista na diócese de Tui. Destaca a súa traza do retablo de San Vicente de Soutelo (Salceda de Caselas).
-
GALICIA
Mestre de cantería no Colexio do Arcebispo Xoán de San Clemente en Compostela, que sucedeu nese posto a Xácome Fernández pai. Tamén se relacionou coa construción da capela da igrexa de Muros (1617), a capela da confraría do Rosario (1621) e as obras do claustro do mosteiro de San Domingos de Bonaval (1623), rematado en 1645 por Xácome Fernández fillo. Consérvanse, tamén, varios exemplos da súa obra escultórica, entre os que sobresaen as figuras dos sepulcros da capela de San Bieito, labrados en 1622 para Gonzalo Valladares Sarmiento, señor da vila de Fefiñáns (Cambados).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico, psiquiatra e escritor. Foi catedrático de Anatomía nas universidades de Granada (1893) e Santiago de Compostela (1895). Compaxinou o seu labor docente coa dirección do Hospital San Roque e do Manicomio de Conxo. Publicou Programa de Anatomía Práctica (1883, 1896) e Anatomía Práctica (1898) e, no eido da Psiquiatría, escribiu varios traballos en De re phrenopatica (1915) e leu numerosas conferencias. En canto á literatura, cultivou poesía, novela e ensaio, alternando galego e castelán. Iniciouse en 1883 coa obra bilingüe, en prosa e verso, Mesa revuelta. Ensayos literarios. En 1891 publicou o poemario Rimas, enteiramente en galego. Varios poemas recollidos na obra recibiron premios, entre eles o titulado “Brétemas”, galardoado nos Xogos Florais de Tui (1891) e “O arco da vella”, o máis divulgado do autor, premiado nun certame literario celebrado en Vigo en 1881. En colaboración co seu fillo Xoán Barcia Eleizegui escribiu as novelas Dos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. José Antonio Bertrand foi o seu mecenas e promoveu a súa entrada no conservatorio do Gran Teatro do Liceu en 1950, onde foi discípula de Conchita Badía, Eugenia Kemmeny e Napoleone Annovazzi. A súa voz caracterízase por un magnífico timbre e gran musicalidade, acompañada dunha notable técnica que lle permitiu manter longas frases de canto legato e sobrecolledores agudos en pianísimo. O seu debut oficial foi no Teatro Principal de València (1954) coa Novena Sinfonía de Beethoven; posteriormente na Ópera de Basilea, a partir de 1957 e durante catro anos, cantou máis de corenta papeis entre os que destacaron as súas primeiras Mimi, Tosca, Aida e Salomé. Anos máis tarde debutou nos principais teatros de ópera do mundo: Ópera de Viena (1959), Scala de Milán (1960), San Carlo de Lisboa (1961), Liceu de Barcelona (1962), Teatro Colón de Bos Aires (1964), Metropolitan de Nova York (1965) e no Carnegie Hall de Nova York (1965). En Galicia debutou na Coruña en 1963 con...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que leva por armas, en campo de prata, unha torre ameada da súa cor e cachotería de sable; bordo de goles con catro flores de lis de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que leva como armas, en campo de prata, unha espada da súa cor, pingando sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade cultural vasca do s XVIII, de ideoloxía ilustrada, fundada no 1748, que deu orixe á Sociedad Económica Vascongada de Amigos del País.
-
-
Forma castelá correspondente ao apelido galego Cabaleiro.
-
Liñaxe aragonesa, espallada por toda España. As súas armas levan, en campo de goles, un cabaleiro armado de prata, xinete nun cabalo do mesmo metal, cunha espada denuda na man destra e unha rodela na sinistra. Os de Asturias traen, en campo de sinople, un castelo de prata posto sobre ondas de auga de azul e prata, sinistrados dun león rampante da súa cor, empinado aos seus muros e superado dunha estrela de ouro; bordo de azul con oito flores de lis de ouro.
-
-
GALICIA
Economista e político. Oficial da Mariña Mercante, obtivo a licenciatura en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, un Master in Arts en Economía na Universidade de Essex e o doutorado na Universidade de Cambridge. Foi profesor das universidades de Sevilla e Santiago de Compostela, onde exerceu como catedrático de Teoría Económica en 1983, e na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Militante do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi elixido deputado pola Coruña na terceira lexislatura (1982-1986), actuando como portavoz de asuntos económicos do grupo parlamentario socialista. Entre 1985 e 1988 foi ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. En 1990 foi elixido secretario de política institucional do Comité Executivo do PSOE. En 1997, cando se presentou como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, foi elixido deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento galego. Entre outras obras publicou La crisis de la economía marxista...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José María Carretero.
-
PERSOEIRO
Escritor. A súa obra reflicte unha gran preocupación polos temas sociais, á vez que se apoia nunha linguaxe moi elaborada. Publicou as novelas Dos días de setiembre (1962), Ágata ojo de gato (1974), Toda la noche oyeron pasar pájaros (Premio Ateneo de Sevilla, 1981) e En la casa del padre (1988), entre outras; e poemarios como Las adivinaciones (1952), Memorias de poco tiempo (1954), Las horas muertas (1959), Vivir para contarlo (1969), Descrédito del héroe (1977), Selección natural (1983) e Laberinto de fortuna (1984), entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Exerceu como diplomático e como director de El Tiempo (1939-1943). Cultivou a novela con títulos como El Cristo de espaldas (1952), Siervo sin tierra (1954) e Caín (1969), o conto en obras como El nuevo príncipe (1969) e El almirante niño (1972), e o ensaio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou por libre na Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, e posteriormente no taller de Pancho Cossío. En 1952 trasladouse ao Brasil onde foi axudante de Locateli na Academia Nacional de São Paulo e perfeccionou a súa pintura. Realizou exposicións en varios países sudamericanos como Brasil ou Arxentina. En 1969 participou por primeira vez na Bienal de Pontevedra coa obra Pescadores, expuxo nas seguintes convocatorias e en 1975 recibiu a medalla de bronce por Mariscando. Ten obras no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Polígrafo. En 1752 ingresou na Compañía de Xesús. En 1767 marchou a Italia a consecuencia do decreto de expulsión da orde asinado polo Rei Carlos III. En Roma publicou un catálogo de incunables hispánicos, estudios e diversas obras en defensa da colonización castelá de América.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Evolucionou dende un surrealismo inicial cara a un formalismo de filiación picassiana. Posteriormente acadou a abstracción. Foi un dos máximos expoñentes da vangarda artística da Xeración do 27.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Ademais de cursar estudios de debuxo e pintura, estudiou maxisterio e piano. Nas súas obras reproduciu as porcelanas de Sargadelos e os encaixes de Chantilly, Bruxas e Camariñas, ademais de paisaxes, bodegóns e monumentos antigos. Realizou exposicións en diversas cidades e vilas de Galicia e en Madrid. Da súa produción salienta Combarro e Divina Pastora.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor. Entre as súas publicacións destacan a novela Pobre Luisa! (1885) e os estudios Dicionario tecnológico de ciencias médicas (1886), Higiene de la mujer (1889), Consideraciones clínicas acerca de la etiología y terapéutica de la neumonía (1893), Nociones de gimnástica higiénica (1894) e Historia de una epidemia de viruela (1898), entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e micrógrafo. Ocupou en 1881 a cátedra de Física e Química do Instituto de Pontevedra onde tamén exerceu como director ao tempo que dirixía a fábrica da luz, a estación meteorolóxica e o laboratorio municipal. Realizou traballos micrográficos (microscopía e microfotografía), e mantivo unha estreita relación con Baltasar Merino e Víctor López Seoane, con quen quixo levar a cabo o primeiro estudo das diatomeas de Galicia. Colaborou cos científicos Santiago Ramón y Cajal e Odón del Buen, e coa Sociedad Española de Historia Natural, o Museo de Ciencias Naturales de Madrid, o Laboratorio Español de Oceanografía e a Junta para la Ampliación de Estudios. Impartiu cursos para a formación de especialistas nas técnicas microscópicas e de preparación de mostras. . En 1893 publicou La fotomicrografía e en 1897 Técnicas de las preparaciones microscópicas sistemáticas. En 1911 publicáronse dez láminas con 171 especies de diatomeas fósiles de Morón no libro La diatomología...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor teatral. Pertenceu á chamada Xeración dos 80 do teatro español. Titulado pola Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, na que exerceu como profesor. Autor das pezas como Y todo por nada (1986), Querido Ramón (1992) ou Squasch (1988), esta última representada pola Compañía de María en 1995, en versión de Xepe Casanova, con dirección de Quico Cadaval.
VER O DETALLE DO TERMO