"Aden" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 144.
-
-
Relativo ou pertencente á abadía, ao abade, á abadesa ou a quen administre as rendas dunha abadía.
-
Territorio propiedade dunha abadía ou suxeito á xurisdición dun abade ou dunha abadesa.
-
Período durante o cal un abade ou unha abadesa exerce o seu goberno.
-
-
CIDADES
Cidade da República do Iemen, que conforma unha das súas provincias (6.980 km2 ; 562.162 h [1994]). A área urbana esténdese pola península de Adén, dominada por dous outeiros volcánicos (Gabal Samsan e Gabal Hasan) entre os que está o porto. A súa importancia provén de ser o principal porto e estación de tráfico de petróleo na entrada do Mar Vermello. Ata 1990 foi a capital da República Democrática Popular do Iemen.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prefixo de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘glándula’.
-
PERSOEIRO
Político somalí. Foi funcionario da administración fascista italiana (1929-1941), presidente da independentista Liga dei Giovani Somali nos períodos 1954-1956 e 1958-1959. Presidiu a asemblea lexislativa da administración colonial (1956-1960). Malia desenvolver cargos na administración colonial, foi Presidente do novo estado independente e unificado de Somalia desde 1960 a 1967.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga colonia británica, creada no 1937, que comprendía a cidade de Adén, o territorio denominado Pequeno Adén, dúas penínsulas arredor da cidade e as illas de Perim, Kamiram e Kuria Muria. Acadou a autonomía no ano 1955 e en 1963 entrou a formar parte da Federación de Arabia do Sur. Esta colonia, xunto co protectorado de Adén, independizouse no ano 1967 co nome de República Popular do Iemen do Sur.
-
GOLFOS
Golfo do mar Arábigo, no Océano Índico, que separa o S de Arabia da costa de Somalia. A súa importancia comercial na ruta de Europa a Asia incrementouse ao ser aberta a canle de Suez.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigos estados árabes vencellados dende 1882 a Gran Bretaña por tratados de protección que no ano 1937 se constituíron nun único protectorado. Estaba dividido nun protectorado oriental, que comprendía a rexión de Hadramawt cos estados de Saiwun, Sihr e Al-Mukalla, os sultanatos de Qisn, Suqutra, de Bar Haf, Bir Ali e os territorios de Irqah e de Al-Haura; e nun protectorado occidental, con oito sultanatos, dous emiratos e sete territorios. Algúns estados do protectorado occidental crearon no 1960 a Federación de Adén. En 1963, esta federación e a colonia de Adén formaron a Federación de Arabia do Sur, á que se sumaron outros estados, dos que algún pertencía ao protectorado oriental. Co resto do territorio, os británicos formaron un novo protectorado de Adén que, finalmente, pasou a formar parte da Federación de Arabia do Sur en 1967 para crear a nova República Popular do Iemen do Sur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira fase da tradición cultural dos bosques orientais de Norteamérica (Woodland), datada entre 1000 e 100 a C no val do Ohio. Sucede ao período Arcaico logo dunha transición marcada pola aparición da agricultura (cabaza e xirasol). A súa característica máis salientable é a construción de grandes túmulos de terra, en ocasións funerarios, que posiblemente funcionaron como marcadores territoriais de grupos de parentesco. A súa organización social, que artellaba extensas redes xeográficas como demostra o intercambio de obxectos de prestixio, remanecía moi igualitaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sigla da Asociación para la Defensa de la Naturaleza, organización conservacionista española fundada no 1968.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor nunha glándula ou nun ganglio.
-
PERSOEIRO
Estadista alemán. Estudiou Leis e Economía. Importante home de negocios, foi burgomestre de Colonia (1917-1933). Durante a República de Weimar, foi representante do Centro, partido católico, na Dieta Provincial Renana e no Consello de Estado prusiano, do que foi Presidente (1920-1923). Destituído polos nazis e exiliado a Rhöndorf (1933-1935), no 1944 foi enviado a un campo de concentración. Os norteamericanos restituírono como burgomestre de Colonia (1945), sendo logo destituído polos británicos. Cofundou a Unión Demócrata Cristiá (CDU) que presidiu ate 1966, e dirixiu o Consello Parlamentario Constituínte creado polos aliados (1948). Nos anos 1949, 1953, 1957 e 1961 foi elixido chanceler; período no cal tamén tivo exercido como Ministro de Asuntos Exteriores (1951-1955). Foi substituído na Chancelería por Erhard (1963). Partidario do retorno ao liberalismo económico e da adhesión ao bloque occidental, conseguiu axuda económica a través do plan Marshall. Acadou a adhesión da República Federal...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación creada en 1990 como asociación xuvenil para a defensa do medio ambiente e promoción do asociacionismo xuvenil no concello de Ponteareas. Estivo presidida por Roberto Mera (1990-1997) e Xosé Barcía Iglesias (1997). Nos primeiros tempos organizaron campañas de ámbito local a prol da reciclaxe, da supresión de vertedoiros de lixo ilegais e da queima de residuos e vertidos ao río Tea, actuando como grupo comarcal. Tamén promoveron campañas como a defensa do saneamento do río Tea, para a que convocaron unha manifestación en 1994, e lideraron a oposición en contra do Salto do Sela organizando un encontro galego-luso de grupos ecoloxistas que habería dar lugar á plataforma luso-galega, na cal se integrou. Desde 1994 forma parte da Federación Ecoloxista Galega e coordina as campañas do movemento ecoloxista nesta terra. Publica trimestralmente un boletín e, anualmente, a revista O Cogumelo sobre temas ambientais.
-
-
Extirpación cirúrxica dunha glándula.
-
adenoidectomía.
-
-
PERSOEIRO
Xograr protexido por Henrique III de Brabante, por Guy de Dampièrre e pola corte de Francia. Foi un hábil versificador que renovou a epopeia francesa cos poemas Les Enfances Ogier, Berthe aux grands pieds e Beuves de Commarchis e a novela fantástica en verso Cléomadès.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas da familia das pasifloráceas, que comprende medio centenar de especies de arbustos e lianas de África e Asia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que cataliza a formación de AMP cíclico a partir do ATP, que é o seu substrato específico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dos tres nucleótidos isómeros, ésteres monofosfóricos da adenosina, que se identificaron nos tecidos dos seres vivos e que só difiren pola posición do hidroxilo da ribosa que se encontra esterificado. O ácido 2’-adenílico e o ácido 3’-adenílico forman a mestura coñecida polo nome de ácido adenílico do lévedo. O ácido 5’-adenílico é coñecido como ácido adenílico do músculo e encóntrase nos tecidos animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base purínica constituínte da adenosina e, por tanto, de numerosas substancias de grande importancia bioquímica.
-
-
Inflamación aguda ou crónica dos ganglios linfáticos.
-
Adenite que pode estar causada por unha infección directa dos ganglios linfáticos, se ben é certo que en xeral é producida por unha reacción inflamatoria dos ganglios correspondentes a unha rexión corpórea onde hai unha lesión infectada.
-
Adenite frecuente nos nenos, en forma de pequenos ganglios móbiles, no pescozo.
-
Adenite crónica de evolución tórpida causada polo bacilo de Koch.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor maligno do epitelio glandular ou dos seus condutos excretores. Pode afectar a calquera órgano, sobre todo ao estómago do home e á mama da muller.