"Afro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 42.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Basaldella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de África. O prefixo afro- emprégase en palabras como afroasiático, afrocubano, Afropithecus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á flora que, nas montañas africanas, ocupa as zonas xeobotanicamente equivalentes aos pisos alpino e subalpino europeos.
-
-
Relativo ou pertencente aos negros africanos transportados como escravos a América, dende o s XVI ata o XIX, ou aos seus descendentes. Sobre todo, referido ás formas culturais propias desenvolvidas por eles no continente americano, principalmente nos territorios de Minas Gerais, a costa e unha parte do NL brasileiro, as costas da Güiana, Venezuela, Colombia, Panamá, Nicaragua e Honduras, a totalidade das Antillas e o S dos EE UU.
-
Conxunto de sistemas relixiosos organizados polos grupos afroamericanos. Ademais dos afrobrasileiros e afrocubanos, seguramente o que máis sona ten é o vudú haitiano. Malia as diferencias de ambiente histórico e cultural das diversas zonas, hai trazos comúns que confirman a existencia dunha cultura básica común procedente da África occidental, podéndose mencionar os seguintes trazos: ritos de posesión, comunicación coas deidades a través de médiums, contacto directo co mundo sobrenatural, o Ser Supremo como deus ocioso, as deidades como vieiros cara a Deus, e unha característica estrutura monoteísta que abrangue un sistema politeísta.
-
Culturas desenvolvidas en América pola poboación negra de orixe africana. Os factores do seu desenvolvemento dependen de varias causas: a duración dos contactos culturais, o número de escravos pertencentes á mesma rexión de África, a dispersión ou concentración poboacional, a posibilidade de intercambio cultural con África despois da emancipación, o grao de civilización da cultura básica africana, a conversión ao catolicismo ou ao protestantismo, a duración da escravitude, a miscexenación (cruzamento de sangues), o sincretismo e a aculturación.
-
Música creada en América pola poboación negra de orixe africana. Ao S dos EE UU os negros forxaron unha arte musical popular, de carácter relixioso (jubilee, gospel) e con fondas raizames africanas, ao carón doutra de carácter profano (Blues, cantos de traballo, etc). Esta arte folclórica constitúe o alicerce do jazz.
-
-
-
Relativo ou pertencente conxuntamente a África e a Asia.
-
Dise da familia de linguas africanas, segundo a clasificación de J. H. Greenberg, asimilable con algunhas modificacións á camito-semítica. A familia afroasiática subdivídese nas pólas seguintes: semítico, exipcio, bérber, cuixítico, omótico e chadiano.
-
Conxunto de países de Asia e de África, unidos por lazos de solidariedade e pola súa común actitude fronte ás antigas metrópoles no proceso de descolonización destes dous continentes. O bloque comezou a configurarse na Conferencia de Nova Delhi (1949), se ben nese momento era maioritariamente árabe-asiático. As liñas principais da súa política establecéronse na Conferencia de Bandung (1955). Na Conferencia do Cairo (1957-1958), á que non asistiron algúns estados que acusaban a conferencia de procomunista, instituíuse unha organización permanente, a Organización de Solidariedade cos Pobos Afroasiáticos (OSPA). Malia que a OSPA non se disolveu, nunca conseguiu reunir o conxunto de estados africanos e asiáticos debido aos múltiples motivos internos e externos de disgregación.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos brasileiros de orixe africana ou aos seus descendentes e, sobre todo, ás formas culturais desenvolvidas por eles.
-
Conxunto de sistemas relixiosos organizados polos grupos afroamericanos propios do Brasil. Cómpre salientar entre outros os seguintes sistemas: banto, batuque, candomblé e macumba.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cubanos de orixe africana, transportados como escravos a Cuba dende principios do s XVI ata finais do XIX.
-
Conxunto de sistemas relixiosos organizados por grupos cubanos de orixe africana. Os cultos afrocubanos coñécense baixo a denominación de santería.
-
Música popular propia de Cuba e dalgúns países do Caribe. A achega africana é moi forte en bailes como o bembé, a caringa ou a conga, nos instrumentos de percusión e no típico ritmo cubano, o cinquillo, que se segue tamén en Porto Rico, Haití e a República Dominicana. Moitas danzas cubanas de orixe hispánica, como o son, o bolero e outras, acusan unha forte influencia africana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esaxeración morbosa do apetito sexual.
-
CIDADES
Cidade de Frixia, ao S do río Meandre, no emprazamento da actual Geyve, Turquía. Posúe un famoso templo dedicado a Afrodita.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dise dos factores de excitación sexual.
-
Substancia ou medicamento que excita o apetito sexual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa grega da beleza, do amor e da fecundidade. De orixe oriental, pode estar relacionada coa Astarte fenicia e a Istar asiria. Segundo a tradición da Iliada, era filla de Zeus e de Dione; segundo a de Hesíodo, naceu da escuma mariña. Foi esposa de Hefaístos. Da súa unión con Ares naceron Eros e Anteros, e da súa relación con Hermes xurdiu Hermafrodita. Eneas era fillo de Afrodita e do troiano Anquises. O mito dos seus amores con Adonis é de orixe oriental. Foi venerada en moitos santuarios gregos. A divindade itálica de Venus foi asimilada a Afrodita, que no ámbito da mitoloxía xermánica, corresponde a Frigg. Na arte oriental máis antiga aparece vestida, e a partir do s IV a C a escultura grega preséntaa núa ou a medio vestir. As máis famosas son a Afrodita de Cnidos, de Praxíteles, e a Afrodita de Melos, tamén chamada Venus de Milo (s II a C). Na arte helenística aparece a miúdo representada saíndo da auga. Na Idade Media aparece vestida en...
-
-
Individuo que pertence a familia dos afrodítidos.
-
Familia de poliquetos de vida libre co dorso cuberto por pequenas escamas.
-
-
-
Que está cargado de froitas.
-
Dise dos viños que desprenden aromas de froitas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manómetro de aire comprimido usado para medir a presión dos gases nas botellas de viños escumosos.
-
-
Palabra ou acto co que se ofende a alguén.
-
Ofensa grave cometida directa e publicamente.
-
-
-
de afrontar.
-
Aplícase á persoa que foi aldraxada ou agraviada.
-
Que asume todos os riscos propios dunha situación difícil.
-
Colocado fronte a algo. Aplícase habitualmente ás decoracións con temas animalísticos que presentan esta disposición.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen afronta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de afrontar.
-
-
Encarar un perigo ou calquera acción arriscada para intentar solucionala.
-
Facer fronte a alguén, dirixirse cara el con intencións hostís.
-
Causar algo ou alguén unha afronta a unha persoa.
-
Respirar mal ou con dificultade como consecuencia do cansazo, o esforzo, a calor, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa ou envolve afronta.