"Alonso" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 177.

  • PERSOEIRO

    Terceiro conde de Monterrei, señor dos estados de Biedma e Ulloa, da casa de Ribeira e dos demais morgados de Acevedo Fonseca. Fillo de Diego de Acevedo Fonseca e Ulloa e de Francisca de Zúñiga e Ulloa, única filla de Sancho Sánchez de Ulloa, primeiro conde de Monterrei. Casou con María Pimentel, filla do quinto conde de Benavente. Foi Pertigueiro Maior de Santiago de Compostela, Adiantado Maior de Cazorla e Xeneral da Cabalería de Milán. Formou parte da Corte de Carlos I en Valladolid. Participou na defensa de Perpiñán e na loita contra Solimán en Viena e Bohemia. Fundou en Monterrei un colexio da Compañía de Xesús que se converteu no centro de ensino máis importante do momento. Recibiu en herdanza do seu avó materno, o señorío e o castelo de Monterrei (Verín) e, por parte do avó paterno, o Arcebispo compostelán Alonso de Fonseca Acevedo, terras en Zamora e Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. É autor do poema sacro La creación del mundo (1615), un dos principais temas do barroco relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, durante corenta anos exerceu humildemente o oficio de porteiro do seu convento mallorquino. A lenda atribúelle que recibiu unha zorrichada de sangue do seu propio corazón, apertado por Cristo e a Virxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Membro fundador do grupo teatral A Farándula. Desenvolveu a súa carreira profesional no eido do deseño escenográfico e do figurinismo, colaborando con moi diversos grupos entre os que destacan Tranvía Teatro, Teatro do Malbarate, Teatro do Adro, A Factoría, Máscara Producións ou Uvegá Teatro. Entre os seus traballos, que salientan polo sintetismo e o uso imaxinativo dos recursos, cómpre subliñar Nau de Amores (1995), realización do Centro Dramático Galego, ou Amor de Don Perlimplín con Belisa no xardín (1998), produción de Teatro do Atlántico. Nesta última compañía traballa tamén como actor no espectáculo Xoana (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Historia Económica na Universidade da Coruña e investigador no Institute of Latin American Historical Research da Universidade de Londres. Ten investigado sobre a historia de Galicia, a industrialización e consumo do tabaco e a economía das Antillas e Filipinas baixo o Imperio Español. Entre as súas obras destacan Industrialización y conflitos sociales en la Galicia del Antigo Régimen, 1750-1830 (1976), Comercio colonial y crisis del Antigo Régimen en Galicia, 1778-1818 (1986), Os intercambios entre Galicia e América Latina. Economía e Historia (1993), La modernización de la industria del tabaco en España, 1800-1935 (1993) e As tecedeiras do fume. Historia da fábrica de tabacos da Coruña (1998). Colaborou en diversos medios como a revista do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses ou Grial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Foi inspector técnico-fiscal do Estado en Vigo. Tamén foi presidente do Real Club Naútico de Vigo, vicepresidente do Cine-Club Vigo e delegado do Estado na Zona Franca. Obtivo a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo o 27 de marzo do 1987. Publicou as novelas Iris y el viento (1954) e La boca tapada con agua (1956). Ademais destas dúas obras coas que chegaría a finalista do premio Fastenrath da Real Academia Española na súa edición do 1958, escribiu moitos traballos e deu numerosas conferencias sobre temas literarios, cinematográficos e fiscais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e metalúrxico. Viviu nas Indias e foi párroco de varios lugares do Perú; alí realizou investigacións sobre o beneficio dos minerais, e, sobre todo, o estudo do amalgamamento en quente, denominado de cazo. O seu escrito Arte de los metales (Madrid, 1640), traducido ao francés, inglés e alemán, codifica e sistematiza os seus coñecementos sobre as propiedades benéficas do ouro e da prata e importantes avances sobre a descomposición dos sulfuros de prata mediante o mercurio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Doutor en Ciencias da Información. Foi subdelegado de La Voz de Galicia en Santiago, presidente da Asociación de la Prensa de Santiago, fundador da Federación de Asociaciones de la Prensa de Galicia, director de Diario 16 de Galicia e do semanario Metrópolis. Dirixiu as revistas Xóvenes Agricultores e Territorios. Escribiu Libertade de comunicación, comunicación en libertade e é o responsable da Biblioteca de Autores Galegos editada polo Consello da Cultura Galega. Dende 2009 é xefe de prensa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e sacerdote. Principiou os seus estudios eclesiásticos no Seminario de Lugo e logo ingresou na Compañía de Xesús. Impartiu clases de Química, Historia Natural e Matemáticas na Habana. Foi un gran defensor do labor civilizador e relixioso de España en América. Publicou, entre outros libros: Introdución al estudo de la Historia Natural. Biología (1921), Nociones de Geometría (1923) e Fisiología Humana (póstumo, 1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Desenvolveu a súa actividade como retablista na diócese de Tui e realizou as trazas do retablo maior de Santo Adrián de Meder (Salvaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de arquitectura e escultura. No ano 1720 contratou dous retablos para os altares laterais da igrexa de San Mamede de Zamáns (Vigo) así como outros dous para os muros da nave do templo. Realizou o retablo relicario da capela de San Telmo da Catedral de Tui (1735).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro galego que xunto con Diego de Lemos e Pedro Osorio dirixiu a campaña dos irmandiños durante a Segunda Guerra Irmandiña. Segundo Amor Meilán na súa obra Biografías gallegas, pertencía á familia dos Lanzós de Vilalba. Semella que Alonso de Lanzós tiña xurada a destrución da Casa de Andrade; Vasco de Aponte mantén que recibía, como outros cabaleiros do tempo, soldo dela. Segundo Martínez Sueiro, o mesmo Rei Enrique IV deulle azos ao principio da loita irmandiña, cando o movemento recibía apoio rexio. Loitou dende Lugo ata Ferrol e Pontedeume, sobre todo nos estados dos Andrade, tomando a capital, Pontedeume, onde conseguiu alistar moitos dos vasalos de Andrade nas súas hostes. Sorprendido pola chegada dos exércitos señoriais, encabezados por Fernán Pérez de Andrade e Gómez Pérez das Mariñas, fortificouse no Castro de Gundián e enviou emisarios a Diego de Lemos contando co seu auxilio para resistir. Cando á mañá seguinte os sitiadores se dispoñían novamente a asaltar o castro,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e dramaturgo, ligado a grupos independentes da escena madrileña como Tábano ou Teatro Español Independente. En Galicia realizáronse diversos espectáculos a partir do seus textos, entre os que cómpre salientar Viva o duque, noso amo, estreado por Mua en 1984 con dirección de Xosé Manuel Pazos Varela ou Guillados, estreado en 1999 por Máscara Producións con dirección de Xerome Calero e Antón Casal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e investigador. Catedrático de Prehistoria e Etnoloxía da Facultade de Filosofía e Letras, logo da de Xeografía e Historia, da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais dos seus estudios sobre prehistoria e protohistoria, investigou unha ampla diversidade de temas, acadando sona de erudito en moitas disciplinas, dende a historia das relixións ata a etnoloxía. Froito destas investigacións son os seus escritos Realidad y leyenda de las amazonas (1967) ou Esperando a los bárbaros (1972). Unha constante na súa obra foi o intento de comprensión da prehistoria dende unha perspectiva sociolóxica, situándose na tradición que Gordon Childe e Leroi-Gourhan principiaran. As súas obras máis influentes foron Sociología Prehistórica y Protohistórica (1961) e Nueva Sociología de la Prehistoria (1976). Realizou diversos traballos sobre a cultura galega e de investigación arqueolóxica en diversos lugares de Galicia, dirixindo as escavacións do castro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Participou nas trazas do retablo da capela maior da igrexa de San Bertomeu do Couto de Rouzas (A Cañiza).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador. Cursou estudios de pintura na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. En 1980 inicia o seu traballo como ilustrador de xeito regular co libro Tom Sawyer detective, de Mark Twain e dende 1996 dedícase exclusivamente á ilustración. Colaborador en editoriais nacionais e estranxeiras no eido da literatura infantil (Alfaguara, Anaya, Juventud, Mary Glasgow, etc), destaca a súa achega como portadista de coleccións de literatura para adultos de autores recoñecidos (Benedetti, Cortázar, Savater, entre outros). Como debuxante colaborou en xornais e revistas ( Cuadernos Hispano Americanos, Leer, El Globo, Cuadernos para el diálogo). Dende 1987 é colaborador habitual do diario El País. Participou en numerosas exposicións (Exposición de Ilustradores Infantís de Boloña, Apim, Feira Internacional da Ilustración de Bratislava). Acadou o I Premio Austral Infantil (1985) e o I Premio Internacional da Fundación Santa María (1994)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto de Fórmula 1. Comezou pilotando karts aos tres anos, e ese mesmo ano gañou a súa primeira carreira. Aos oito anos (1988) acadou o trunfo na súa primeira competición oficial, o Campionato infantil de karts de Asturias, que volveu gañar ao ano seguinte, xunto co de Galicia. En 1991 gaña os de Asturias e País Vasco en categoría cadetes, e en 1993, 1994 e 1996 o de España categoría junior. No 1998 gaña o campionato de España, o París-Bercy, o campionato Industria de Italia e o Open Ford. En 1999 entra na Fórmula Nissan, no que gaña o campionato Euro Open Movistar. Daí pasou á Fórmula 3000, chegando a quedar cuarto na clasificación xeral dese ano. No 2001 debutou na Fórmula 1 coa escudería Renault, aínda que cedido a Minardi. No 2002 volveu a Renault, e no 2003 acadou a primeira victoria no Gran Premio de Malasia, á que se unen ese mesmo ano o de Hungría e o de Italia. No 2005, tras o GP de Brasil, acada o título de Campión mundial de Fórmula 1. Ese mesmo ano recibe o Premio Príncipe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e profesor. Prolífico estudoso da cultura e lingua galega. Realizou estudos eclesiásticos no mosteiro de Oseira, que abandonou en 1960 ao ser expulsado xunto a outros compañeiros acusados de galeguismo e de querer fundar unha congregación independente. Como consecuencia, saíu de Galicia e viaxou por Francia, Alemaña e residiu en Navarra, Madrid e Lisboa. A finais de 1984 volve definitivamente a Galicia.
    Licenciado en Filosofía pola Universidade de Comillas (1973), Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid (1975), Filoloxía Románica (1978), obtivo o grao de Diplomado en Cultura e Lingua Portuguesa pola Universidade de Lisboa (1976). Traballou na Universidade de Vigo (1990-1994) como profesor de Didáctica da Lingua e Literatura Galega. No 1998 presentou e súa tese de doutoramento A fala dos Concelhos de Trasmirás e Qualedro.
    Exerceu como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e mestre canteiro. Realizou a fachada da capela da Misericordia de Tui (1575). En 1594 contratou, xunto ao tudense Gregorio Fernández, o apeo da igrexa do mosteiro de San Salvador de Barrantes (Tomiño). Co sepulcro do Bispo Diego de Torquemada (1598) e co monumento funerario do chantre Lope García Sarmiento (1610), ambos os dous na catedral de Tui, incorporou a tradición da escultura funeraria renacentista na diócese tudense. Como mestre de obras realizou a sancristía e os corredores do Pazo episcopal no conxunto da catedral tudense.

    VER O DETALLE DO TERMO