"BD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 171.
-
-
Relativo ou pertencente á ababdas ou aos seus integrantes.
-
Individuo do grupo ababda.
-
Grupo cuxítico bexa, actualmente establecido no SL de Exipto e constituído por unhas 22.000 persoas.
-
-
PERSOEIRO
Ḥ ā ǧ ib (chanceleiro e responsable das finanzas) de ‘Abd al-Rahmān II de Córdoba. Obedecendo as súas ordes arrasa Barcelona e Girona pola volta do ano 850.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe militar musulmán a quen Almanzor lle deixou o mando das tropas adiantadas na súa razzia no territorio de Galicia. Protagonizou a lenda do músico do castelo de Vilasobroso, a quen mandou executar e esnaquizar; a pesar do cal as mans do músico persistiron en tocar a zanfona, que fora o que alporizara ao mouro por consideralo pouco respectuoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emir de Alxeria. Foi nomeado Emir logo da conquista francesa de Alxer (1830). Estableceu a capital en Mascara e emprendeu a yihad contra Francia (1832-1847), o que o levou a refuxiarse en Marrocos (1843). Dende aquí, intentou un novo ataque, pero foi derrotado na Batalla de Isly (1844). En 1847, entregouse ás autoridades francesas e permaneceu encarcerado en Francia ata o 1852.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
‘Abd al-Karim .
-
PERSOEIRO
Sociólogo exipcio. Os seus traballos, caracterizados por unha metodoloxía marxista, tratan sobre os modos de relación entre superestruturas e infraestruturas, o imperialismo e a cuestión nacional. É autor de Egypte, société militaire (Exipto, sociedade militar, 1962) e Idéologie et renaisance nationale: l’Egypte moderne (Ideoloxía e renacemento nacional: o Exipto moderno, 1969). Empregou o concepto de especifidade, na súa obra Dialectique social (Dialéctica social, 1972), para analizar as diferenzas entre as sociedades nun mundo marcado por un proceso crecente de mundialización.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tribo afgá de Kandahar. Dende 1747 a denominación de abdalita foi substituída pola de durranita.
-
-
Relativo ou pertencente aos abdalwaditas.
-
Membro da familia dos Banū´Abd al-Wād (ou Banū Zayyān), dinastía bérber fundada despois da disolución do poder almohade por Abū Yahyà Yagmurāsan ibn Zayyān, que comezou a gobernar no 1236 establecendo a súa capital en Tlemcen, territorio da actual Alxeria. Os turcos remataron co seu dominio contra o ano 1550.
-
-
CIDADES
Cidade da antiga Grecia, na costa de Tracia, preto da actual Adira, a 63 km de Kavala. O seu xacemento arqueolóxico comezouse a escavar de xeito sistemático en 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colonia fenicia da costa oriental andaluza, posteriormente cidade romana. Localízase no depósito arqueolóxico non escavado do cerro de Montecristo, preto de Adra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Con este termo designouse a vertente atomista dalgúns filósofos presocráticos como Leucipo (450 a C) ou Demócrito (o Abderita, 460-370 a C). Semella que tivo unha estreita relación coa escola eleata, cando menos se temos en conta que Leucipo, natural de Mileto, foi discípulo de Parménides de Elea (540-539 a C). Neste sentido, na actualidade admítese unha forte analoxía entre o concepto de átomo dos atomistas e a esfera de Parménides.
-
PERSOEIRO
Químico e fisiólogo suízo. Estudiou a estrutura das proteínas e os mecanismos da fermentación alcohólica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abd al-Ra ḥ mān de Córdoba.
-
PERSOEIRO
Un dos doce profetas menores de Israel. Atribúeselle a autoría do chamado Libro de Abdías, o máis curto do Antigo Testamento (21 versículos), dirixido contra os edomitas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de abdicar.
-
-
Abandono ou renuncia voluntaria dun cargo, dunha dignidade, dun privilexio ou dalgún outro dereito.
-
Renuncia voluntaria dun monarca en favor de quen o segue na liña sucesoria.
-
-
Renuncia da condición de home libre para pasar á condición de escravo ( capitis deminutio maxima ) ou do dereito de cidadanía ( capitis deminutio media).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou o que abdica.
-
-
-
Renunciar voluntariamente a algunha cousa que se posúe.
-
Renunciar voluntariamente a un cargo, especialmente un monarca en favor de quen o segue na liña sucesoria.
-
-
Abandonar definitivamente as ideas ou opinións que se defendían.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa ou implica abdicación.
-
-
Parte do corpo posterior ao tórax ou cefalotórax que teñen algúns animais de simetría bilateral. En xeral contén o aparato reprodutor, o excretor e unha gran parte do dixestivo. Nos insectos e nos arácnidos diferénciase claramente do tórax ou cefalotórax; está desprovisto de patas e nel ábrense os orificios respiratorios. Nos mamíferos está situado entre a pelve e o tórax, e sepárase deste polo diafragma.
-
Parte do corpo humano comprendida entre o tórax e a pelve que, xunto co primeiro, forma o tronco. Limita co tórax por medio do diafragma e co resto polos músculos abdominais, os ósos ilíacos e a columna vertebral. Atópase tapizado interiormente polo peritoneo. Para a descrición médica de patoloxías ou disposición de órganos, foron definidas nove rexións: no terzo superior, hipocondrio esquerdo, epigastrio e hipocondrio dereito; no terzo medio, zona lumbar esquerda, mesogastrio ou zona imbilicar e zona lumbar dereita; no tercio inferior, zona inguinal ou ilíaca esquerda, hipogastrio e zona inguinal ou ilíaca dereita. No centro da cara externa da parede anterior do abdome atópase o embigo.
-
Estado morboso de orixe abdominal de extrema gravidade. Ademais de dor abdominal, e en función da causa que produce o cadro, maniféstanse unha serie de síntomas concomitantes, como febre, angustia, náuseas, vómitos, hipotensión arterial e, incluso, shock, taquicardia ou bradicardia, dispnea, peche abdominal, manchas na pel, distención abdominal e outros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao abdome.