"Baiona" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • PARROQUIA

    Parroquia do núcleo urbano que dá nome ao concello de Baiona, baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baiona baixo a advocación de santa María. Debido á súa localización exterior ao recinto urbano primixenio, recibe o nome de Santa María de Fóra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Vigo situado na provincia de Pontevedra, ao S da Comunidade Autónoma de Galicia (latitude 42° 07’ N, lonxitude 8° 51’ 10’’ O). Acoutado polo Océano Atlántico ao N e polos ríos Miñor e Groba no L, limita ao N co concello de Nigrán; ao S co de Oia (Baixo Miño), polo L cos de Tomiño (Baixo Miño) e Gondomar, e co de Oia ao O. Abrangue unha superficie de 34,5 km 2 e cunha poboación de 11.839 h (2007), distribuída nas parroquias de Baíña, Baiona (Santa María e Santa María de Fóra), Baredo, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa .A capital municipal é Baiona, situada a 114 km de Santiago de Compostela e a 21 km de Vigo. Está adscrito ao partido xudicial de Vigo e á diócese de Tui-Vigo.
    Xeografía física
    O termo municipal de Baiona atópase baixo o dominio climático oceánico húmido con tendencia á aridez estival, caracterizado por unhas elevadas precipitacións (uns 1.700 mm anuais), concentradas especialmente no outono-inverno, e unhas temperaturas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do País Vasco francés situada na confluencia dos ríos Ador e Niva (40.051h [1990]). A manufactura de armas de Baiona coñécese desde hai séculos; destaca tamén a industria mecánica. Antiga fortaleza romana denominada Lapurdum, durante a Idade Media pertenceu ao Ducado de Aquitania e, xunto con este, pasou cara ao 1154 ao poder de Inglaterra ata a ocupación francesa (1451). Na cidade asináronse diversos tratados, entre os que sobresae o Tratado de Baiona entre Luís XI de Francia e Xoán II de Aragón, e no ano seguinte, a entrevista entre Enrique IV de Castela e Luís XI de Francia, coñecida como a Sentencia Arbitral de Baiona. No ano 1808 Napoleón Bonaparte convocou en Baiona a familia real española co gallo de obter as sucesivas abdicacións de Carlos IV en favor do seu fillo Fernando VII e a deste en favor do gobernante francés. En 1808 axuntouse alí unha asemblea de notables á que se lle deu carácter de Cortes de Castela, que aprobou o Estatuto Real de Baiona. Entre os seus monumentos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que probablemente ten a súa orixe no topónimo pontevedrés do mesmo nome, aínda que non se pode descartar a posibilidade de que nalgúns casos remita aos seus homónimos portugueses e francés. A etimoloxía do topónimo é escura; podería remitir ao vasco ibai-ona ‘río bo’ ou estar relacionado con topónimos como Baión (Vilanova de Arousa), El Bayón (Huelva), Bayones (río de Cantabria), La Bayona (Toledo) ou Bayones (Asturias), que semellan proceder da base celta latinizada bedus (formado coa raíz bed-/bod-/bud- ‘regato’). Documéntase no s XIII: “Joan Faveyro de Bayona” (doc ano 1266 en E. Portela Silva “La región del obispado de Tui en los siglos XII-XV, Compostellanum 20, P 362).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título da cidade de Baiona (Val Miñor) en alusión ao seu caracter de señorío de reguengo na Idade Media e no Antigo Réxime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesións de todos os dereitos ao trono de España e Indias realizadas polos monarcas Carlos IV e Fernando VII, o 2 e o 6 de maio de 1808, respectivamente, en favor do Emperador Napoleón I Bonaparte. Carlos IV fixera unha primeira abdicación no seu fillo tralo Motín de Aranjuez, o 19 de marzo de 1808, declarando nula a súa renuncia o día 21. Napoleón obriga a Fernando VII a devolver a coroa ao seu pai, que á súa vez, tralos sucesos do 2 de maio madrileño, cede todos os dereitos ao Rei de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea de Notables reunida en Baiona (Francia), promovida por Napoleón Bonaparte e convocada polo mariscal francés Murat e a Xunta de Goberno logo das sucesivas abdicacións dos monarcas españois Carlos IV e Fernando VII. Á xuntanza déuselle carácter de Cortes coa finalidade de aprobar o Estatuto Real, primeira Constitución moderna de España. Convocada sobre xuño-xullo do 1808, en ningún momento pasou de 91 membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe o espazo litoral comprendido entre Monteferro (Panxón, Nigrán) e Monterreal (Baiona).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado polo monarca Afonso XII mediante Real Decreto do 4 de agosto de 1875 a Manuel Misa y Bertemati, nado na vila de Baiona no ano 1816. Manuel Misa, senador do Reino, deputado a Cortes por Jerez de la Frontera e condecorado coas grandes cruces de Carlos III e de Isabel a Católica, foi tamén nomeado marqués de Misa e grande de España. As súas armas son as mesmas ca as dos Misa; isto é, escudo cuarteado: o primeiro cuartel leva, en campo de goles, unha faixa de azul, perfilada de ouro; o segundo cuartel ostenta, en campo de prata, un león rampante de goles; o terceiro cuartel trae, en campo de ouro, un león rampante de goles; e, finalmente, a cuarta partición amosa, en campo de azul, unha faixa de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Constitución de Baiona

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido polo monarca Filipe IV a Xerome Pimentel o 5 de marzo de 1625. Na actualidade está vacante. As súas armas son as mesmas ca as dos Pimentel; isto é, escudo cuarteado: o primeiro e o cuarto cuarteis levan, en campo de ouro, tres faixas de goles; e o segundo e o terceiro cuarteis traen, en campo de sinople, cinco veneras de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instalación portuaria situada no litoral da cidade de Baiona, sede de capitanía marítima. Acolle unha flota pesqueira dedicada á pesca de baixura, e posúe ademais peiraos para a ancoraxe de embarcacións deportivas, capítulo no que é un dos principais portos de Galicia. A súa oferta comercial abrangue todos os servicios de abastecemento (combustibles, efectos navais, etc) e reparacións para buques de pequeno calado e de recreo. A administración do porto de Baiona correspóndelle á Xunta de Galicia a través da sociedade Portos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preceptoría de Gramática outorgada polo Rei Filipe II o 14 de setembro de 1591. Nun principio o concello de Baiona defendeu que a preceptoría debía unirse ao convento franciscano da vila, cun soldo de 20.000 marabedís, pero finalmente decidiu confiar o ensino a profesores da súa designación. No ano 1595 a cátedra apareceu vinculada ao convento franciscano. A duración da preceptoría na vila foi curta, pero o ensino quedou garantido, xa que o convento de San Francisco contaba cunha escola e unha cátedra de artes. No s XVIII constatábase no convento a existencia dunha escola de Gramática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe o espazo litoral na desembocadura do río Miñor a partir da Ramallosa (baía de Baiona).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica de transición ao Gótico do último terzo do s XIII. Existiu un templo no s XII que dependía do mosteiro de Santa María de Oia. Diego de Muros concedeulle o rango de Colexiata en 1482, na actualidade é igrexa parroquial. O edificio reflicte a infuencia das propostas arquitectónicas cistercienses cunha planta basilical de tres naves, con cuberta de madeira, que se corresponden con tres ábsidas abovedadas con canón apuntado. Destaca a súa austeridade, manifestada tanto no interior como nos muros do exterior. A portada principal resólvese con arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas acobadadas e cun rosetón. Aparece flanqueada por dúas torres inconclusas. No muro S atópase unha capela cuberta con bóveda estrelada (s XVI?). No interior destaca a presenza do retablo maior barroco, obra de Antonio del Villar (1726). Posúe un certo estilo de igrexa-fortaleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Decisión formulada por Luís XI de Francia (23.4.1463), que actuaba de xuíz, coa finalidade de poñer fin ao antagonismo existente entre Xoán II de Aragón e Enrique IV de Castela, a quen a Generalitat de Catalunya, sublevada contra o primeiro, proclamara soberano de Catalunya. En virtude desa sentenza Enrique IV renunciou ao principado de Catalunya. Aínda que a sentenza foi admitida en Castela e en Aragón, non conseguiu poñer fin á Guerra Civil aragonesa (1462-1472).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo firmado nesta cidade en febreiro de 1388 entre Xoán I de Castela e Xoán de Gante, duque de Lancaster, polo que este último renunciaba ao trono castelán. O aspirante ao trono castelán desembarcou en Galicia (25.7.1386), para posteriormente dirixirse cara a León. A resistencia que se atopou fixo que se retirase, chegándose á Paz de Baiona, na que se acordou que a filla do duque, Catarina, casaría co herdeiro de Castela, Enrique, rematando así o preito dinástico que se arrastraba desde a época de Pedro I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatuto Real de Baiona.

    VER O DETALLE DO TERMO