"Berà" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 137.

    1. Dar de beber ao gando.

    2. Mollar completamente algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1285-1291). Primoxénito de Pedro II o Grande e de Constanza. No ano 1282 o seu pai nomeouno lugartenente dos exércitos reais e en 1285 interveu na defensa de Catalunya ao producirse a invasión de Filipe de Francia. Someteu as illas de Mallorca e Eivissa enfrontándose a Xaime II de Mallorca e herdou Sicilia. A súa política exterior estivo marcada pola defensa dos intereses cataláns no Mediterráneo; así mesmo, a Unión aragonesa foille hostil e tivo problemas coas principais potencias económicas e militares de Europa occidental (Castela, Francia, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Albalat de Pardines Concello da provincia e Comunitat Valenciana, á esquerda do Xúcar, (3.473 h [1996]). Arroceiros, horta e laranxeiras. Antigo casarío musulmán repoboado por cristiáns (1238). Igrexa do final do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Macizo do Pireneo oriental que separa o Vallespir e o Rosellón (Francia) de Catalunya (1.256 m no pico Neulós). Nela os romanos estableceron os límites entre a Galia Narbonesa e a Hispania Citerior. No Tratado dos Pireneos (1659), Luís XIV e Filipe IV acordaron trazar ao seu través a fronteira entre os seus reinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Salamanca, Castela e León (1.741 h [1996]). No ano 1964 construíuse o encoro de Aldeadávila, sobre o Douro, cunha das centrais hidroeléctricas máis importantes da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi nomeado xefe dos exércitos por Andrónico II Paleólogo nas negociacións previas á expedición de Roger de Flor. Comandou a infantería nas vitorias de Aulax e de Artaki. Sitiada a cidade de Tira polos turcos, Corberan de Alet derrotounos, morrendo dun frechazo na testa cando ía na súa persecución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, filólogo e compositor. Das súas obras cabe destacar: Morfología vasca, Euskalerriaren Yakintza (Literatura popular do País Vasco) e Dicionario vasco-francés-español. Editou un Cancionero popular vasco. Escribiu tamén óperas e zarzuelas. É un dos vangardistas do renacemento cultural vasco do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uva negra moi escura e aceda, propia do Piemonte, pero empregada tamén noutras áreas vitivinícolas do norte italiano. Hai tres tipos reputados de viños Barbera: o Barbera d’Alba, ao que se lle pode engadir uva Alba Nebbiolo, e que se consome aos tres ou catro anos, o Barbera d’Asti, o máis prestixioso destes viños, que se envellece ata os sete ou oito anos, e o Barbera del Monferrato, lixeiramente escumoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, drenado polo río Ripoll (25.484 h [1996]. As industrias principais, que se atopan en gran parte na beira esquerda do río, adícanse aos metais, maquinaria, accesorios para automóbiles, electricidade, reloxerías, fiaduras, xéneros de punto, produtos químicos, mobles, plásticos, cartón e cerámica. A poboación, que no 1900 era de 780 h experimentou un rápido crecemento durante o s XX, baseado na chegada de inmigrantes procedentes especialmente das rexións sudoccidentais do estado español, Andalucía e Extremadura. A primeira referencia documental a Barberà del Vallès remóntase ao ano 985. Dentro do termo, á esquerda do Ripoll, convertido en casa rural, está o antigo castelo de Barberá, mencionado xa contra o ano 1005. O castelo foi centro dun señorío, despois marquesado de Santa María de Barberá. No seu recinto encóntrase a capela de Santa Coloma ou Sant Jaume del Castell. A cidade abrangue o núcleo xurdido ao longo da estrada de Barcelona...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico de animación norteamericano. Comezou na MGM en 1937 e moi pronto destacou no cine de animación xunto a William Hanna, creando os populares Tom e Jerry. Realizou máis de cen filmes tanto na MGM coma na súa propia produtora Hanna-Barbera, dirixida especialmente á televisión. Destacan as súas curtametraxes Yankee doodle mouse (1943), Professor Tom (O profesor Tom, 1948), Mouse for sale (Rato para vender, 1955), Life with Loopy (A vida con Loopy, 1960) e Just a Wolf at heart (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida composta de varios ingredientes de sabor e aspecto desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da chaira de Sharon, Israel, que constitúe un arrabaldo de Tel Aviv (130.500 h [1997]). A antiga Bene Beraq aparece mencionada na Biblia como centro dunha escola do Talmud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Navarra (Nafarroa), situado na comarca das Bortziriak, no extremo NO da comunidade, drenado polo río Bidasoa (3.480 h [1996]). Situado na estrada nacional N-121 de Iruña a Irún, localízase nun eixe de comunicacións entre Gipuzkoa, Nafarroa e o Lapurdi, feito que favoreceu a presenza no seu termo de actividades industriais, sector que emprega o 68% dos traballadores do concello. Siderometalúrxicas, plásticos, madeira e mobles, pensos e industrias alimentarias son as ramas predominantes. O primario só acolle o 8% da poboación ocupada (gandería bovina, porcina, ovina e cría de pato para foie-gras). Terra de vascóns na que nin romanos nin visigodos nin musulmáns exerceron a súa influencia. Cando Afonso VIII de Castela se apoderou de Gipuzkoa (1200), a vila transformouse en fronteira entre os reinos de Castela e Aquitania, e os beratarras convertéronse en homes de guerra. Por mor desa condición gozaron dunha administración democrático-asemblearia, pero tamén sufriron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco de triunfo romano, no linde de Roda de Berá, elevado sobre a Via Augusta. É de tipo simple: un só arco encadrado por dúas pilastras corintias a cada lado que sosteñen o entaboamento; no seu friso está a inscrición dedicatoria. O total do monumento ten 12,28 m de altura e 12 de anchura. Dunha gran simplicidade decorativa, non posúe relevos, e está dotado dunha grande harmonía de proporcións. Foi edificado ao final do s I a C por orde testamentaria de Lucio Licinio Sura, xeneral de Traxano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador, pintor e gravador francés. Traballou para a corte de Luís XIV. É autor de escenarios, vestidos e composicións para festas e celebracións. Foi o creador do estilo Berain, de grande influencia sobre os decoradores do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Leiro baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romántico. As súas Chansons, cheas de axilidade, pero a miúdo demasiado fáciles, derivaron cara a unha sátira política contraria á monarquía da Restauración. Influíu na revolución de 1830. Obtivo unha gran popularidade coas súas composicións anticlericais, o que lle levou, entre outras cousas, a ser o representante da pequena burguesía liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, 18 km ao NO de Bilbao (4.645 h [1996]). Está situado na conca do Nervión e forma parte da área urbana de Bilbao. Altérnanse os usos residenciais e industriais. Na parte montañosa do termo predomina o poboamento espallado nos casaríos tradicionais, mentres na parte baixa hai urbanizacións e naves industriais. O principal sector de actividade é o secundario, no que destacan as ramas metalúrxica e de tratamento de residuos. Atopáronse restos megalíticos (dolmes e mámoas). Na Idade Media, as loitas entre as familias señoriais marcaron a evolución do lugar; as tres familias con casa no actual termo protagonizaron diversos enfrontamentos que se polongaron ata o s XVI. A vila participou activamente nas guerras civís do s XIX, sendo un destacado núcleo carlista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da India, no estado de Mahārāshtra. É unha das principais áreas produtoras de algodón da India, que sostén unha importante industria téxtil. Estivo sucesivamente baixo o poder das dinastías do Decán e dos sultáns de Delhi. En 1490 declarouse independente e foino ata 1574, que pasou ao dominio do sultanato de Ahmadnagar. En 1853 pasou a ser un protectorado británico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escenógrafo e ilustrador. Estudiou pintura na Académie Ransom. Influíu sensiblemente sobre a escena francesa. Cun estilo elegante e sofisticado fixo decoracións e deseñou o vestiario de montaxes e filmes de Cocteau como La belle et la bête (A bela e a besta, 1946), ilustrou numerosos libros e pintou tamén algúns retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO