"CAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 55.
-
VER O DETALLE DO TERMO
escaf(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hidróptero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artefacto submarino autónomo ou telecomandado capaz de somerxerse a grandes profundidades, destinado xeralmente á observación e ao estudo do fondo do mar. Componse dunha cabina esférica, na que viaxan os ocupantes, e dun flotador naviforme. O primeiro aparato deste tipo, o FNRS 2, foi construído en Bélxica por A. Picard. Outro modelo, o Trieste, construído polo mesmo A. Piccard xunto co seu fillo, conseguiría en 1959 descender ata os 5.486 m na Fosa das Marianas, a carón da illa de Guam.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor en bronce, coñecido co pseudónimo de Mecherino. Durante a súa estancia en Roma (1510-1512) recolleu influencias de frei Bartolommeo, Michelangelo e Raffaello, que combinou co colorismo brillante e decorativo da tradición sienesa, plasmado nos Estigmas de santa Caterina (1516); posteriormente, na súa fase manierista, fixo unha pintura a miúdo estraña e misteriosa na que predominan a sutilidade e o simbolismo sobre a preocupación estrutural. Polo seu tratamento das luces e das sombras é considerado un precusor de Caravaggio. Unha parte importante da súa obra consérvase en Siena, onde realizou decoracións na casa do concello, representando temas sobre as virtudes cívicas, e deseñou os pavimentos de mármore da catedral: O nacemento da Virxe, San Miguel, A caída dos anxos e Cristo no limbo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Ampliou estudios en París con Nadia Boulanger e estudiou dirección con Sergiu Celibidache e Igor Markevich, con quen colaborou frecuentemente. Dirixiu o coro de RNE e posteriormente o coro de RTVE. Entre a súa produción destacan Sonata para piano (1956), Sexteto e diversas cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe feminina do cancioneiro popular. A canción de Brancaflor é de tema cabaleiresco e a probablemente teña a súa orixe na tradición literaria medieval.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as percebellas heterópteras, especialmente as das familias dos pentatómidos e dos coreidos. O corpo é aplanado e ten forma de escudo, cun escutelo triangular de gran tamaño. O primeiro par de alas está dividido nunha rexión basal, de consistencia dura, e nunha rexión extrema membranosa; o segundo par é completamente membranoso e apto para o voo. Presentan principalmente cores verdes ou castañas, aínda que algunhas especies teñen cores e deseños aposemáticos. A maioría producen, nunhas glándulas próximas ás patas posteriores, unha secreción aceda de cheiro moi desagradable que é expulsada polo animal ao sentirse ameazado e co que pretende disuadir os depredadores. Aliméntanse de zugar en plantas e eirugas, e son especialmente molestas para o home as que se atopan nos acios en tempo da vendima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comités Abertos de Facultade.
-
LOCALIDADES
Localidade de Galilea, na beira occidental do lago de Tiberíades. É a primeira localidade que se cita expresamente nos Evanxeos como centro da actividade apostólica de Xesús de Nazaret (Mt 4, 13; Mc 1, 21).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
cafeeira.
-
Semente liberada do resto do froito en baga da cafeeira. Utilízase desde o s VIII, primeiro como alimento e despois como bebida fermentada, medicina e infusión. No proceso de obtención, despois de sacar a polpa e tras unha fermentación espontánea, lávase e o gran queda libre, pasando logo a un secado. Os grans son ásperos e amargos e non se adoitan consumir de forma natural. OBS: Tamén se denomina café verde.
-
Bebida feita por infusión ou cocemento de sementes torradas a 210°, machucadas ou moídas da cafeeira (xénero Coffea). É tónica, estimulante e moi aromática. Parece orixinaria da rexión abisinia de Kaffa, onde xa se coñecía antes do s XIII, consumida como froita e despois como alimento enerxético, en forma de pasta de sementes mesturadas con graxa animal. Foi no s XIII cando se empezou a torrar o gran. Daquela, xa se coñecía en Siria e Exipto. Entrou en Europa por medio dos mercadores de Venecia no s XIV, foi considerada nun principio bebida pecaminosa, porque procedía do mundo islámico, e aínda que o Papa Clemente VIII a bendiciu, enseguida pasou de moda, e non volvería a consumirse ata despois do sitio de Viena por parte dos otomanos en 1683. Cando os turcos otomanos se retiraron, abandonando nos seus campamentos moitos sacos de café, o espía polaco Georg Kolschitzky, que coñecía o segredo da súa preparación xa que fora anteriormente mercenario ao servizo destes e combatera nesta...
-
-
café concerto /
Establecemento onde se representaban números musicais e de canto enriba dunha tarima ou dun escenario, mentres o público tomaba as súas consumicións. Estiveron de moda en Europa e a súa decadencia produciuse despois da Primeira Guerra Mundial.
-
Establecemento, con mesas servidas por camareiros, onde se serve esta bebida e outras como refrescos ou licores. Xa no s XV existía en Arabia esta venda pública de café. Pasou logo a Turquía e na metade do s XVII a Europa, a través de Venecia. En España os primeiros cafés xurdiron na segunda metade do s XVIII; xa no s XIX e ata ben entrado o s XX destacaron como centros de debate cultural e de reunión política, sobre todo a partir da época romántica, momento no que se creou a figura do café-faladoiro. Foron o lugar de encontro das tertulias artísticas e literarias. Cómpre destacar establecementos como o madrileño Café Gijón, que fixaría a imaxe máis clásica para estes locais. En Galicia este ambiente aínda se deixa sentir en cafés como o santiagués Derby, o lugués Central ou o pontevedrés Carabela, entre outros. A partir da década dos corenta creáronse establecementos máis polivalentes que ofertan servizo de café, bar (café-bar) e, frecuentemente, pratos combinados.
-
café teatro
Modalidade teatral que ten a súa orixe en París, na inauguración do local La Vieille Grille (1961), onde se realizaban espectáculos poéticos e musicais, e que se consolidou como tal coa apertura de Le Royal (1966), o primeiro café teatro que levou este nome. Antigamente, representábanse espectáculos en espacios afíns, pousadas, mesóns, tabernas ou merendeiros. Considéranse precursores en Europa os cafés de filósofos do s XVIII e o cabaré. En España, o precedente máis inmediato foi a creación dos cafés especializados, na súa maioría, no xénero chico, ao longo do século XIX. O café teatro contemporáneo, sen constituír un xénero dramático novo, nin un tipo orixinal de escenografía, é resultado dun conxunto de limitacións económicas que impoñen un estilo bastante uniforme no que respecta á clase de obras e á súa representación: o escenario adoita ter pequenas dimensións, polo que o número de actores debe ser reducido; o público sitúase rodeando o escenario, co que...
-
café concerto /
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 17 de outubro de 1886, que atravesou catro épocas de edición. Foi dirixida por Manuel Carballido y García na primeira época, por Antonio Felipe Lueiro na segunda, e por Moisés González Besada na terceira. Editouse na imprenta de Alonso Viéitez. Subtitulada como “Semanario humorístico sin tostada” e como “Semanario cómico, satírico, ilustrado, etc”, ao longo dos anos contou coas colaboracións de Curros Enríquez, Alberto García Ferreiro, Enrique Labarta, Aurelio Ribalta e os irmáns Valle-Inclán. Tiña como seccións: “Sin tostada” e “Gotas”. Apareceron ao longo de diversos números algunhas composicións en galego e caricaturas de personaxes coñecidos da época, realizados por José Pando, sempre en ton humorístico e divertido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra en 1895 e subtitulada como “Semanario satírico ilustrado”. Contou coa colaboración de Enrique Labarta Pose, Jaime L. Solá, Alberto García Ferreiro, Luís Taboada, Salvador Golpe e Manuel Amor Meilán. Editou numerosos relatos e poemas en castelán destes autores e unhas “Máximas” en galego da autoría de Carlos Pol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario convocado polo Café Dublín de Vigo dende 1994 co propósito de galardoar orixinais inéditos cunha extensión mínima de 65 folios e máxima de 100. Entre os seus gañadores está Ramón Caride Ogando con Sarou no crepúsculo (1997).
-
PERSOEIRO
Político. Deputado socioprogresista (1934-1937), converteuse en vicepresidente da República (1950) e en presidente (1954-1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club de teatro experimental creado ao abeiro dun local homónimo aberto en 1962 por Ellen Stewart, co obxectivo de producir espectáculos baseados en pezas de novos dramaturgos americanos. Nese mesmo ano presentaron un espectáculo, One Arm (Unha arma), realizado a partir dun texto de Tennessee Williams. Desde entón constitúe un dos puntos de referencia do teatro en Off Broadway. Vén desenvolvendo un importante labor de promoción do teatro da minoría negra e tamén de difusión do traballo de directores europeos como Peter Brook, Eugenio Barba ou Jerzy Grotowski. Por este labor de promoción de novos valores, Ellen Stewart recibiu numerosos premios e goza do recoñecemento internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plantación de cafeeiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore do xénero Coffea, da familia das rubiáceas, que pode acadar de 7 a 8 m de altura. Ten unhas follas opostas, lanceoladas, duras e de cor verde escura, flores hermafroditas, brancas e cheirentas, e froitos en baga vermella con dúas sementes, o café. A cafeeira é orixinaria de Abisinia e o seu cultivo estendeuse por toda Arabia e o resto do Islam (Exipto, Siria, Turquía, etc). Chegou a Europa no s XVI debido ao comercio dos venecianos e en 1710 xa estaba introducido na Guyana Holandesa, Colombia e as Antillas. Máis tarde chegou a todo o Caribe e Brasil. O cultivo require temperaturas de 15 a 25°C, precipitacións entre 1.700 e 2.500 mm, solos ricos en humus, areosos e sombra, por ser en orixe propio do sotobosque. Os seus subprodutos destínanse para alimento do gando ou como fertilizante. Orixinadas principalmente a partir de sementes, as plantas novas despuntan a unha altura de 50 cm e empezan a producir de xeito continuo podéndose, a partir dos tres anos, recoller os froitos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide bicíclico trimetilado derivado da xantina que se oxida rapidamente ou que se dimetila parcialmente en poucas horas. Pódese illar en forma de prismas hexagonais, que se subliman a 178°C e se funden a 238°C. Non é soluble en auga, pero si en disolventes orgánicos. Atópase no café (que contén un 1,5% do seu peso en seco), nas follas de té (nun 5%), no mate e na cola, dos que se pode extraer. A obtención sintética ten lugar por metilación directa da xantina con sulfato de dimetilo. Conséguese industrialmente como subproduto da preparación do café descafeinado. Estimula a secreción gástrica e o sistema nervioso central, e actúa como tónico cardíaco e como diurético. Unha dose abusiva pode provocar cafeísmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación aguda ou crónica, producida pola inxestión abusiva de café, debido á cafeína que contén. Maniféstase coa aparición de palpitacións, trastornos dixestivos, exsudación, axitación nerviosa con delirios e alucinacións, tremores e, ás veces, convulsións.