"CIAM" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • Levantamento militar acontecido na Coruña o 21 de febreiro do 1820, no que se proclamou a Constitución do 1812 en apoio do Xeneral Riego protagonizado, entre outros, por Félix Álvarez Acevedo. O levantamento estaba debidamente preparado, ao participar na conxura, ademais de militares, burgueses, artesáns e mesmo as clases populares. Dende Cádiz, vía Gibraltar, chegaron á Coruña partes de aviso e proclamas que se espallaron e se distribuíron polos cuarteis. O pronunciamento principiou ao aproveitar a chegada e toma de posesión do novo Capitán Xeneral, marqués de Reunión, a quen se arrestou xunto aos xefes militares e ás autoridades absolutistas. Os sublevados fixéronse cargo do mando dos distintos rexementos e, xa que logo, a cidade quedou enteiramente nas mans dos liberais. No mesmo día vinteún, constituíuse na Coruña unha Xunta Superior de Goberno con plenitude de poderes para gobernar o Reino de Galicia. A súa composición respostaba a un plano perfectamente estudiado, segundo o cal nela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Investimento interno realizado por unha empresa mediante a operación de deducir unha parte dos beneficios destinándoa ao mencionado investimento. A finalidade básica do autofinanciamento é a de poder realizar os investimentos sen necesidade de recorrer a medios externos e evitar os custos financeiros correspondentes. É particularmente interesante para as pequenas empresas, que teñen un acceso limitado a outras fontes de financiamento, e é igualmente unha das fórmulas financeiras máis empregadas polos grandes grupos económicos dos países desenvolvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantamento militar de signo liberal promovido o 1 de xaneiro de 1820 na vila de Las Cabezas de San Juan (Andalucía) polo comandante Rafael del Riego, ao mando dunha brigada que debía embarcar en Cádiz para sufocar o movemento independentista americano. Como consecuencia do alzamento, que supuxo a restauración da Constitución de 1812, principiou o chamado Trienio Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congrés Internationaux d’Architecture Moderne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e clavecinista italiano. Estudiou en Nápoles, onde estreou varias óperas (La Beatrice e Artaserse) e, posteriormente, ensinou no Ospedale degli Incurabili de Venecia. Da súa produción operística destacan Bertoldo in corte e Antígona. Compuxo numerosas pezas instrumentais, sobre todo sonatas trío e concertos, oratorios e motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de cofinanciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de congraciar ou congraciarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de distanciar ou distanciarse.

      2. Situación de persoas que están distantes.

    1. Concepto dramático proposto por Bertolt Brecht, que fai referencia a un efecto oposto á identificación emocional provocada pola ilusión teatral e pola escena naturalista e figurativa, que procura a desalienación do espectador respecto da escena e dos mundos nela reflectidos. Este feito provocaría, en principio, unha toma de conciencia e unha maior implicación real nunha realidade social sempre conflitiva. Co obxectivo de provocar esa distancia necesaria entre o espectador e o mundo da escena, Brecht aposta pola presentación fronte á representación, para o que establece pautas interpretativas que incidan na permanente ruptura das vellas convencións e na distancia entre o actor e o personaxe que interpreta, e estratexias dramatúrxicas como a construción da trama a partir de pequenas escenas, a incorporación dun narrador, o uso de cantigas, a proxección de imaxes ou os cambios de escenografía, coas que se pretende mostrar o carácter de ficción escénica, para que o espectador manteña sempre...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de enranciar.

    2. Fenómeno de autólise, principalmente debido a procesos de hidrólise ou de oxidación, das substancias lipídicas que poden sufrir os alimentos durante a súa conservación, co que resultan modificadas as súas propiedades organolépticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de espaciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de financiar. Segundo a súa procedencia, clasifícase en interno, cando se recorre a fontes provenientes da actividade habitual ou da unidade económica (autofinanciamento), ou achéganas individuos pertencentes a esta unidade; e externo, se se recorre a algunha das institucións do sistema financeiro, circunstancia que representa un endebedamento.

    2. Financiamento no que se renunciou ao dereito de cobro preferente fronte a outros acredores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurrección da gornición militar do Real Sitio de La Granja de San Ildefonso na noite do 12 de agosto de 1836 co obxectivo de restituír a Constitución de Cádiz. Ante os acontecementos a rexente, María Cristina de Borbón, asinou o decreto que reinstauraba a Constitución de 1812, destituíu o primeiro ministro, F. J. de Istúriz, e convocou novas Cortes Constituíntes, que proclamaron en 1837 un novo texto constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide que se atopa na beladona e noutras solanáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de licenciar ou licenciarse.

    2. Acto en que se recibe o grao de licenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxura liberal dirixida, na noite do 18 ao 19 de setembro de 1815, polo mariscal de campo, Juan Díaz Porlier. Tiña como obxectivo restaurar a orde constitucional que daría a España as liberdades políticas. O corpo militar estaba de acordo, menos o capitán xeneral de Galicia, Filipe Saint March, que foi encarcerado. O pronunciamento foi xestado no balneario de Arteixo, onde descansaba por motivos de saúde. Na cidade da Coruña foi un éxito pero desde Santiago de Compostela, cidade cara á que se dirixiu para continualo, as institucións militares, civís e eclesiásticas organizaron a contraofensiva. O día 21, Porlier, traizoado por parte das súas tropas, foi detido no lugar de Merelle, preto de Ordes, e encarcerado en Santiago de Compostela. Foi trasladado á Coruña e permaneceu no Cárcere Real ata que foi condenado a morte e aforcado o 3 de outubro de 1815.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de pronunciarse sobre algo.

      1. Acción de pronunciar unha sentenza ou unha decisión.

      2. Resolución das varias que comprende unha sentenza ou decisión xudicial.

    2. Acción que un grupo militar executa contra un goberno para derrocalo ou para alterar o sentido da súa política. É de menos volume ca a rebelión e a guerra civil, adoita producir poucas vítimas e ten que triunfar ou fracasar nun espazo moi breve de tempo. Os pronunciamentos comandados por xenerais ou xefes importantes benefícianse do funcionamento da estrutura da institución militar. En España considérase que o primeiro pronunciamento foi o de F. Espoz y Mina en 1814. Posteriormente, ao longo do s XIX, tiveron lugar outros, entre os que destaca o de Sagunt de 1874, en Galicia destacaron os de J. Porlier (1815) e Acevedo (1820) e o Levantamento de 1846 que rematou cos fusilamentos de Carral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado entre os ríos Manzanares e Jarama, dentro da área metropolitana da capital (35.742 h [2001]). A proximidade con Madrid converteuno nunha zona residencial e incrementou a poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Montaña dos Alpes Graios, situada ao O de Turín. Acada unha altitude de 3.538 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alzamento militar ocorrido en Sagunt (Campo de Morvedre) o 29 de decembro de 1874, ao pronunciarse os xenerais Arsenio Martínez de Campos e Luis Dabán Ramírez de Arellano, xunto cun grupo de coroneis, a favor da restauración monárquica de Afonso XII. A revolta propagouse por toda España e o 31 de decembro formouse en Madrid o primeiro goberno da Restauración.

    VER O DETALLE DO TERMO