"Cadore" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • Organización mariñeira fundada en 1924 en Viveiro como consecuencia da crecente importancia da industria pesqueiro-conserveira na localidade. En Viveiro non existía ningunha organización mariñeira, e os elementos conservadores locais alentaron e organizaron esta sociedade para cubrir o baleiro deixado polo sindicalismo obreiro, tentando impedir a súa introdución neste porto, nunha etapa de grande espallamento do sindicalismo obreiro de clase (1910-1930). O obxectivo principal desta organización mariñeira era a beneficencia entre os asociados e a resolución cooperativa dos problemas do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica dos Alpes, no Veneto, Italia. Comprende a conca alta do Piave, nos Dolomitas. O bosque e os pastos son os seus recursos principais. É tamén un gran centro turístico de inverno, coa estación de Cortina d’Ampezzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista pedagóxica editada polo colexio Santa María do Mar da Coruña a partir do ano 1969. Incluíu información orientada a titores e á comunidade escolar en xeral. Ofrecía tamén documentación bibliográfica e unha guía de actividades para realizar cos alumnos. No Ano Internacional do Neno de 1979 editaron dez números dedicados aos dereitos do neno, auspiciados pola asemblea das Nacións Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos indicadores do grupo que introduciu na análise volumétrica K. Fajans en 1923 para a detección do punto final das volumetrías de precipitación, que se caracterizan polo feito de ter diferente cor cando están libres en solución e cando están adsorbidos sobre a superficie do precipitado formado na volumetría. Estes indicadores son ácidos débiles, como a fluoresceína, a diclorofluoresceína ou a eosina, ou bases débiles, como a rodamina-6-G e a etoxicrosoidina, e pódense empregar soamente nun campo de pH limitado. Tamén se denominan indicadores de adsorción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para atopar os máximos ou mínimos dunha función u = F (x1, x2,...xn) de n variables, que están sometidas a k condicións suplementarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en Galicia en 1775, a iniciativa de Xosé Andrés Cornide Saavedra, co fin de evitar o fracaso do sector pesqueiro galego. Encargouse de posibilitar axudas e promocionar os pescadores galegos para que estes puidesen desligarse dos pescadores, armadores e comerciantes cataláns, establecidos desde 1750. Funcionaba como unha entidade de crédito rudimentaria que anticipaba préstamos aos pescadores, baixo a condición obrigatoria de que estes participasen na pesca e salgadura da pescada e o abadexo, segundo o método practicado en Terranova. O seu fracaso, debense posiblemente   ao apego dos galegos a empregar as prácticas tradicionais e ao seu descoñecemento dese novo tipo de pesca e salgadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Rybacij.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociacións cooperativas que non distinguían entre armadores e mariñeiros, que arelaban a mellora das condicións de vida do colectivo pesqueiro mediante o establecemento de socorros e seguros, a extensión cultural entre os asociados e o acceso ao crédito. Impulsados no devalo da Primeira Guerra Mundial polo capitán de corveta Alfredo Saralegui, estaban inspirados nas vellas confrarías de pescadores do Antigo Réxime. O funcionamento interno era de carácter corporativo, amosando un talante conciliador entre os intereses de armadores e mariñeiros e unha práctica oposta aos sindicatos de clase no mundo do mar. O primeiro que funcionou no litoral español foi o de Cambados, constituído en Nadal de 1917. Logo, aproveitando a persecución dos sindicatos durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), estendéronse por toda a beiramar galega conformando, en 1925, a Federación Gallega de Pósitos Marítimos á que pertenceron en torno a medio centenar de colectivos. Tras a Guerra Civil Española (1936-1939),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Orde relixiosa mendicante fundada por san Domingos de Guzmán en Toulouse. Os seus membros son coñecidos tamén co nome de dominicanos. Xurdiu como réplica católica ao predominio da doutrina albixense, pero coa finalidade da predicación universal. Foi aprobada por Folquet, bispo de Toulouse, en 1215, e confirmada en 1216 polo Papa Honorio III. As constitucións recolleron a súa redacción definitiva en 1241, grazas ao mestre Reimundo de Penyafort (logo modificadas en 1924 e en 1968). Moitos dos seus membros, erixidos en defensores da pureza da fe católica, exerceron funcións xudiciais no Tribunal da Inquisición e, de feito, Reimundo de Penyafort, Nicolau Eimeric e Bernat Gui, organizaron xuridicamente esta institución, que desde ese momento quedou en mans da orde. No eido da teoloxía exerceron unha importante tarefa de divulgación a partir das figuras de santo Alberte o Magno e san Tomé de Aquino. Tiveron especial importancia os estudos xerais da orde en París, Oxford, Colonia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago e hsien do mar da China Meridional, situado no estreito de Taiwán, entre esta illa e o continente (127 km2; 89.181 h [estim 1999]). Consta de 21 illas. A súa capital é Makung (15.000 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Península de Rusia situada na oblast’ de Murmansk e que se introduce no mar de Barents. A vexetación é de tundra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación mariñeira constituída en 1914, coa finalidade de agrupar os tripulantes dos vapores de pesca e dos buques mercantes do porto da Coruña. Estivo integrada na Federación Local Obrera. A raíz do Congreso da CNT de 1919, converteuse en sección do Sindicato Único del Transporte Marítimo que agrupaba ademais ás profesións vinculadas ás tarefas portuarias. Coa disolución dos sindicatos únicos pola Ditadura de Primo de Rivera, transformouse nunha sociedade de oficio, integrada exclusivamente por mariñeiros, fogoneiros e patróns dos barcos de pesca. Foi suspendida en 1927. Durante a Segunda República estruturouse como sindicato de industria.

    VER O DETALLE DO TERMO