"Calvin" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • PERSOEIRO

    Emperador romano (238) que foi asasinado polos pretorianos despois de noventa e nove días de goberno. Gobernou xunto con Marco Clodio Pupiano. Durante a anarquía militar da primeira metade do s III d C foi un dos representantes da tendencia senatorial en contra da actitude antiaristocrática do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xenético. Foi un dos colaboradores máis importantes de T. H. Morgan. No seu traballo Nondisjunction as Proof of the Chromosome Theory of Heredity (A non-segregación como proba da teoría cromosómica da herdanza, 1916) probou que os cromosomas son os portadores dos xenes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do apelido Calviño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procesos bioquímicos que se realizan no estroma dos cloroplastos dos organismos fotosintéticos durante a fase escura da fotosíntese, na que o carbono inorgánico en forma de CO2 pasa a formar parte de distintos glícidos por redución. Pódense distinguir dúas fases: a fase de produción, na que tres moléculas de ribulosa-5-fosfato reaccionan con tres moléculas de CO2, coa produción de seis moléculas de gliceraldehido-3-fosfato e co gasto de nove moléculas de ATP e seis de NADPH; e a fase de recuperación, na que os átomos de carbono de cinco gliceraldehido-3-fosfato, mediante unha serie de reaccións, forman de novo as tres ribulosa-5-fosfato. Descubriuno M. Calvin, J. Bassham e A. Benson entre 1946 e 1953, e tamén se coñece como ciclo do carbono ou ciclo das pentosas fosfato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Dirixiu o Lawrence Radiation Laboratory e o Chemical Biodynamics Group. As súas investigacións comprendían a biofísica, a química da coordinación e os aspectos teóricos da química orgánica. Colaborou no proxecto Manhattan para a obtención da primeira bomba nuclear. É autor de The Theory of Organic Chemistry (A teoría da química orgánica, 1941) e Chemical Evolution (Evolución química, 1961). Obtivo o Premio Nobel de Química en 1961 polos seus traballos sobre os procesos bioquímicos da fase escura da fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema teolóxico que ten a súa orixe nas ensinanzas de Xoán Calvino. Converteuse na doutrina máis amplamente aceptada e de maior influencia entre as igrexas xurdidas da Reforma. O calvinismo é fundamentalmente unha doutrina teocéntrica e, ao mesmo tempo, anticatólica e antiluterana. Admite a Trindade, a encarnación do fillo de Deus nunha Virxe, as dúas naturezas de Cristo, a teoría de santo Agostiño sobre a Gracia, a predestinación e o pecado orixinal. A igrexa calvinista, que proclama que a súa autoridade emana directamente de Deus, ten como misión predicar a palabra de Deus, administrar os sacramentos e velar pola disciplina dos fieis; así mesmo, nela non existe a categoría episcopal e está rexida polos pastores, os mestres, os presbíteros ou anciáns e os diáconos; os elixidos para tales tarefas deben aprenderlles aos outros a interpretar rectamente as Sagradas Escrituras, texto fundamental e única regra de fe. Cada congregación local, gobernada por un consello de pastores e anciáns,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao calvinismo.

    2. Partidario do calvinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diminutivo correspondente ao apelido Calvo. Documéntase no século XIV: “Roy Calvinno” (doc ano 1392 en Miguel Romaní Martínez Colección diplomática do mosteiro cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense) 1025-1310, III, 1989, p 424).

    2. Liñaxe que leva como armas: en campo de ouro, unha banda de goles acompañada no alto dunha flor de lis, tamén de goles, e no baixo de tres veneras da mesma cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidad Complutense de Madrid. Dende 1970 desenvolveu a súa actividade profesional en RTVE como asesor legal. Foi representante de RTVE na comisión xurídica da Unión Europea de Radiodifusión y Televisión, vogal do consello de administración e, no período 1982-1986, director xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Catedrático de Lengua e Literatura Española, comezou os seus estudios na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na Universidad Complutense de Madrid, onde se licenciou en Filosofía e en Literatura Hispánica. Foi director, xunto con Manuel Crespillo, da colección de ensaio Hybris. Colaborou en numerosas publicacións como Ínsula, Cuadernos Hispanoamericanos, Cuadernos del Norte e Anales de la Literatura Hispanoamericana. Publicou diversos traballos de investigación como Estruturas novelísticas y poder personal en Hispanoamérica (1984), La novela del ditador en Hispanoamérica (1985), Poeta en Nueva York como mentira metonímica (1986), Historia, ideología y mito en la narrativa hispanoamericana contemporánea (1987), El Grupo Cántico de Córdoba (1987), e os relatos Teoría del fracaso (1986) e Del cero y sus múltiplos (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou no retablo de san Bieito no mosteiro de San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa primeira novela, Il sentiero dei nidi di ragno (O carreiro dos niños de araña, Premio Ricione 1946), relata a súa experiencia xuvenil da resistencia italiana; posteriormente evolucionou cara ao humorismo poético e introduciu o marabilloso na súa obra. Son fitos salientables na súa produción os títulos: Ultimo viene il corvo (O corvo vén de último, 1949), onde combinou o realismo existencial con compoñentes de estilo fabulosos e fantásticos; a triloxía formada por Il visconte dimezzato (O vizconde partido ao medio, 1952), Il barone rampante (O barón rampante, 1957) e Il cavaliere inesistente (O cabaleiro inexistente, 1959), que reuniu en 1960 baixo o título xenérico de I nostri antenati (Os nosos antepasados), de contido simbólico e alegórico; a triloxía urbana e realista composta por La speculazione edilizia (A especulación inmobiliaria, 1957), La nuvola de smog (A nube da contaminación, 1958) e La...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e reformador francés. O seu nome orixinal era Jean Cauvin, que latinizou en Calvinus. Iniciou a carreira eclesiástica e estudiou filosofía en París (1523-1527) co humanista Mathurin Cordier e con Noël Beda. En 1528 marchou a Bourges para estudar dereito, onde se licenciou en 1531. Neses anos traballou xunto ao luterano Melchior Wolmar e, posteriormente, doutorouse en Orleans. En 1532 publicou un comentario á obra De Clementia (Sobre a clemencia) de Séneca. A súa conversión á fe reformada obrigouno a fuxir de Francia e establecerse en Basilea (1535), onde rematou Christianae Religionis Institutio (A institución da relixión cristiá), a súa obra capital que tivo a súa primeira edición en 1536. A instancias do reformador Guillerme Farel, estableceuse en Xenebra en 1537 e pronto tivo un papel destacado nas asembleas relixiosas suízas, mesmo chegou a redactar un catecismo e outros textos para a igrexa de Xenebra. Oposto á autoridade do consello municipal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Desenvolveu as súas actividades en Santiago de Compostela. En 1732 traballou na pintura e dourado do retablo maior de San Fiz de Solovio e en 1733 no dourado do altar da capela de san Fernando na catedral de Santiago de Compostela. En 1738 traballou no altar de san Ildefonso na igrexa de Salomé, en 1739 no retablo maior da igrexa prioral do Sar, en 1740 no altar maior da parroquia de Lardeiros e en 1746, con Gregorio Casal, no retablo da capela da Alba da catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Pertenceu ao partido republicano. Comezou a súa andaina política en Northampton, onde exerceu como concelleiro (1898) e alcalde (1909). Foi senador (1911-1915) e gobernador (1918) de Massachusetts. Vicepresidente dos EE UU con Warren Gamaliel Harding (1920), accedeu á presidencia trala súa morte en 1923. Venceu nas eleccións de 1924 e ocupou o cargo ata 1929. Durante o seu mandato afianzou as relacións con México, reduciu a débeda interna e nomeou a comisión que elaborou o plan Dawes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política e mestra. Diplomouse en filoloxía francesa e galega pola Escola Universitaria de Ourense. Militante da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) desde 1977, formou parte do grupo municipal do BNG da Guarda desde 1995 e foi elixida parlamentaria por Pontevedra na V lexislatura (1997-2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Graduado Social pola Escola de Santiago de Compostela, foi presidente das confrarías da provincia da Coruña e fundador (1974) e presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de España. Na etapa preautonómica foi conselleiro de Pesca e nas lexislaturas constituínte (1977-1979) e primeira (1979-1982) foi senador pola Coruña pola UCD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Estudiou na Universidade de Columbia, onde obtivo o doutorado (1910). Xunto con outros investigadores do seu país, illou a tiroxina (1919) e a cortisona (1935). En 1948 descubriu importantes efectos terapéuticos da cortisona para combater enfermidades como a artrite reumatoide. En 1950 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con P. S. Hench e T. Reichstein, polos seus descubrimentos sobre estas hormonas e as súas utilidades terapéuticas.

    VER O DETALLE DO TERMO