"Celanova" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A primeira referencia desta agrupación musical remóntase ao ano 1849 cando un grupo de persoas ligadas á histórica tradición musical de Celanova, marcada inicialmente pola historia musical do propio mosteiro, comezou a traballar en conxunto para crear unha agrupación musical permanente. Así, ao longo de 1849, mantiveron diversos contactos co alcalde, Xosé Benito Reza, que deron como froito a consolidación da banda na primavera de 1850, baixo a dirección de Manuel Chamuchín. Esta primeira etapa definiuse polas súas continuas aparicións e desaparicións provocadas por problemas económicos do concello, unhas veces, e por problemas internos, outras. Chamuchín permaneceu na dirección ata xuño de 1853; a partir de aquí a banda foi dirixida por Xenaro Durán Camilo Burdeos e Hixinio Gil, Ramón Prieto, Manuel Sánchez e Manuel Asensio Armada, respectivamente. En 1865 a agrupación musical contaba con 15 compoñentes aproximadamente. En 1908 reorganizouse da man de Xosé Sánchez e constituíronse os alicerces...
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de san Rosendo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello cabeceira da comarca da Terra de Celanova, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Cartelle, A Merca e Ramirás, ao L co da Merca, aoS co de Verea, e ao O con Ramirás e Quintela de Leirado. Abrangue unha superficie de 67,3 km 2 nos que se acolle unha poboación de 6.104 h (2007), distribuídos nas parroquias de Acevedo do Río, Alcázar de Milmanda, Amoroce, Ansemil, Barxa, Bobadela, Cañón, Castromao, Celanova, Fechas, Freixo, Milmanda, Mourillós, Orga, Rabal, A Veiga, Vilanova dos Infantes e Viveiro. Ademais, inclúe no seu termo o lugar do Pazo, da parroquia de Casardeita (concello de Ramirás). A capital é a vila de Celanova, na parroquia de Celanova, situada a 42° 8’ 7’’ de latitude N e 8° 8’ 1’’ de lonxitude O, 131 km ao SL de Santiago de Compostela e 26 km ao S de Ourense. Cabeza de partido xudicial, está adscrito á diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal de Celanova... -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda da vila de Celanova. Procede do conde de Arminio, Gutierre Arias, pai dos condes Alonso e Nuño de Celanova e de san Rosendo, quen fundou o mosteiro bieito de Celanova no s X. As súas armas levan, en campo de azul, unha faixa de ouro, cargada de tres estrelas de goles; bordo de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela mozárabe situada no recinto do que fora o xardín do noviciado do mosteiro de San Salvador de Celanova. A este cenobio alude a inscrición que reza no lintel da porta de acceso á capela. A visión que o Papa Gregorio o Grande tivera do arcanxo san Miguel podería explicar a advocación da capela, xa que esta se repite con frecuencia noutras igrexas erixidas durante o s X, case sempre cunha disposición en planta central, como o caso de Celanova. San Rosendo abriu a través desta nova fundación o camiño das influencias mozárabes na arquitectura prerrománica de Galicia. Amosa a integración da tradición construtiva romana coas formas chegadas do mundo musulmán dominante na Península Ibérica neste momento. Da fábrica da primitiva igrexa e do mosteiro só se conserva esta pequena capela, xa que o demais desapareceu coa construción da actual igrexa a mediados do s XVI. No interior da capela destaca a creación dun espazo sorprendente a través da sucesión de tres corpos sen unha visión simultánea...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Celanova e fundado por san Rosendo no s X. Tras erixir un pequeno cenobio no ano 942, a primeira comunidade estivo dirixida polo abade Fránquila ata a súa morte no ano 955. Posteriormente, foi o propio san Rosendo, tras renunciar ao bispado de Dumio, quen gobernou o mosteiro ata a súa morte no 977. Comezou así un período de expansión da sé monástica grazas ás numerosas doazóns recibidas pola monarquía e a integración doutros cenobios menores. A mediados do s XII a igrexa mozárabe substituíuse por unha nova de trazas románicas ao aproveitar os privilexios e a protección que exerceron os reis sobre a comunidade beneditina. Non obstante , no período baixomedieval os conflitos xurisdicionais coa nobreza provocaron un período de estancamento que rematou coa integración desta comunidade no mosteiro de San Benito el Real de Valladolid no ano 1506. Este momento coincidiu cunha nova etapa de esplendor económico, cultural e artístico que tivo repercusións na renovación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terra de Celanova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio organizado polo Padroado Curros Enríquez, en colaboración co concello de Celanova, que galardoa a unha persoa ou entidade que desenvolva un intenso labor a prol de Galicia. Ditamínase o 7 de marzo, coincidindo co cabodano da morte de Manuel Curros Enríquez e entrégase en Celanova o 31 de agosto, coincidindo coa data da morte de Celso Emilio Ferreiro. O xurado está composto exclusivamente pola xunta directiva do Padroado Curros Enríquez, presidido polo alcalde de Celanova, e o galardón consiste nunha medalla de prata, obra do escultor Acisclo Manzano, que reproduce por unha das caras a casa de Curros e pola outra, cinco C concéntricas que simbolizan a letra pola que comezan os elementos identificativos do premio: Casa, Curros, Celanova, Castor (Castor Elices, poeta contemporáneo de Curros, natural de Celanova) e Celso (identifica a Celso Emilio Ferreiro). Foron galardoados Xosé Luís Méndez Ferrín (1985), Uxío Novoneyra (1985), Alfredo Cid Rumbao (1985), Ricardo Carballo Calero (1985),...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu baixo dous subtítulos, primeiro como “Periódico semanal” e despois como “Semanario republicano”. Publicouse en Celanova entre o 11 de setembro de 1893 e o 12 de maio de 1895. Serviu como fonte informativa do republicanismo en Celanova e Ourense. Entre os artigos publicados hai referencias ás doutrinas socialistas de Roberto Owen e ao federalismo de Pi y Margall. Foi substituído polo xornal La Discusión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Celanova a partir de maio de 1986. Cunha periodicidade trimestral, editárona os concellos da Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Quintela de Leirado, Ramirás, Gomesende e Verea. O centro cultural Coelerni Solpor dirixiu esta publicación, cun consello de redacción encabezado por Manuel Araújo e Cesáreo Iglesias. Incluíu noticias locais (romarías, premios literarios e actos diversos), fotografías, banda deseñada, pasatempos e curiosidades. Prestou especial atención aos escritores da comarca como Curros Enríquez, Castor Méndez e Celso Emilio Ferreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de poemas de Celso Emilio Ferreiro que se publicou orixinalmente en Madrid en 1975 en edición bilingüe e titulado Donde el mundo se llama Celanova/Onde o mundo chámase Celanova. Composto orixinariamente por 34 poemas, estruturalmente está dividido en dúas partes ben diferenciadas. A primeira delas está dedicada á súa terra, Celanova, e confórmana unha serie de composicións que exaltan a vila e a infancia e a adolescencia que pasou o autor nela. A segunda parte está composta por un conxunto de poemas heteroxéneos de tema variado, con diálogos con Deus, reflexións autobiográficas, sátiras contra o poder ou cadros costumistas de Galicia. Aínda que os poemas non están datados, suponse que foron compostos durante a súa estadía en Caracas na década de 1970. Con este libro, Celso E. Ferreiro pecha o seu ciclo creativo poético, cunha visión cara á súa terra, onde amosa a súa paixón polo lugar onde naceu e creceu, e onde o espazo, case humano, cobra unha importancia definitiva. Recibiu o Premio...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación musical creada en Celanova en 1975. Fundouse para promocionar a música na vila mediante concertos e audicións. Posteriormente crearon a Coral Polifónica Solpor, un grupo de baile e o grupo de teatro Solpor.
-
GALICIA
Comarca situada no O da provincia de Ourense e no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas do Ribeiro (concellos de Cortegada, A Arnoia e Castrelo de Miño) e Ourense (concellos de Toén, Barbadás e San Cibrao das Viñas), ao S coa comarca da Baixa Limia (concellos de Lobeira e Bande), ao L coas comarcas de Ourense (concello de Taboadela), Allariz-Maceda (concello de Allariz) e A Limia (concello de Rairiz de Veiga), e ao O coa comarca da Paradanta (concello de Crecente) e Portugal. Abrangue unha superficie de 508,9 km2en que acolle unha poboación de 22.394 h (2001), distribuída entre os concellos da Bola (34,9 km2; 1.527 h [2001]), Cartelle (94,3 km2; 3.732 h [2001]), Celanova (67,3 km2; 5.993 h [2001]), Gomesende 28,3 km2; 1.115 h [2001]), A Merca (51 km2; 2.419 h [2001]), Padrenda (57 km2; 2.588 h [2001]), Pontedeva (9,9 km2; 679 h [2001]), Quintela de Leirado (31,3 km2;...
VER O DETALLE DO TERMO