"Ciudad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28.

  • Organización política de carácter conservador e católico, constituída oficialmente en Ourense o 8 de novembro do 1931, nunha xuntanza celebrada no Círculo Católico da cidade por iniciativa de destacados membros da burguesía local (comerciantes, propietarios, militares retirados, etc). Tiña como obxectivo o agrupamento do movemento conservador provincial baixo unhas únicas siglas, introducíndose no recén estreado xogo democrático da Segunda República como partido eminentemente católico, social e agrario, unificador de todas as clases sociais, sen restricións económicas ou laborais. Foi o primeiro grupo de significación dereitista aparecido en Ourense, e non tivo intención de estenderse polas demais circunscricións galegas. No seu programa político defendeu a liberdade de ensino e a pervivencia do sistema bicameral, empregando o Senado como a Cámara gobernativa representativa da vella organización política, protagonista política antes da proclamación da República. Sen dúbida, o obxectivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciudad Bolívar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación subtitulada “Semanario de Pontevedra” que apareceu o 21 de maio de 1945. Fundada e dirixida por Emilio Canda, deixou de editarse despois de 1948, tralo número 111. Incluía, fundamentalmente, información sobre a cidade. No eido literario destacan as poesías en galego de Herminia Fariña e os textos de Antón María Doval, Xulio Sigüenza, Celso Emilio Ferreiro e Fermín Bouza-Brey. En castelán apareceron poemas de Manuel Machado e artigos de Cuña Novás e Filgueira Valverde, entre outros autores. Durante as festas da Peregrina de 1947 engadíuselle o suplemento Nuestra ciudad, onde incluía o poema en galego “Rogo a Yavé”, de Celso Emilio Ferreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Bolívar, Venezuela, situada ao S do país, na marxe dereita do río Orinoco (253.112 h [1992]). É o principal centro agrícola, gandeiro, mineiro (manganeso, bauxita e ferro) e comercial do Estado. O Orinoco é unha importante vía de comunicación fluvial. Fundada en 1764 por Joaquín Moreno de Mendoza co nome de Angostura, en 1846 cambiouno polo actual. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a catedral barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme documental realizado por A. Portela en 1926. Esta produción sufragouna o concello da Coruña e estreouse en 1927 con textos do escritor teatral Adolfo Torrado. Pretendía facer propaganda da cidade herculina no exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital dos Estados Unidos Mexicanos que constitúe un Distrito Federal da República (8.489.007 h [1995], na aglomeración urbana 20.000.000 h [estim 2000]). Emprázase sobre a antiga área lacustre de Texcoco, no altiplano de Anahuac, a máis de 2.200 m de altitude e 19° 0’ 24’’ de latitude N e 99° 9’ de lonxitude O.
    Xeografía

    Xeografía física
    A altitude e a súa situación interior, protexida dos ventos mariños do SO pola Sierra Madre del Sur, matiza bastante os rexistros climáticos, especialmente os térmicos; malia estar nunha latitude tropical, sitúase baixo o dominio climático continental temperado, cunha temperatura media anual de 18,9°C. O total de precipitacións anuais é de 819 mm, recollidos en 142 días de chuvia. A súa localización palustre explica a natureza aluvial dos solos e o carácter chan do seu centro, que está rodeado de construcións volcánicas; as máis elevadas son as do S e SO, onde superan os 3.000 m de altitude (Cerro Cruz del Marqués,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Monforte de Lemos dende febreiro ata abril do ano 1902, e que saíu dúas veces á semana. Subtitulada “Periódico Literario”, acolleu as seccións “Noticias generales”, “Sección local”, “Anuncios”, “Reflexiones”, “Calendaresco”, “Aberraciones” e “Croniquilla”. Colaboraron nela A. Lores, Eumenio Rodríguez, José R. Lence, Victoriano R. Gómez e José Castedo. No eido literario, ocasionalmente publicaba o apartado “Curiosidades etimológicas”, onde se analizaban tratamentos ou topónimos. Editou tamén a letra do himno anarquista, a tradución de textos da obra Pensées (Pensamentos), de Blas Pascal, poemas relixiosos e o soneto “Un retrato”, de Camilo Serrano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia do Alto Paraná, Paraguay, situada na marxe dereita do río Paraná, na fronteira con Brasil (133.893 h [1992]). Fundada en 1957, nun primeiro momento denominouse Puerto Presidente Stroessner. A proximidade con Brasil e coas cataratas do Iguaçu convertérona nun importante centro comercial e turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual que apareceu en Lugo en 1920. Acolleu unha gran cantidade de documentos relacionados coa doutrina teolóxica e ascética. Considerada como o órgano oficial do Centro Eucarístico Diocesano de Lugo, foi dirixida e redactada por Plácido Ángel Rey Lemos durante o tempo que estivo como bispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área natural da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, localizada uns 35 km ao NL da capital provincial. O territorio está constituído por uns 20 km2 de formacións cársticas que adopta formas variadas e caprichosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bolívar, Venezuela. Trátase dun centro comercial que resultou da fusión de Puerto Ordaz, San Félix, Matanzas, Caruachi e Castillito, na confluencia dos ríos Orinoco e Caroní (590.189 h [1996]). A poboación experimentou un gran crecemento debido á expansión económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do N do estado de Chihuahua, México, á beira do Río Bravo, na fronteira con Texas (EE UU), fronte á cidade de El Paso (789.522 h [1990]). A poboación aumentou por mor das relacións comerciais cos EE UU, intensificadas dende a entrada en vigor do Tratado NAFTA en 1994. Centro económico dunha rexión de cultivo intensivo, é o mercado do algodón máis importante do país. Fundárona os misioneiros franciscanos coa denominación de Paso del Norte en 1662. Durante a invasión francesa, Juárez instalou alí o seu cuartel xeral e na súa memoria cambióuselle o nome en 1888.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamaulipas, México (159.644 h [1990]). É un importante centro industrial, especialmente polas súas refinerías de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Sonora, México, situada na chaira litoral a carón do río Yaqui (219.180 h [1990]). Os proxectos de rego do Yaqui, realizados a partir dos anos cincuenta, converteron a cidade nun importante centro comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, situada nunha chaira drenada polo río Guadiana e polo seu afluente, o Jabalón (59.392 h [1996]). É unha zona moi fértil, onde destacan os cultivos de secaño, principalmente cereais, oliveiras e viña. Esta riqueza agrícola converte a cidade nun importante centro comercial agrario. A industria máis importante é a relacionada coa agricultura (fábricas de fariña, azucre e aceite), á parte da construción que adquiriu grande importancia. A cidade, de forma circular, presenta unha estrutura radial, de superficie moi extensa, con rúas rectilíneas e edificios baixos. Foi fundada en 1225 por Afonso X o Sabio co nome de Villa Real, no lugar que antes ocupara a vila de Pozuelo Seco de Don Gil. A súa finalidade foi asegurar a defensa entre Toledo e as vilas xa reconquistadas en Andalucía. A súa situación xeográfica, no centro do señorío da orde militar de Calatrava, foi motivo de loita permanente pola posesión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha (19.749 km2; 478.672 h [1996]). A capital é Ciudad Real. Está situada nunha chaira rodeada polos montes de Toledo e Sierra Morena, e atravesada de L a O pola conca do río Guadiana. O clima é bastante extremado, con invernos longos e fríos (mínimas inferiores a -5 C°). A economía é principalmente agrícola e destaca o cultivo da viña sobre as demais actividades. Existen pequenas explotacións mineiras, sobre todo de mercurio e hulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, á beira do río Águeda, afluente do Duero (14.901 h [1996]). É centro comercial e de transaccións agrícolas e gandeiras. Os principais cultivos son o tabaco, as hortalizas e as árbores froiteiras. A industria está representada por pequenas fábricas de materiais de construción; tamén ten minas de uranio e tungsteno. O primeiro asentamento que se coñece é o da antiga Mirobriga céltica, descrita por Plinio como unha cidade estipendiaria da Lusitania. Non hai máis referencias ata o s XII, momento no que foi repoboada polo conde Rodrigo Fernández. Durante a guerra entre Pedro I o Cruel e Enrique II de Trastámara (s XIV), pasou temporalmente á Coroa de Portugal, unha praza pola que se discutiu durante varios séculos. Coa invasión musulmá a cidade quedou destruída. Fernando II de León, despois de reconstruíla, concedeulle foro (1185) e a categoría de bispado. Durante a Guerra de Independencia foi conquistada por Napoleón e recuperada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Tamaulipas, México, nos contrafortes de Sierra Madre, drenada polo río Grande (194.996 h [1990]). O comercio, a industria téxtil e a alimentaria son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Mario Vargas Llosa en 1963. Presenta a vida dun grupo de adolescentes nun colexio militar, o Leoncio Prado, en Lima. A acción desencadeante é o roubo dun exame, suceso encuberto polos cadetes, que finalmente un deles denuncia á dirección do colexio. A investigación descobre unha serie de irregularidades de comportamento e pouco despois asasinan o delator. Aínda que outro cadete sinala o culpable, as autoridades militares deciden aparentar que non sucedeu nada extraordinario. A afirmación verbal da normalidade convértese na verdade oficial, que substitúe a verdade criminal. O tenente Gamboa rebélase contra a verdade imposta e destérrano, mentres os cadetes se reintegran á sociedade, dispostos a seguir os destinos que a súa posición social lles ofrece e a perpetuar a corrupción do sistema. Trátase dunha crítica a un modelo de educación baseado na aparencia de verdade e de xustiza, que utiliza pactos de cinismo para asegurar a vixencia do sistema. A técnica narrativa incorpora...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de carácter satírico que se editou a principios do s XX na Coruña. César Alvajar, coñecido xornalista e poeta satírico da época, foi o seu fundador.

    VER O DETALLE DO TERMO