"Coruña" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 103.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo e biblioteca fundados en 1835 que dependen da Deputación provincial da Coruña. Dispón de lectura en sala e préstamo a domicilio, hemeroteca, fonoteca e videoteca. Conta con máis de cen mil títulos, case mil publicacións periódicas e unha importante colección de microfilmes, microfichas, planos, mapas e gráficos. Posúe un manual de 1520 e, entre os fondos especiais, ten as bibliotecas galegas de Blanco Maneiro, Xosé Mosquera Pérez o vello dos contos, Luís Seoane e as bibliotecas de Carlos Martínez Barbeito e de Puga Pequeño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1951. Seis anos despois, baixo a presidencia de Miguel González Garcés, iniciou unha nova etapa máis orientada á promoción cultural. Entre esas actividades destaca a creación dun grupo de Teatro de Cámara e Ensaio dirixido por Antonio Naveira Goday. Esta agrupación presentou en 1959 o espectáculo O incerto señor Don Hamlet, a partir da obra homónima de Álvaro Cunqueiro e en 1961 estreou Os vellos non deben de namorarse, a partir do texto de Castelao. A pesar dos atrancos que houbo que superar e do escaso número de funcións realizadas, a estrea destes dous espectáculos veu confirmar a necesidade e as posibilidades dun teatro en lingua galega, marcando o inicio dunha lenta pero progresiva normalización da actividade teatral en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de profesionais da restauración fundada en 1998 co pulo decidido de Luis Moya e Luis Padín. Realiza actividades de formación en relación co coñecemento, consumo e manexo do viño, con especial atención aos viños galegos, e dirixidas aos profesionais do sector, aínda que tamén realizan actividades para o público en xeral. Noutras actividades os protagonistas son os vinagres, os aceites ou os licores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada na Coruña en 1885 para fomentar o estudo científico e literario. Nesta liña organizaba cursos académicos que duraban desde o 1 de outubro ata finais do mes de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída na cidade da Coruña o 1 de xullo de 1858. Obtivo a condición de banco emisor de moeda, que mantivo ata o decreto gobernativo que creaba o Banco de España e que lle outorgaba en exclusiva a este a competencia emisora; deste xeito, o Banco de La Coruña cesou as súas actividades en novembro de 1875. Un grupo de accionistas non conformes con esta nova situación crearon unha nova entidade, o Crédito Gallego (1875-1905).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída o 8 de decembro de 1917 por iniciativa de Dionisio Tejero Pérez, quen logrou que a súa iniciativa fose apoiada por importantes comerciantes e industriais coruñeses. Malia que tiña unha estrutura territorial ben asentada (50 sucursais e 12 axencias), non puido superar a crise financeira dos anos setenta, polo que foi absorbido o 17 de novembro de 1970 polo Banco de Bilbao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
É a banda municipal galega de máis recente creación. O día 15 de outubro de 1946, ano do pasamento de Manuel de Falla, tomouse o acordo da súa fundación nun pleno do concello coruñés, presidido por Eduardo Ozores Arráiz. Debutou a banda o día 26 de xullo de 1948, baixo a batuta de seu primeiro director, Rodrigo A. de Santiago, quen anos despois dirixiu a Municipal de Madrid. A presentación en público tivo lugar sendo alcalde Alfonso Molina Brandao. A posta en marcha deste prestixioso colectivo foi especialmente promovida por Antonio López Prado, entón concelleiro da Coruña. Nos seus comezos, a banda coruñesa tivo que ser nutrida de músicos procedentes de diversas bandas populares. Non tardou en convocarse un concurso-oposición para que cada unha das prazas chegase a ser cuberta por persoal titulado. Así se explica a súa rápida categoría, xa que todos os seus compoñentes son funcionarios de carreira. No ano 1967 tomou a batuta Roxelio Groba, que adoptou a modalidade do concerto comentado,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundouse no ano 1845 pero sen abrirse ao público xa que os seus fondos aínda estaban sen organizar. No ano 1851 a Comisión Provincial de Monumentos decidiu reunir nela os libros procedentes dos conventos suprimidos de San Francisco, Santo Domingos e os de San Agustiño da cidade da Coruña, amais dos do convento de Montefaro da Vila de Ares. No ano 1881 pasou a ser considerada biblioteca pública. A esta biblioteca contribuíron doazóns de Emilia Pardo Bazán, Antonio Casares, López Ferreiro e outros destacados autores galegos. En 1893 a Deputación dispuxo duns locais axeitados para a biblioteca, para almacenar uns fondos que seguían enriquecéndose. Os fondos máis antigos que posúe datan do século XVI, aínda que o groso do fondo antigo é dos séculos XVIII e XIX. Entre os chamados materiais especiais cómpre mencionar a biblioteca musical composta por partituras e documentación diversa, doada polos descendentes do músico coruñés Canuto Berea. No ano 1984 a biblioteca trasladouse do Pazo Provincial...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira biblioteca de carácter público creada na cidade da Coruña. Foi fundada en agosto de 1806 por un cóengo compostelán, Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, ilustrado e importante economista da súa época, así como un dos fundadores da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela; realizou o discurso de apertura José Lucas Labrada. Este cóengo destinou para a creación da biblioteca unha importante cantidade de cartos, amais da súa biblioteca particular. Esta biblioteca ten un fondo xeral composto por volumes, revistas antigas e folletos, e posúe obras dos ss XVI a XIX, moitas delas de temática económica. Outros fondos chegaron grazas a doazóns, como a biblioteca de Xosé Cornide, ou a legados, como os libros e mobles da condesa de Mina, Juana de Vega, unha das principais organizadoras dos Xogos Florais de Galicia. Así mesmo, cómpre salientar a importante colección de gravados gardados no seu interior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca inaugurada o 5 de setembro 1955 na Casa da Cultura, compartindo edificio co Arquivo do Reino de Galicia. Os fondos iniciais proceden do Instituto Eusebio da Guarda. Contén máis de 40.000 volumes, moitos deles proveñen das doazóns do Centro Nacional de Lectura e do Depósito Legal. Nos seus fondos hai obras do s XVI. Conta, amais, cunha sala de lectura, cunha sala de revistas e cunha biblioteca infantil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado pola Inspección Provincial de Ensino Primario que apareceu no ano 1934 na cidade da Coruña e que cesou no ano 1936. Subtitulada como “Órgano oficial de la Primera Enseñanza de la provincia”, esta publicación era coñecida tamén como “Publicación del Magisterio”. Proporcionaba información sobre normativas educativas, nomeamentos de mestres interinos, actividades que realizaban os colexios da comarca, etc. Tiña unha sección chamada “Galería de Educadores” e no número 5-6 de xaneiro e febreiro de 1935 reproduciuse un discurso de Miguel de Unamuno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín dirixido aos centros estatais de ensino primario, que apareceu posiblemente no ano 1954 na cidade da Coruña. Utilizaba a lingua castelá e non tivo unha periodicidade regular; normalmente editábase un número ao comezo do curso escolar e outro ao final. Entre as seccións figuraban títulos como “Sección oficial”, “Exposiciones y concursos”, “Ponencias” ou “Cáritas escolares”. Presentaba datos estatísticos, un almanaque escolar, comentarios, informes de inspección, etc. A sección “Cáritas escolares” ofrecía unha visión do maxisterio dende unha óptica relixioso-caritativa.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu probablemente nos anos trinta do s XX na cidade da Coruña. Segundo algúns investigadores, foi dirixida por Enrique María Santos Bugallo. A información que contiña referíase ao balance da Federación nos últimos meses e a proxectos inmediatos. Prestaban especial atención á información sobre o gando. Este boletín foi considerado como continuador das revistas Galicia Agraria e Galicia Social Agraria. Publicábase un editorial titulado “Con España y con el caudillo”, xunto cunha serie de slogans de tipo cooperativista e patriótico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que se editou na Coruña a comezos do século XX. En 1902 recibiu un premio nun concurso de xornais agrícolas que convocou a Asociación de Agricultores de España e a Cámara Agrícola de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade mensual que xurdiu na Coruña en 1929.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter profesional que xurdiu na Coruña en xuño de 1966 e que cesou en marzo de 1979. Saíu como continuador do Boletín Corporativo e seguiu a súa numeración. Tiña como colaboradores a Ricardo Díaz Fraga, Xosé Pérez Ardá, Xoán Manuel Liaño Flores e Pedro Pueyo Novo, entre outros. No sumario podíanse atopar seccións como “Política del derecho”, “Sección doctrinal”, “Sección legislativa”, “Práctica del derecho”, “Sección de jurisprudencia”, “Vida cultural del colegio”, “Avisos, ruegos y comunicados” ou “Mutualidad”. No número 11, con data de xaneiro de 1967, incluíase unha folla solta na que se anunciaba a constitución da Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación presidida por Manuel Iglesias Corral. Prometía dar cumprida conta desta información no seguinte número.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que viu a luz na Coruña mensualmente a partir de 1928. Ramón Fernández Cid dirixiu o Instituto e a publicación. A redacción tamén estaba composta por membros do Instituto como Rafael Fernández y Fernández, Xosé Manuel Pérez Alvarez, Xesús Mendieta y Anta, Federico Beato y González, Xosé Gimeno Nuñez e outros. No boletín afírmábase que colaboraban “todas las clases sanitarias”. Tiña apartados dedicados a “Orientaciones médico-sanitarias” ou a “Legislación”. Non obstante, este boletín destacou pola publicación de artigos, de ámbito nacional ou internacional, que incluían fotos en branco e negro, así como datos estatísticos en forma de táboas ou gráficos. Na última páxina levaba un aviso exhortando ás empresas a que se anunciasen nun medio que lle ofrecía seriedade e distinción. Na contraportada levaba impresa unha lista dos servicios que prestaba o Instituto, servicios que eran gratuítos para os pobres e que para os particulares supuñan unha taxa aprobada pola Excelentísima Deputación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade semanal aparecida ao redor de 1910 na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter deportivo que apareceu nesta cidade no ano 1963, elaborado polo propio club deportivo de fútbol. Estaba redactado en castelán. O periódico cubría as crónicas dos encontros, lembraba as figuras do fútbol e as historias do club, do fútbol modesto e do xuvenil. Tamén conta cunha sección que se titula “Humor, fútbol y pasatiempos”. Destaca pola súa profusión en fotografías en branco e negro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en maio de 1969 na Coruña. Redactado en castelán e de tendencia fascista, contou coa colaboración de Mario Velo, Luis Mariño Lafuente, Santos Sánchez e Marín Paniagua. No sumario atopáronse títulos como “Editorial”, “Universidad y nacionalsindicalismo”, “Guardia de Franco: noticias y actividades”, “Aquí la vieja guardia”, “Franco o el acierto político” ou “Ayuntamiento de La Coruña”.
VER O DETALLE DO TERMO