"Díez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 23.

  • PERSOEIRO

    Diplomático e poeta romántico. Foi representante español en México (1844-1847), Nápoles (1864) e París (1865). Recolleu as súas poesías en Ensayos poéticos (1840), onde usou preferentemente un tipo de oitava chamada bermudina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Formouse na Escuela de Bellas Artes de Caracas (1940-1945), onde foi profesor. Traballou no campo da publicidade e do deseño gráfico. Foi profesor na facultade de Periodismo da Universidad Central de Venezuela (1959-1960), na École Supérieure des Beaux Arts da Université d’Enseignement et de Recherches de París (1972-1973) e no Instituto Internacional de Estudios Avanzados de Caracas (1986-1993). En 1960 estableceuse en París e en 1986 regresou ao seu país para dirixir a Unidad de Arte do Instituto Internacional de Estudios Avanzados (IDEA) de Caracas (1986-1993). As súas obras, fisicromías e inducións cromáticas, inscríbense na arte cinética. Tendeu a integrar o espazo arquitectónico como elemento de ambientación das súas obras e realizou intervencións arquitectónicas en distintos lugares, como a Fisicromía de dobre face no Recinto Ferial Parque Juan Carlos I de Madrid (1991). Entre os galardóns que recibiu destacan o Gran Premio da III Bienal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e político. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidad de Madrid, foi profesor de xeografía e historia. En abril de 1969 ingresou no Partido Comunista de España (PCE) e en 1972, de novo en Galicia, participou na creación das xuntas democráticas, órgano de oposición unitaria ao franquismo, en representación do Partido Comunista de Galicia (PCG), organización na que foi membro do Comité Central e do Comité Executivo. Procesado nos últimos anos do franquismo, a lei de amnistía evitoulle o xuízo. Dende 1978 ata 1983 foi voceiro do grupo municipal do PCG en Lugo e de Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU) entre 1991 e 1999. Entre 1983 e 1985, como responsable de Política Institucional do PCG, coordinou e impulsou o traballo dos representantes comunistas nos concellos e no Parlamento de Galicia. En 1999 foi elixido secretario xeral do PCG e en outubro de 2000 coordinador nacional de EU-IU; ademais, foi o candidato de EU-IU á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Díaz.

    2. Liñaxe moi estendida por toda a Península. As súas armas levan, en campo de goles, unha aspa de ouro, e por orla oito aspas do mesmo metal, pero de menor tamaño. Algúns traen, en campo de ouro, seis bandas de azul. Entre as outras moitas variantes que se recollen para esta caste, destaca estoutra: en campo de azul, un castelo de ouro de tres torres, a do centro sumada dun guerreiro armado con armas brancas, cunha espada denuda na man dereita e un escudo na esquerda e as laterais, sumada cada unha dunha flor de lis de ouro, a cada lado do castelo unha columna tamén de ouro, sumada dunha aguia de sable; no cantón destro do xefe un sol de ouro e no cantón sinistro unha lúa de prata entre catro estrelas de ouro; bordo de goles con oito vieiras de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Estudiou Ciencias Económicas e Empresariais na Universidad Complutense de Madrid (1978-1983) e realizou estudios de gravado e debuxo (1983-1986). Traballou no Edinburg Printmakers Workshop (1986-1987). A súa obra parte do hiperralismo para presentar unha carga simbólica que aparece na captación de elementos arquitectónicos. O home está presente dun modo subliminal, xa que a súa presenza física é inexistente, pero a súa inmanencia emerxe dos seus iconos arquitectónicos como reflexo da súa acción sobre a natureza. Presenta un mundo enigmático no que se mesturan realidade e fición. Participou en mostras, entre outros países, no Reino Unido, Países Baixos, Noruega e en diversas cidades españolas. En Galicia realizou, entre outras, as mostras Visiones arquitectónicas (A Coruña, 1992) e Demasiado al este es oeste (Lugo, 1999), e participou, entre outras mostras colectivas, no III e no IV Premio de Grabado Máximo Ramos (1986-1987). Entre outras coleccións, ten obra no Museo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista. Alférez de Pero Niño, conde de Buelna, escribiu no s XV a crónica El Victorial ou Crónica de don Pero Niño, conde de Buelna, na que narra as fazañas do conde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formado posiblemente en Italia, a súa obra mostra unha influencia de Michelangelo. Asociado cos tallistas J. De Tours e K. Massiques, realizou entre outros, os retablos de Mollet, Dosrius e Canyamars. Consérvanse, entre outras obras, o Enterrament de Jesús (Enterro de Xesús, 1542) na igrexa do Sant Esperit de Terrassa, a imaxe da Mare de Déu de la Vitòria (Virxe da Victoria, 1556), da capela do Palau Reial Menor de Barcelona e a Mare de Déu (Virxe) do altar maior de Sanaüja (1543). Atribúeselle a Mare de Déu de Montserrat (Virxe de Montserrat) do arquivo da igrexa dos Sants Just i Pastor de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Académico e profesor. Licenciado en Dereito pola Universidad Central de Madrid, ampliou estudios nas universidades de Berlín e Friburgo. Foi letrado do Consejo de Estado desde 1936 e obtivo a cátedra de Historia de las Ideas y de las Formas Políticas da Universidad de Madrid en 1947. Foi asesor da Revista de Occidente e autor, entre outras obras, de El rapto de Europa. Una interpretación histórica de nuestro tiempo (1954), De historia y política (1957) e La monarquía de España en el pensamiento político europeo (1976). Entre outros galardóns recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales pola súa contribución á historia das ideas e das institucións políticas (1988) e o Premio Nacional de Literatura (1942) pola obra Mallorca; foi investido doutor honoris causa pola Université de la Sorbonne de París (1980), e recibiu a gran cruz da Orde do Mérito Civil e a da lexión de honor do goberno francés (1953). Desde 1965 foi académico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Traballou como funcionaria na administración do Estado ata que en 1983 comezou a súa carreira política no PSOE na Deputación de Bizkaia. No ano 86 foi elixida parlamentaria no Parlamento Vasco no que traballou en asuntos de Sanidade, Traballo e Acción Exterior ata o 1991, data na que foi nomeada Concelleira de Comercio no Goberno Vasco. Dende o 1999 ata o 2007 foi membro de distintas comisións no Parlamento Europeo. As súas críticas públicas opoñéndose ao diálogo con ETA distanciárona do PSOE e no verán de 2007 abandonou o partido para co-fundar Unión de Progreso y Democracia (UpyD) que conta cun escano no parlamento español gañado nas eleccións xerais de 2008, e outro no Parlamento Europeo gañado nas eleccións de 2009.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora e filóloga. Licenciouse en Historia Antiga e doutorouse en Filoloxía Clásica pola Universidad Complutense de Madrid coa tese Las Ninfas en la literatura y en el arte de la Grecia arcaica (1996). Foi investigadora visitante na Harvard University (1992-1994), profesora de bacharelato e dende 1998 profesora do departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao equipo español do Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae (1988-1996). Colaborou en Cuadernos de Filología Clásica, Gallaecia e Revista de Literatura, e escribiu, entre outros, Imágenes para un texto. Guía Iconográfica de las Metamorfosis de Ovidio (2000), Imágenes para un texto II. Guía Iconográfica de las Metamorfosis de Ovidio (2002) e Lecturas del mito griego (2002) con J. C. Bermejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de camiños. Foi inspector xeral do Cuerpo de Ingenieros de Caminos e traballou en Ourense, onde participou na construción da estrada nacional N-120. Interesado pola arqueoloxía, dedicouse á investigación e estudiou do campamento militar de Aquis Querquennis e o Itinerario de Antonino. Foi vogal da Comisión Provincial de Monumentos Históricos de Ourense e colaborou no seu boletín, onde publicou “Epifanía latina en la provincia de Orense” (1906), “Los caminos antiguos y el itinerario número 18 de Antonino en la provincia de Orense” (1906) e, con Arturo Vázquez Núñez, “La epigrafía latina en la provincia de Orense”. Escribiu De Clunia a Intercocia, según el itinerario número 18 de Antonino (1916). Pertenceu dende 1908 á Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciada en Belas Artes (1975), colaborou no equipo de traballo do arquitecto Alberto Noguerol del Río. Participou, entre outras obras, na Praza da Constitución de Camas (Sevilla), no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela, 1990), na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1991) e na casa do concello de Cangas (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo alemán. Foi profesor na Universidade de Bonn e, seguindo o seu maxisterio e a súa obra, formouse toda unha xeración de docentes que, na segunda metade do s XIX, ocuparon as cátedras das universidades alemanas. Fundador da filoloxía románica, foi tamén o mestre dos iniciadores desa disciplina en Francia, como Gaston Paris. Formado nos estudios clásicos da man de F. G. Welcker, a influencia do romanticismo levouno a interesarse polas antigas literaturas románicas. Comezou polo estudo dos antigos romances casteláns, algúns dos que traduciu ao alemán (Altspanische Romanzen übersetz, Romances do español antigo traducidos, 1818), pero, tras unha visita a Goethe en 1818, e por recomendación deste, dirixiu a súa atención cara á poesía trobadoresca. Froito deste novo interese son as obras Über die Minnehöfe (Sobre as cortes de amor, 1825), Die Poesie der Troubadours (A poesía dos trobadores, 1826) e Leben und Werke der Troubadours (Vida e obra dos trobadores, 1829), coas que inaugurou a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Foi primeiro violinista da catedral de Lugo e da Real Capela de Madrid. Exerceu a docencia no Conservatorio Nacional de Música y Declamación e foi autor de pezas e exercicios para violín. Recibiu a Encomienda de la Real Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, escritor e crítico teatral. Apostou decididamente pola modernidade, apoiou a incorporación do espírito e das tendencias vangardistas ás letras e ás artes e participou activamente en multitude de empresas e iniciativas tendentes a promover a modernización do Estado. Colaborador habitual de publicacións como La Pluma, Revista de Occidente, España, Índice, Madrid, Hora de España ou El Sol, os seus traballos de crítica teatral, dos que sempre se ten destacado a súa sensibilidade, erudición, responsabilidade e honradez, constitúen unha obrigada referencia para coñecer o pulso escénico e analizar as tendencias de renovación teatral que se intentaron desenvolver en Madrid durante o primeiro terzo de século; traballos publicados en catro volumes co título xenérico de Artículos de crítica teatral. El teatro español de 1914 a 1936 (1964). Cómpre salientar os seus estudios sobre “Bécquer y Eulogio Florentino Sanz” (1914), “Colegio de México: Horacio en México” (1940),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Allariz. As súas armas levan, en campo de azul, dez copas de colmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Colaborou, entre outros medios de comunicación, no xornal La Noche e en Radio Vigo. En 1953 incorporouse ao Faro de Vigo, onde asinaba as páxinas dominicais “Crónicas de lo insólito” e “Reportaje a la historia”. Ademais, publicou o libro de poemas Íntimo latido (1960) e os ensaios La bella Otero (1959) e Mujeres célebres (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Como membro do grupo Claraboya publicou a súa primeira e única obra poética, Señales de humo (1972). A súa obra narrativa é moi extensa e enmárcase nun universo propio, Celama, onde transcorren as diversas historias. Publicou Memorial de hierbas (1973), Apócrifo del clavel y la espina (1977), La fuente de la edad (1986, Premio de la Crítica e Premio Nacional de Literatura), El expediente del náufrago (1992), La ruina del cielo (1999, Premio Nacional de Narrativa) e El reino de Celama (2003). Ingresou na Real Academia Española de la Lengua en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, historiador e diplomático ecuatoriano. Formou parte do grupo de Guayaquil, xunto con D. Aguilera ou José de la Cuadra. A súa obra, marcada polo realismo, avanza na caracterización dos personaxes, na composición dos diálogos e nas reflexións monologadas, mentres que os temas reflicten a historia e a sociedade do seu país. Da súa produción destacan El muelle (1933), Hombres sin tiempo (1941), La hoguera bárbara (1944) e La Manticora (1974). Escribiu tamén os ensaios Thomas Mann y el nuevo humanismo (1956) e Ensayos de ensayos (1981). Recibiu o Premio Nacional de Cultura Eugenio Espejo (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Navegante. Seguindo a ruta establecida polos portugueses, en 1544 partiu da península de Malacca cara a Xapón. Realizou unha das primeiras descricións xeográficas de Xapón, enviada en 1548 por Garcia de Escalante Alvarado ao vicerrei de México.

    VER O DETALLE DO TERMO