"Diz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 94.

    1. Que dificulta a respiración e provoca abafo ou afogo.

    2. Que desprende un olor desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é fácil de atopar.

    2. Dise daqueles nenos orfos que son acollidos nunha institución benéfica.

    3. Neno acollido legalmente como propio por unha familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • acomodaticio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dificultade para respirar.

    2. Que é un lugar pequeno ou con mala ventilación que provoca problemas de respiración.

    3. Que se atafega con facilidade ante calquera dificultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de agudizar ou agudizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer máis agudo.

    2. Chegar a ser máis agudo.

    3. Filtrar os programas de debuxo que afinan o foco dunha zona delimitada. Emprégase para resaltar unha imaxe borrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e financeiro. De familia xudía, dedicouse aos negocios dende ben novo. Despois do Trienio Constitucional ou Liberal (1823) exiliouse en Londres, dende onde financiou a expedición que rematou coa monarquía absoluta en Portugal. No 1835 volta a España e foi nomeado Ministro de Facenda e logo Xefe do Goberno, tras do que ocupou de novo o Ministerio de Facenda (1836, 1837 e 1843). Sobranceira figura do Partido Progresista, promoveu dende o seu ministerio un paquete de reformas das que salientan, por unha banda, o alistamento xeral no exército (servicio que podía trocarse polo pagamento dunha indemnización), e por outra, a supresión de case todas as ordes relixiosas (1835) agás as dedicadas ao ensino e á asistencia, vendendo os bens do resto ( desamortización) en subasta pública (leis do 1836 e 1837). O obxectivo destas medidas era ao tempo de carácter económico e político, pero non foi plenamento desenvolvido. Cando no 1844 os moderados acadaron o poder exiliouse novamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Uzbequistán, capital da oblast de Andizan (313.000 h [1995]). Centro agrícola do val de Fergana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast de Uzbequistán (4.200 km2; 1.899.000 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de protección dos metais lixeiros e ultralixeiros -principalmente o aluminio e as súas aliaxes-, que consiste en recubrilos dunha película de óxido, adherente e continua, que se obtén ao facer actuar o metal coma un ánodo na electrólise dunha solución ácida. Os detalles da operación (tensión aplicada, tipos e densidade da corrente, temperatura e natureza do baño) varían segundo os procedementos e a composición do metal a protexer. A capa de óxido obtida é moi absorbente e a afinidade do aluminio polos colorantes permite tinguila das máis variadas cores. Para un correcto acabado, é necesario sempre obturarlle os poros mediante vernices, óleos ou ceras, ou por inmersión en baños adecuados. A anodización evita a corrosión, aumenta a dureza (a alumina é moito máis dura ca o metal) e, en consecuencia, a resistencia á abrasión, e forma unha capa que retén ben os lubrificantes e serve de base para unha boa adhesión de pinturas e vernices. Tamén pode proporcionar o illamento eléctrico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efectuar unha anodización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se anoxa con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Entre as súas obras, destacan: Antropología de España, Razas y tribus de Marruecos Antropología o historia natural del hombre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se deixa dominar facilmente por unha paixón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que tende a permanecer apartado.

    2. Quen é pouco sociable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se adhire con facilidade aos obxectos cos que entra en contacto.

    2. Dise da enfermidade que se pode transmitir dunha persoa a outra.

    3. Aplícase á persoa que anda constantemente ao redor doutra co fin de conseguir dela algún proveito ou finalidade.

    4. Que se retén e grava na memoria de xeito doado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que aprende algún oficio. Trátase normalmente dun menor de idade que traballa para un empresario, a cambio de que este ou un representante capacitado lle ensine un oficio ou un traballo industrial.

    2. Persoa que ten pouca experiencia nunha materia.

    3. Mozo que traballaba para aprender un oficio baixo da tutela dun mestre co que convivía durante un tempo variable segundo a idade e a capacidade do aspirante. O patrón proporcionáballe alimento e vestido e, nalgúns casos, un pequeno salario. Inscrito no gremio correspondente, unha vez rematado o contrato de aprendizaxe, non cotizaba nin tiña dereito a voto, nin podía cambiar de amo máis de tres veces. Acompañado do mestre, era examinado polos homes do gremio, ante os que debía realizar un traballo propio do oficio, a chamada “obra mestra”. Superada a proba, era inscrito na categoría de mancebo ou oficial.

    4. Primeiro dos tres graos básicos da francmasonería.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de aprender.

      2. aprendizaxe multimedia /

        Proceso no que se adquiren coñecementos empregando aplicacións informáticas nas que se combina texto escrito, son e imaxes previamente dixitalizados, coma nos CD-ROM educativos ou a través do teleensino.

      3. Proceso que implica un cambio real ou potencial do comportamento relativamente persistente, que é debido á interación suxeito-medio e que se fai posible por medio da actividade e/ou da observación do suxeito. Para que unha persoa poida aprender é preciso que o seu organismo acadase o correspondente nivel de desenvolvemento. Por medio da aprendizaxe clásica, formulada por I. P. Pavlov, o suxeito chega a comportarse ante un novo estímulo do mesmo xeito que ante un xa coñecido. A aprendizaxe operante, definida por B. F. Skinner, consiste en adquirir unha conduta que lle serve ao suxeito para chegar a satisfacer unha determinada necesidade. A psicoloxía guestaltista entende como algo que se produce de súpeto e asociado sempre a unha sensación que implica comprensión; só se o problema é moi difícil, cómpre recorrer ao ensaio e ao erro. O construtivismo, representado por J. Piaget e H. Wallon sostén que a aprendizaxe permite a formación das estruturas do coñecemento da persoa...

    1. Período durante o que se aprende un oficio ou unha profesión. Coa introdución da organización científica do traballo e a súa división, a formación profesional pretende acadar rendemento e rapidez na execución das operacións. A aprendizaxe pode perseguir a especialización do aprendiz ou unha formación global. A evolución técnica modificou profundamente a estrutura profesional e aumentou a mobilidade dos traballadores. A aprendizaxe adquiriu unha nova dimensión a través da readaptación profesional. Está, deste xeito, estreitamente relacionada coa orientación profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser arrastrado.

    VER O DETALLE DO TERMO