"EUR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 354.

  • PERSOEIRO

    Abade (980-1004) do mosteiro de Fleury (Saint-Benoit-sur-Loire). Colaborou na reforma de Cluny, defensor da autoridade papal e da liberdade dos mosteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada o 21 de decembro de 1992 e integrada pola República Checa, Eslovaquia, Hungría, Polonia e Eslovenia. Ten como obxectivo a progresiva redución dos aranceis,   así como a consecución da compatibilidade coas normativas da Unión Europea, coa idea de facilitar un futuro ingreso destes países na UE. Bulgaria, Romanía e os Países Bálticos (Estonia, Letonia e Lituania) solicitaron o ingreso nesta organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo que foi subscrito o 5 de Agosto de 1955 polos países membros da Unión Europea de Pagamentos para asegurar unha transición entre o sistema que a rexía e o retorno da convertibilidade. Entrou en vigor o 27 de decembro de 1958. Foi substituído, en 1972, polos acordos de Basilea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento asinado en febreiro de 1986 polos estados membros da CEE que modificou e complementou os tratados fundacionais das Comunidades Europeas. Aprobado polo Consello Europeo en decembro do 1986, entrou en vigor o 1 de xullo de 1987 despois do trámite de ratificación nos parlamentos dos estados membros. Con este documento confirmouse a data do 1 de xaneiro de 1993 para establecer un alicerce xurídico dirixido á consolidación dun gran mercado interior e único nos países integrantes, que garantira a libre circulación de persoas, bens e servicios, paso previo á unificación política dos estados da Unión Europea. O tratado ampliaba tamén os poderes dos órganos de goberno, con el a Comisión podía adoptar decisións por maioría cualificada e non tan só, como ata entón, por unanimidade; ademais, o Parlamento podía enmendar a lexislación. Acordouse, así mesmo, impulsar as políticas de investigación e de medio ambiente e harmonizar a política exterior dos estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de cooperación europea, constituído por persoas ou empresas pertencentes a dous ou máis estados. Os membros son responsables solidaria e ilimitadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade de Fleury (Saint-Benoît-sur-Loire, Francia). Autor dunha Historia dos Francos, a primeira parte das Milagres de san Bieito e a Vida de santo Abdón, o abade que o precedera. Foi asasinado cerca de Bordeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘fariña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das pironematáceas con frutificacións en apotecios como cuncas de ata 12 cm de diámetro, de cor alaranxada moi viva coa cara externa máis pálida. En Galicia é común A. aurantia sobre solos espidos e húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino que é un dos principais constituíntes ácidos da goma laca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello, actualmente en desuso, empregado para medir as calidades panificables das fariñas. Segundo o obxecto concreto de medición poden ser: alveógrafos, se miden o traballo de deformación da masa; amilógrafos, se rexistran as variacións de viscosidade; e farinógrafos, se rexistra a forza necesaria para mover as pas da amasadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia proteica que, como material de reserva, adóitase acumular en forma de gránulos, no citoplasma das células de moitas sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • afeccionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bolsa formada pola dilatación das paredes dunha arteria nun punto delimitado e en comunicación coa luz do vaso. A miúdo causa hemorraxias, embolias e lesións dos órganos circundantes. Pode ser conxénita ou conseguinte a unha acción patolóxica posterior ao nacemento. O aneurisma desecante, localizado moi frecuentemente na aorta, prodúcese pola infiltración de sangue entre as paredes da arteria; o aneurisma arteriovenoso relaciónase cun saco aneurismático que comunica unha arteria cunha vea; e o aneurisma micótico é o producido por un axente infeccioso.

    2. Dilatación dunha parte dun ventrículo do corazón semellante a un aneurisma, causada por un infarto de miocardio.

    3. Enfermidade ocasionada por nematodos que parasitan na capa muscular das arterias de diversos mamíferos (cabalos, tenreiros, etc), especialmente dos individuos novos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao aneurisma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sutura do saco dun aneurisma por diversos procedementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence ao grupo dos anfineuros.

    2. Molusco do grupo dos anfineuros.

    3. Grupo de moluscos mariños, moi primitivos, que carecen de cuncha (aplacóforos) ou ben están dotados dunha serie de placas dorsais articuladas (poliplacóforos). Son litorais e reptan polo fondo ou nadan. É un grupo con poucos representantes, o máis importante deles é o quitón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate a neuralxia.

    2. Medicamento que combate a neuralxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que prevén ou combate a inflamación dun nervio.

    2. Nome xenérico dos axentes que combaten a neurite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastornos do sistema vasomotor (anxiospasmo, anxioparálise) motivados por causas psíquicas, especialmente de tipo emocional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana fibrosa, resistente, que cobre os músculos e mantén unidos os seus feixes de fibras (aponeurose de envoltura) ao mesmo tempo que os une aos órganos que funcionan coa súa contracción (aponeurose de inserción).

    VER O DETALLE DO TERMO