"España" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 58.
-
PERSOEIRO
Rei de España (2.1.1871-11.2.1873). Fillo do Rei de Italia Víctor Manuel II, foi Duque de Aosta antes de ser proclamado Rei de España logo do destronamento de Isabel II. Proclamado polas Cortes Constituíntes en novembro do 1870, Amadeo aceptou formalmente a Coroa en decembro, chegando a Madrid o 2 de xaneiro do 1871. Abdicou o 11 de febreiro do 1873. Foi popularmente coñecido en España como Amadeo de Savoia. O seu foi un reinado breve e complexo, caracterizado en Galicia pola permanente conflitividade: os campesiños, mostraban a súa insatisfacción como consecuencia da subida dos impostos e as levas; os carlistas, que non recoñecían a Amadeo I, deron comezo á Terceira Guerra Carlista, que mobilizou a numerosas partidas guerrilleiras, con o obxecto de restituír o pretendente Carlos no trono, logo da abdicación de Isabel II; os republicanos, que tampouco recoñecían a Amadeo de Savoia, promoveron unha rápida conquista de poder que culminou coa Insurreción de Ferrol do 11 de outubro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación Máximo Gorki de Solidariedade entre os Pobos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Madrid en 1903 para a explotación de fábricas de azucre, refinerías e destilerías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria creada en 1988. Anteriormente se denominaba Casa de Banca Perfecto Castro Canosa. En 1996 pasou a denominarse AM Agrupació Mutua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo financeiro español dependente do estado que cumpre as funcións de banco central. Ata o 1782 non se conseguiu a fundación dun banco oficial, o Banco de San Carlos, que foi substituído no 1829 polo Banco español de San Fernando. Logo de fusionarse co Banco de Isabel II (que fora fundado en 1844) orixinou o Novo Banco Español de San Fernando, e foille concedido o privilexio da emisión de billetes para todo o estado, feito que lle foi outorgado en monopolio, no 1874, por un período de 30 anos. No ano 1856 recibiu a denominación actual. Nesa época estableceu as súas primeiras sucursais en Galicia: na Coruña en 1874 e en Vigo en 1875; en 1886 abriunas en Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra. Coa lei de reforma bancaria do 1962, o banco quedou estruturado como columna vertebral do sistema financeiro do estado español. Foi absorbido polo estado e convertido nun organismo público autónomo, dependente do Ministerio de Finanzas, coas funcións de asesorar e executar a política...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria dependente do estado, constituída en Madrid no 1928 e adxudicada á Sociedade Anónima de Crédito Nacional Peninsular e Americano, co obxectivo de fomentar o comercio exterior de España e todo tipo de relacións económicas con outros estados. No ano 1940 a maior parte do capital estaba nas mans do INI, o cal principiou o proceso de privatización. No 1962 iniciouse a política inversa, traspasando a totalidade das accións do Instituto de Crédito Oficial (ICO). O Banco Simeón de Vigo formou parte do seu grupo na década dos oitenta; así mesmo, integráronse no grupo o Banco de la Exportación, o Banco de Alicante e o Banco Cantábrico. En 1991, ao mesmo tempo que o resto de bancos estatais, integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade oficial de crédito a longo e a medio prazo fundada no ano 1872 en Madrid, promovida polo Banco de París e dende os Países Baixos. Dende a súa formación tivo como obxectivo os préstamos hipotecarios sobre inmobles situados no ámbito estatal español. No ano 1933 pasou a ser controlado totalmente por accionistas españois. Dende o 1962 depende do Instituto de Crédito oficial (ICO), integrado en Argentaria (Corporación Bancaria de España) en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada en Barcelona en 1897 ao fusionarse a sociedade aseguradora La Previsión, fundada en 1880, e o Banco Vitalicio de Catalunya, creado en 1881. En 1991 pasou a formar parte do Holding Asegurador Central-Hispano-Generali.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O artigo 4. 1. da Constitución Española, aprobada en 1978, sinala que a bandeira de España está formada por tres faixas horizontais, vermellas a primeira e a terceira, mentres a central é amarela e de dobre anchura. Foi Carlos III quen no ano 1785 implantou para a mariña real un pavillón que é a actual bandeira de España, en substitución do pavillón branco, propio da casa real, que ostentaban os navíos da armada e era motivo de confusións cos pavillóns doutros países onde reinaban os Borbóns. No ano 1843, a bandeira da mariña converteuse na oficial do Estado, agás durante a II República, que adoptou a bandeira tricolor, con tres faixas horizontais da mesma anchura: vermella, amarela e morada, como lembranza do suposto distintivo dos comuneiros de Castela. Trala Guerra Civil, o goberno franquista decidiu restituír o modelo tradicional vermello e amarelo dourado, incluíndo no centro o escudo coa aguia imperial. A actual bandeira de España foi instituída pola Constitución de 1978. O escudo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade creada en 1858 para construír e explotar a liña de Madrid a Hendaia. Explotou unha importante rede de ferrocarrís, formada tanto polas súas liñas e polas construídas pola Comisión de Ferrocarriles Transpirenaicos del Estado, como polas liñas da compañías que absorbeu (Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona e Barcelona, Ferrocarril de Lleida a Reus e Tarragona, Ferrocarril e Minas de Sant Joan de les Abadesses, Ferrocarril Silla-Cullera, Ferrocarril do Leste de España, Ferrocarril de Tudela a Bilbao e Ferrocarril de Asturias, Galicia e León). Desapareceu en 1941 coa creación de RENFE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro da Bancroft Library.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que apareceu en abril de 1994 en Rio de Janeiro como órgano de expresión da Casa de España. A publicación xurdiu baixo a presidencia de Antonio Maceiras Cela e Ana Cristina Halegua foi a editora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie documental publicada entre 1842 e 1895, que consta de 113 volumes, máis dous índices aparecidos en 1930-1931. Foi dirixida por Martín Fernández de Navarrete, Miguel Salvá e Pedro Sáinz de Baranda e, posteriormente, por José Sancho Rayón, Francisco de Zabálburu e o marqués de Fuensanta del Valle. En xeral, ofrece numerosos documentos dos ss XVI e XVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade anónima constituída pola Lei 25/1991, do 21 de novembro, pola que se establece unha nova organización das entidades de crédito de capital público estatal con consideración de entidade de crédito e estatuto de banco. Coñecida polo seu nome comercial (Argentaria), foi a cabeceira dun grupo que reuniu todas as entidades financeiras (bancos e entidades públicas de crédito) pertencentes ao Estado: Banco Exterior de España, Banco Hipotecario de España, Banco de Crédito Local de España, Banco de Crédito Agrícola e Caja Postal de Ahorros. Os primeiros anos do grupo, baixo a xestión de Francisco Luzón, que impuxo un modelo de banco federado, serviron para transformar as antigas entidades de crédito de capital público estatal e organismos autónomos en sociedades anónimas para iniciar o proceso de privatización en 1993. En 1998, baixo a presidencia de Francisco González, culminou o proceso de privatización que permitiu consolidalo como o terceiro banco na clasificación de entidades españolas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista científica dedicada ao estudo da historia medieval da Península Ibérica, fundada en Bos Aires en 1944 por Claudio Sánchez Albornoz. Cesou a súa publicación en 1981. Editada polo Instituto de Historia de España, impulsou de maneira decisiva os estudios -especialmente de historia política e institucionais- dos reinos de Asturias, Castela e León na Idade Media.
-
GALICIA
Arquitecto. Activo entre 1730 e 1756, contratou a obra de construción da Audiencia e Capitanía Xeneral, e do Cárcere Real da Coruña (1748), obra que abandonou en 1758. En 1756 substituíu a Simón Rodríguez na construción do desaparecido cuartel do barrio de Santa Isabel de Santiago, no que debía seguirse o proxecto de 1741 realizado polo enxeñeiro Juan Vergel, obra que tamén se lle atribúe a Lucas Ferro Caaveiro e Domingo Cayetano Gil (1752).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Pascual Madoz publicada en Madrid entre 1845 e 1850 e agrupada en dezaseis volumes. Contén datos sobre as entidades de poboación de España e as súas características xeográficas, onde se recollen aspectos sociais, demográficos e económicos.
-
ENTRADA LARGA
Emblema propio de España, símbolo do seu Estado.
VER O DETALLE DO TERMO
Lexislación
No Artigo 1 da Lei Orgánica 33/1981 de 5 de outubro defínese do seguinte xeito: “O escudo de España é cuarteado e entado en punta. No primeiro cuartel, de goles ou vermello, un castelo de ouro, ameado, aclarado de azur ou azul e con cachotería de sable ou negro. No segundo, de prata, un león rampante, de púrpura, linguado, uñado, armado de goles, coroado de ouro. No terceiro, de ouro, catro paos, de goles ou vermello. No cuarto, de goles, unha cadea de ouro, posta en cruz, aspa e orla, cargada no centro dunha esmeralda de sinople ou verde. Entado en punta, de prata, unha granada ao natural, aberta de goles ou vermello, tallada e foliada de dúas follas de sinople ou verde. Acompañado de dúas columnas, de prata, coa base e capitel de ouro, sobre ondas de azur ou azul e prata, superada a coroa imperial a destra, e dunha coroa real a sinistra, ambas de ouro, e rodeando as columnas unha cinta de goles, cargada... -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa Occidental que ocupa a maior parte da Península Ibérica e inclúe, ademais, os arquipélagos balear e canario, as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, outros territorios insulares da costa setentrional de África no mar de Alborán (Peñón de Alhucemas e Islas de Mar y Tierra, Islas Chafarinas e Peñón de Vélez de la Gomera) e o municipio transpirenaico de Llivia, enclave en territorio francés unido á fronteira por unha estrada internacional. Ocupa unha superficie de 505.009 km2, nos que acolle unha poboación de 46.951.532 h (2010). A capital é a vila de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO
Localización e límites
A España peninsular esténdese latitudinalmente entre os 36° 00’ 03’’ N no seu punto máis meridional (Tarifa), e os 43° 47’ 34’’ N no máis setentrional (Estaca de Bares); lonxitudinalmente o seu extremo oriental correspóndese cos 3° 19’ 13’’ L (cabo de Creus) e o occidental cos 9° 18’ 19’’ O (cabo de Touriñán). Limita ao N con Francia, nunha fronteira trazada... -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe moi espallada por toda a Península. As súas armas levan, en campo de sinople, un acio de uvas, de ouro; outros, en campo de prata, un acio de uvas de sable, acompañado de dous pámpanos, de sinople, superados por senllas coroas, de ouro. Algunha variante trae, en campo de prata, un león rampante de goles, armado e lampasado de azul; bordo de sinople con oito escudiños de ouro co bordo de goles; dous lemas, Cominges et foix e Nulla is mundi me immutabit, emenando credendo.