"Felis" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos da familia dos félidos, de ata 120 cm de lonxitude, de caveiros superiores moi grandes que lles sobresaían ao pechar a boca. Cazaba fundamentalmente á espreita en zonas de bosques mestos, de xeito parecido ao xaguar. En Sudáfrica conviviu cos homínidos austropitecinos dos que foi probablemente depredador. Habitou África, Asia, Europa e América do Norte dende finais do Plioceno ata mediados do Pleistoceno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos ao que pertencen os gatos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo derivado do adxectivo latino felix, felīcis ‘frutífero, fértil, fecundo’, e despois ‘favorito dos deuses’, e de aí ‘contento’; en época romana converteríase nun cognome moi usado, e despois un nome independente con valor augural. Presenta as variantes Fins e Félix (cultismo). A forma feminina Felisa é de orixe descoñecida; quizais poida tratarse dunha evolución semiculta de Felicia, por influxo de Elisa. A forma galega Fiz resistiu a castelanización ao se conservar como apelido. Con este nome destacan os santos san Fiz de Nola (s III), celebrado o 25 de xullo, e san Fiz o Africano ou de Girona (s IV), patrón dos concellos de Cabana, Nigrán e Vilar, e que se celebra o 1 de agosto, agás en Entrimo onde se celebra o 2 de agosto. En Galicia ten moita sona a romaxe bergantiñá de San Fins do Castro (Cesullas-Cabana): na fonte santa lavan con panos os membros doridos para sandar; inda que...
-
PERSOEIRO
Narrador. Autor de relatos con moito humor e fantasía, próximos ao surrealismo, da súa produción destacan Libro sin tapas (1929), La envenenada (1931) e La casa inundada (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos carnívoros, da familia dos félidos, que miden máis dun metro de lonxitude e presentan unha cola de 60-90 cm. Os machos pesan uns 45-65 kg e as femias 20 kg. O pelame é de cor gris ou ocre, con elipses escuras. Aliméntanse de aves e mamíferos de mediano tamaño. Distribúense polo S de China, Burma, Indochina e nas illas de Sumatra, Borneo e Taiwán. Habita nas selvas onde a vexetación é densa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos de pequeno tamaño, da familia dos félidos, que presentan o pelame amarelo pardo con manchas e liñas negras. Viven en América do Sur, e a este xénero pertencen as especies O. colocolo, O. geoffroyi e O. guigna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos da familia dos félidos, que ten como único representante P. marmorata, un felino de entre 45-60 cm de lonxitude, cunha cola de ata 55 cm, de cor parda clara, con pencas escuras nas patas, e unhas liñas negras por abaixo e brancas por arriba, no lombo e nas orellas, mentres que a cara está atravesada por dúas raias negras que van desde o curuto aos ollos. Aliméntase de aves, réptiles, anfibios e roedores e é máis activo durante a noite que durante o día. É natural de Asia, e distribúese desde Nepal ata o S de China, onde habita nas selvas. É unha especie con estatus vulnerable debido á perda da selva tropical.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos, da familia dos félidos, co corpo de tamaño medio, pelame pardo alaranxado na parte dorsal e branco na ventral. Destacan a especie P.aurata, coñecida como gato dourado africano, que vive no bosque tropical de África ecuatorial.