"Gallego" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 106.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ó inicio da Guerra Civil Española, o número de refuxiados galegos en Asturias superaba os 7.000, destacando pola súa importancia os militantes e simpatizantes anarcosindicalistas. Este colectivo comezou a organizarse a comezos do inverno de 1936-1937, creando a Agrupación Confederal Galaica en Asturias coa intención de prestar asistencia a evadidos e promover a incorporación dos galegos residentes en Asturias a unidades militares controladas pola CNT. Na constitución da agrupación, participaron cadros moi coñecidos da CRG, como Alfonso Fandiño, de Santiago, Serafín Varela, de Lugo, Melquíades Lestón, de Porto do Son, ou Miguel Vázquez Valiño, de Noia. Andando o ano 1937, a Agrupación foi recoñecida con carácter informativo polo Comité Nacional da CNT cando xa contaba con cerca de 600 afiliados e unha delegación en Bilbao. Pouco antes da caída da fronte do Norte, o seu exemplo espallouse a Madrid, Valencia, Barcelona, Cartagena e Girona, onde entre 1937 e 1938 se artellaron as dúas Agrupacións...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe nada en Bos Aires o 6 de febreiro de 1898 como complemento de El Eco de Galicia (1892). Cesou no ano 1927. Fundada e dirixida por Manuel Castro López, contaba coa colaboración de Carré Aldao, Benito Fernández Alonso, Xesús R. López, Lence Santar, Leiras Pulpeiro e Murguía, xunto á participación artística de Asorey e Álvarez de Sotomayor, entre outros. Incluíanse textos en prosa sobre historia, costumismo e sociedade, traducións ao galego de textos bíblicos de Pérez Ballesteros e poesías de Curros, Pondal e Noriega Varela, entre outros. Ademais de partituras, fotografías, reprodución de cadros e debuxos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe saída no ano 1909, dirixida e redactada por Adelardo Novo e Casimiro Fernández. Aparecían nel poesías de Francisco Añón, Rosalía, Curros Enríquez, Bieito Losada, García Ferreiro e Adelardo Novo, xunto a unha balada do mestre Chané. Informaba sobre persoeiros galegos en Cuba, agrupacións musicais, a historia das principais institucións galegas na emigración e ofrecía datos sobre as Sociedades de Instrución, cunha conclusión sobre o traballo dos galegos en Cuba nese ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre director de orfeóns. Comezou a súa traxectoria profesional como profesor no orfeón vigués La Oliva ata que no 1900 ocupou a súa dirección. No 1909 encargouse tamén da dirección do orfeón Sociedad de Agricultura de Teis. Despois de numerosas actuacións en Galicia, Madrid e Portugal, trasladouse a Bos Aires (1911) onde pasou a dirixir o Orfeón Gallego, a Agrupación Artística Gallega e o Orfeón Hispano-Argentino.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos anos trinta dedicouse á avogacía en Vigo, exercendo como procurador, ao tempo que colabora nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista, no que foi secretario, en 1936 exiliouse a Cuba, onde desempeñou o cargo de secretario da Presidencia. Co golpe de estado do Xeneral Batista renunciou a este posto e dedicouse de cheo a escribir na prensa. Anos despois intentou volver a Galicia pero foi detido e veuse na obriga de marchar de novo, instalándose en Miami onde permaneceu ata a súa morte. As súas colaboracións xornalísticas espállanse por numerosas publicacións, como as revistas cubanas Carteles e Bohemia e nas dos centros galegos da Habana, Bos Aires, México, etc. No terreo da crítica literaria destacan os seus artigos sobre Rosalía de Castro cos que obtivo os dous primeiros premios do concurso convocado polo Centro Galego da Habana con motivo do centenario...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter anual editada polo grupo Editorial Compostela, S A, iniciada no ano 1992. Coordinada por Juan Salgado, conta cunha serie de apartados, divididos en meses e dedicados a “Economía”, “Internacional”, “Galicia”, “Deportes”, etc. Introduce amais cadros estatísticos, gráficos, debuxos e fotografías dos acontecementos máis impactantes do mundo nese ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación anual aparecida en Vigo no ano 1959 con referencias, datos e informes referidos a esta actividade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador vasco. Catedrático na Universidad de Salamanca (1960-1969) e na Autónoma de Madrid. As súas obras Los afrancesados (1953), La España de Fernando VII (1968), La burguesía revolucionaria (1974), El modelo constitucional español de siglo XIX (1979) e La hacienda del Antiguo Régimen (1982), analizan os inicios da revolución liberal española. Doutor Honoris Causa polas Universidades do País Vasco e de Salamanca, foi tamén Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais en 1991. A súa Enciclopedia de historia de España recibiu en 1992 o Premio Nacional de Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade privada constituída por diversas persoas e organizacións que representan os consumidores e defenden os seus intereses. En España a súa actividade está regulada polos artigos 20 e 22 da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores do 19 de xullo de 1984. Foi refundada o 9 de marzo de 1993 por iniciativa de Juan Carlos Ulla Otero e parte da desaparecida Asociación Galega de Consumidores e Usuarios. Federada na Confederación de Consumidores e Usuarios (CECUA), encárgase de tramitar as reclamacións e queixas dos consumidores propoñendo iniciativas lexislativas ante os parlamentos, dando charlas ou realizando e publicando estudios sobre temas relacionados cos intereses dos consumidores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de restauradores galegos, espallados por toda España, que naceu en 1986, pola iniciativa dun grupo de propietarios de restaurantes, encabezados por Indalecio Pascual, coa idea de aunar esforzos a prol da defensa e promoción colectiva dos valores culturais e gastronómicos da cociña galega. Ata 1996 estivo presidida por José Limeres Guillé e, dende entón, ocupa a presidencia Elicio Magallanes Rodríguez. Esta asociación, que ten representantes nas catro provincias galegas e tamén en Madrid, Barcelona, Badajoz e Huelva, colabora habitualmente coa administración galega en proxectos divulgativos da gastronomía de Galicia e, dende os seus comezos, edita anualmente a revista Lareira, de contidos gastronómicos-turísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociacións que se crearon nas catro provincias galegas a finais do s XIX. Organizaron congresos, certames e exposicións para debater a situación e mellora do ensino en Galicia de principios do s XX. Participaron na Exposición Rexional Galega de 1909.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada no ano 1988 con domicilio social en Santiago de Compostela. A súa orixe atópase no Banco Hijos de Olimpio Pérez (1847), posteriormente Banco de Crédito e Inversiones (1964). Dende 1997 pertence á Caixa de Aforros de Vigo, actualmente no grupo Caixavigo e Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial aparecida en Santiago de Compostela no ano 1949. Tentaba, coa publicación de obras de temática variada, un coñecemento máis profundo de Galicia e a difusión do mundo das artes, da literatura, da historia e da etnografía. Participaron neste proxecto Sánchez Cantón, Filgueira Valverde, Ramón Cabanillas, Gaspar Massó e Antonio Rey Soto, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que comezou a publicarse en La Habana en 1915. Cesou en 1955. A lingua que utilizaba era o castelán agás algunha frase esporádica ou algunha cita en galego. Este boletín era un xeito de “gaceta oficial” que recollía textualmente todo o que se dicía nas sesións da Asamblea de Apoderados. Serviu de libro de actas e incluía debates, informes de comisións especializadas, balances financeiros, contabilidade, situación do sanatorio, do teatro, do colexio, etc. Trátase dunha valiosa crónica que dá mostra do esforzo e interese común dos emigrantes polas institucións que os agrupaba. Cada edición do boletín tiña case 300 páxinas. Publicouse regularmente durante uns 45 anos, ata que o Centro Galego desapareceu.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Bos Aires en xaneiro de 1913, que cesou en xuño de 1926, cando chegaba ao número 163. Trátase da primeira publicación oficial do Centro Galego da capital arxentina. En 1918 cambiou o seu nome polo de Centro Gallego de Buenos Aires. Boletín oficial e, en novembro de 1923, Centro Gallego de Buenos Aires. Boletín mensual. Tiña periodicidade mensual. Foi dirixido por Juan Manuel Pérez, José Blanco Amor, Eduardo Blanco Amor, Valentín Fernández e Luís Seoane, en diferentes etapas. Incluía información variada acerca do propio Centro Galego. Nas páxinas de creación literaria en castelán incluíronse artigos de homenaxe a Leiras Pulpeiro, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Teodosio Vesteiro Torres ou Manuel Murguía; necrolóxicas, como a de Añón; poesía de Rey Soto, García Ferreiro, Rosalía de Castro ou Curros Enríquez; e textos literarios de Juan Neira Cancela, Barcia Caballero e Aurelio Ribalta, entre outros. Nas seccións dedicadas á lingua galega e tituladas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada polo Centro Galego de Barracas al Sud, na cidade arxentina de Avellaneda. Saíu o seu primeiro número o 1 de setembro de 1903. De periodicidade mensual, sufriu diversas interrupcións nos anos 1921 e 1922, e sobre todo a partir de 1927; ademais, desde ese ano sairá cada dous, tres ou catro meses. O seu primeiro director-administrador foi A. Paredes Rey, para seguir logo, pero só como directores, Abelardo Álvarez, Francisco Bárcena e, a partir de 1915, H. Chantrero. Nun editorial en castelán de 1903 xa quedaban explicitados os seus obxectivos: achegar Galicia aos emigrantes, conservar a tradición inculcándolla aos descendentes e facer respectar o nome de “gallego” en América. A utilización do galego quedaba case restrinxida ás páxinas poéticas, xa que a publicación era case toda ela en castelán, pero a nómina de autores que pasaron polas súas páxinas foi importante. Así publicaron traballos en castelán, sobre historia, Benito Vicetto ou Xaquín Costa; Antón Villar Ponte e Xoaquín...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folleto publicado en 1620 que se atribúe a Pedro Fernández de Castro, conde de Lemos, no que pide o voto en cortes para Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada no ano 1902 polo erudito suízo-americano Henry R. Lang. Esta publicación -de título completo Cancioneiro gallego-castelhano. The extant galician poems of the Gallego-Castilian Lyric School (1350-1450)- constitúe un piar básico no estudo da denominada escola lírica galego-castelá, manifestación literaria encadrada entre a produción trobadoresca dos ss XIII-XIV e as escasas mostras dos Séculos Escuros (ss XVI-XVIII). Recóllense nesta obra 74 composicións escritas entre 1350 e 1450, en galego ou nunha lingua híbrida que mestura elementos e estruturas lingüísticas castelás con outras máis ou menos galeguizadas. Estes poemas atopábanse espallados por diferentes cancioneiros peninsulares dos ss XV e XVI, sendo o Cancionero de Baena o principal fornecedor de autores e poemas desta escola e desta obra de Lang. Exceptuando a Macías o Namorado e aquelas composicións de carácter anónimo, o resto dos autores son de fóra de Galicia (Alfonso Álvarez de Villasandino, o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Rosalía de Castro, considerada como o primeiro gran título da literatura galega contemporánea e o libro fundacional do Rexurdimento en Galicia, ao ser o primeiro escrito integramente en lingua galega. Na súa elaboración influíu a pegada da música popular, a recuperación romántica da tradición, as culturas autóctonas e as manifestacións populares, e a obra de Antonio Trueba Libro de los cantares (1852). O libro publicouse grazas ao empeño do seu home, Manuel Murguía, quen considerou o seu valor como difusor do sentimento galeguista. A primeira edición, impresa nos obradoiros tipográficos de Xoán Compañel en Vigo, data de 1863, e a segunda fíxose en Madrid (1872), con catro composicións novas. Rosalía foi consciente de que escribía dende un país marxinado e esta obra reflite, a pesar do seu manto folclorista e costumista, unha ideoloxía de defensa e exaltación dos valores específicos de Galicia, ao tempo que denuncia as inxustizas que sufría. Estruturalmente, conta cunha...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu por primeira vez en Montevideo en decembro de 1930. Posteriormente, denominouse Revista del Centro Gallego, Galicia e Centro Gallego de Montevideo. Nesta primeira etapa editou 166 números e tres edicións extraordinarias. Malia que orixinalmente a revista se redactaba en castelán, recolleu nas súas páxinas textos en galego. Nun principio, Constantino Sánchez Mosquera dirixiu a publicación ata que xa nos últimos tres números foi relevado polo xornalista e poeta Xulio Sigüenza.
VER O DETALLE DO TERMO