"Gard" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 88.
-
-
Permanecer certo tempo nun lugar ou situación ata que chegue algo ou alguén ou se produza o que esperamos.
-
Permanecer nun lugar ou situación e deixar pasar o tempo ata que ocorra o que esperamos.
-
-
PERSOEIRO
Botánico e matemático sueco. Foi o primeiro en facer unha descrición xeral das diatomáceas ou bacilariáceas. Abandonou o seu traballo científico cando foi nomeado Bispo de Karlstad.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arseniato de cobre e itrio hidratado, YCu6(AsO4)3(OH)18·3H2O. Cristaliza no sistema hexagonal e os cristais son alongados, dispostos en feixes fibrosos, de exfoliación nula e cor verde azulada. Ten dureza 3-4 e peso específico 2,72.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘agardar’.
-
PERSOEIRO
Escultor italiano. Foi discípulo de debuxo de Ludovico Carracci. Restaurou obras clásicas en Roma (1625). Autor da Tomba del Cardenal Mellini (Santa Maria del Popolo, Roma). Foi un clásico académico que reaccionou contra o barroquismo de Bernini.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Na mitoloxía xermánica o ceo, mansión dos ases.
-
-
Bebida obtida por destilación de líquidos prodecentes da fermentación alcohólica de diversas materias hidrocarbonadas naturais.
-
Bebida espirituosa obtida a partir de bagazo de uva fermentado e destilado, ben directamente por vapor de auga, ben previa adición de auga, á que puideron engadírselle pousos do mosto nunha proporción determinada, efectuándose a destilación en presenza do propio bagazo a menos do 86% do volume, cun contido en substancias volátiles igual ou superior a 140 g/Hl de alcohol a 100% do volume, e cun contido máximo de alcohol metílico de 1000 g/Hl de alcohol a 100% do volume, segundo a normativa da Unión Europea. A augardente pertence ao mesmo tipo de bebida ca os marc franceses, as grappas italianas, as bagaçeiras portuguesas e os tsiroupos gregos. O grao normal da augardente está entre 47° e 50°, unha das bebidas máis fortes do mundo, comparable co vodka ruso, cos calvados de mazá de Normandía ou co ron de cana das Antillas. A destilación para a obtención de alcohol é un descubrimento árabe, e non anterior ao século X. A primeira utilización do alcohol foi...
-
Tintura de xalapa (Exogonium purga); ten acción purgante drástica.
-
-
-
Persoa que vende ou destila viño, froitas e outras substancias para a obtención da augardente.
-
Persoa á que lle gusta moito a augardente.
-
-
-
Que contén augardente.
-
Que semella ou ten as propiedades da augardente.
-
Voz áspera e ronca.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos begardos.
-
Membro dunhas sociedades heréticas fundadas no s XIII, que toman o nome de Roberto le Bègue, predicador de Liexa. Os begardos caracterizábanse por consagrarse a Deus, aceptando o celibato e dedicando a súa vida a obras piadosas sen someterse a ningunha orde nin regras. As súas relacións coa Igrexa institucional durante a Idade Media foron bastante difíciles, pois sempre pesou sobre eles a sospeita de herexía. No s XV moitas destas comunidades xa se tiñan transformado en institucións de caridade. As súas equivalentes femininas eran as beguinas.
-
-
PERSOEIRO
Soprano alemana. Debutou en Friburgo no 1971 no papel de condesa (Mozart), posteriormente tamén actuou en Düsseldorf e Frankfurt. En 1976 debutou no Covent Garden interpretando a Leonora (Beethoven) e a Georgetta de Il tabarro), no Metropolitan Opera House de Nova York. Está considerada como unha das sopranos dramáticas máis importantes da súa xeración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e filósofo francés. Estableceu unha teoría atomista baseada na idea dos corpúsculos redondeados e traballou nunha teoría corpuscular da luz e da atracción das masas. En Dubitationes in dialogos Galilaei pro terrae inmobilitate (Dúbidas nos diálogos de Galileo sobre a inmobilidade da Terra, 1632) considerou a Terra inmóbil, en desacordo con Galileo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Clarinetista de jazz norteamericano, coñecido co nome artístico de Barney Bigard. Tocou na orquestra de Duke Ellington e foi un dos mellores representantes do estilo de Nova Orleans.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Derek van den Bogaerd.
-
PERSOEIRO
Industrial e inventor. Foi un vangardista dos deseños con fachada de estrutura metálica, realizando construcións deste tipo na súa propia fábrica (1848-1849) e no Harper’s Bazar (1854) de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín bilingüe editado cada semestre en La Habana, dende 1946 ata 1958. Gabriel Míguez Deus foi o director e redactor, aínda que ás veces contou coa colaboración do asociado Manuel Roldán. Esta publicación realizaba a función de órgano da Unión Mugardesa de La Habana e, como tal, estaba centrada nas actividades desta entidade: festas, vodas, falecementos, notas históricas de Mugardos, crónicas dos pescadores, relatos en castelán con intercalacións en galego, cantigas da comarca, etc. Á marxe destas composicións populares descoñécese a existencia doutras colaboracións literarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía creada en 1776 co fin de atender as necesidades de formación dos oficiais da Armada, de acordo coas novas esixencias da navegación e da guerra. Constituíuse como un centro científico no contexto do movemento ilustrado. Seguindo o modelo da que existía en Cádiz, tiña unha estrutura militar e outra docente, constituída pola Academia, supeditada á primeira. O mando correspondía a un capitán de navío. O primeiro en exercer o cargo foi Francisco Javier de Winthuysen. Os gardas mariñas de Ferrol chegaron a dispoñer dun regulamento específico: Instrución para Guardias Marinas de la Compañía del Ferrol (1806). A creación desta compañía axudou a impulsar a actividade do departamento naval de Ferrol e favoreceu que acudisen pilotos, astrónomos, matemáticos e outros especialistas á cidade. Ademais, a Academia posuía un observatorio único en Galicia. Nas clases de capacitación para oficiais estudiábase aritmética, xeometría, trigonometría, cosmografía, navegación, artillería e manobras....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra exterior constituída por dúas caras que forman ángulo, edificada diante dun baluarte para cubrirlle as frontes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical creada en 1987 e integrada na Federación Coral Galega (FECOGA). Composta aproximadamente por 45 voces mixtas, dirixiuna Miriam Fernández-Pareja y Marín, entre outros profesionais. Participou en numerosos certames e obtivo diversos galardóns, entre os que destacan o premio á mellor interpretación da obra barquereña no XXVI Certamen Nacional de la Canción Marinera de San Vicente de la Barquera (1993), I Premio no VIII Certame Coral de Noia (1995), III Premio no Concurso de Corais de Galicia (1995), Lira de Bronce no XXIX Certamen Nacional de la Canción Marinera de San Vicente de la Barquera (1996), II Premio no Concurso de Corais de Galicia (1996), I Premio no Certame de Corais de Galicia Vila de Marín (1998 e 1999) e III Premio no XVI Certamen Internacional de Corales Villa de Avilés (1999). En 1997 gravou o CD Desde mi orilla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro londinense, tamén coñecido como Royal Opera House, cunha capacidade para 3.000 espectadores. Foi construído por John Rich, propietario dunha das dúas licencias para teatros que había na época, e inaugurado en 1732 nun coñecido distrito residencial de Londres, cun espectáculo baseado nunha obra de William Congreve, The Way of the World (Os camiños da vida). Destruído por un incendio en 1808, reconstruíuse rapidamente e volveuse inaugurar cunha produción de Macbeth en 1809. Foi un dos primeiros teatros de Europa en introducir a iluminación de gas, feito que tería unha enorme incidencia nas pautas interpretativas e provocou unha reacción que conduciría, a finais de século, ao abandono da xesticulación esaxerada, á redución da declamación e ao realismo. A partir de 1859, as súas producións comezaron a recuperar a orientación inicial que combinaba os espectáculos teatrais coa ópera e o ballet.