"Herford" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Político. Como presidente de EE UU (1877-1881) tentou unha política de conciliación cos estados do Sur. Mediou na delimitación da fronteira entre Arxentina e Paraguay (1878) e lexislou con acerto en materia económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, entre a selva de Teutoburg e as montañas do Wichen (63.300 h [1990]). Fundada no s IX, foi membro da Hansa Teutónica desde 1342.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de actividade nuclear ou radioactiva que equivale a 106 desintegracións por segundo. En termos do becquerel e do curie exprésase como 1rd=106 Bq = (1/3,7) 10-4 Ci.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou na University of Cambridge como alumno de J. J. Thompson e foi profesor en Montréal (1898), Manchester (1907) e Cambridge (1919), onde tamén dirixiu o Cavendish Laboratory (1919-1937). Investigou a radioactividade, os gases e a materia e estableceu un modelo de átomo (modelo atómico de Rutherford). En 1899 descubriu a radioactividade do torio e identificou os raios á e â das radiacións radioactivas. Estudou o núcleo atómico e a masa dos neutróns e, en 1906, identificou as partículas á como núcleos de helio e, con Geiger, ideou un método para contalas (1908). En 1919 descubriu a transmutación de elementos, que investigou xunto con J. Chadwick (1921-1924). Obtivo o Premio Nobel de Química en 1908 pola súa investigación na desintegración dos elementos e a química das substancias radioactivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Experimento realizado por E. Rutherford en 1911, cuxos resultados serviron para postular a teoría atómica do mesmo autor (modelo atómico de Rutherford). Consiste no bombardeo de láminas moi finas de ouro ou de prata con partículas á. Obsérvase que a maioría destas atravesan as láminas sen sufrir desviación ningunha, mentres que unha pequena proporción experimenta diversas desviacións e unha de cada 20.000 é reflectida pola lámina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo atómico postulado por E. Rutherford en 1911 a partir dos resultados do seu experimento. Propuña que o átomo estaba constituído por un núcleo, que ten concentrada toda a carga positiva e a case totalidade da masa atómica e, xirando arredor deste, os electróns, cunha velocidade tal que a súa forza centrífuga ten que compensar a forza de atracción electrostática exercida polo núcleo. O número de cargas positivas do núcleo ten que ser igual ao número de electróns que xiran ao seu redor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento de número atómico 104. Provén do bombardeo do californio 13 con carbono 12 ou carbono 13 para obter, respectivamente, o isótopo 257 ou o 259. Ten unha vida media de 3,4 segundos para o primeiro isótopo e de 3,8 para o segundo. Sintetizado na URSS e en EE UU independentemente, xurdiu polémica con respecto á preparación do elemento e o seu nome (kurchatovio para os rusos e rutherfordio para os americanos). En 1997 a IUPAC adoptou este nome, tras unha anterior denominación (unilquadio).

    VER O DETALLE DO TERMO