"Hue" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 44.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto aragonés. Construíu a igrexa do Seminario de Teruel; tamén edificou e renovou en Cuenca diversas igrexas e capelas da catedral e en Málaga fixo obras de arquitectura civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Guadalajara, Castela-A Mancha, na comarca de La Alcarria e drenado polo río Tajo (3.101 h [1996]). A súa economía é de base eminentemente agropecuaria: destacan os cultivos de hortalizas na veiga do Tajo e de cereais, así como a gandería ovina e a apicultura (mel de La Alcarria). O armentío ovino abasteceu tradicionalmente de materia prima as industrias do sector téxtil, como a Real Fábrica de Paños (s XVII). Dentro da vila cómpre salientar as igrexas de Santa María de la Peña, románica, e de San Felipe, de estilo oxival, ambas do s XIII, e os xardíns e o castelo de Peña Bermeja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción militar da Guerra de Sucesión á coroa española (1701-1714), celebrada en Brihuega o 9 de decembro de 1710, que supuxo un importante triunfo para a causa de Filipe V.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. [Arachi

    2. Froito do cacahuete, consistente nun legume de casca dura que garda no seu interior dúas ou tres sementes.

      1. Semente do cacahuete que ten un elevado poder enerxético (5,9 cal/g) e un alto contido en calcio e fósforo. Aínda que se pode comer directamente, habitualmente está sometida a procesos industriais de torrefacción e consómese, especialmente, amodo de refrixerio, aínda que tamén como ingrediente nas especialidades de repostería (frecuentemente como substituto económico da améndoa).

      2. manteiga de cacahuete

        Preparado untable elaborado coa graxa da semente de cacahuete, obtida mediante un proceso de torrefacción, branqueo e moído fino dos cacahuetes. O seu uso está moi estendido nos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario satírico aparecido en Vilagarcía de Arousa o 18 de abril de 1907. Subtitulado como “Órgano de los trasnochadores, con imprenta prestada”, desapareceu probablemente no nº5 (19 de maio de 1907); en 1908, outra publicación, El Percebe, comprou todos os seus obradoiros e a propiedade intelectual. Editábase na imprenta de Juan Cid. Foi dirixido e redactado polo escritor Ricardo Urioste, segundo aparece reflectido en El Umia. Ao longo de catro páxinas intercalaba as seccións “Alcance telegráfico”, “Cacahueterías”, “Política al día” e “Última hora”, xunto cun apartado de anuncios non pagados, empregados para a crítica satírica dalgunha persoa ou institución, entre elas, o propio concello. Malia ter escasas contribucións literarias, rexístranse algúns poemas en castelán e un poema en galego asinado por Rivadulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e historiador de arquitectura e de urbanismo. Estudiou arquitectura na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1936) e socioloxía e urbanismo na University of Columbia (EE UU). Foi catedrático da Escola Superior de Arquitectura e director do Museo de Arte Contemporáneo en Madrid (1958). Foi senador (1977-1979) e conselleiro do reino (1978-1979). Entre as súas obras destacan La catedral de Valladolid: una página del siglo de oro de la arquitectura (1947), La catedral nueva de Salamanca: Historia documental de su construción (1951), Museo del Prado: Guiones de arquitectura (1952), Historia de la arquitectura española (1965), Breve historia del urbanismo (1968), La crisis del lenguaje arquitectónico (1972), Historia de la arquitectura occidental (1974), Liberalismo, ideas y recuerdos (1989), El Palacio Real de Madrid (1993) e Arquitectura de Madrid, siglo XX (1999). Participou tamén nas obras colectivas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Realizou estudios musicais no Conservatorio de Madrid. Colaborou en varias pezas con Joaquín Valverde. Destacado compositor de zarzuelas, na súa produción sobresaen La canción de la Lola (1880), La Gran Vía (1886), Cádiz (1886), Agua, azucarillos y aguardiente (1887) e La alegría de la huerta (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago da provincia de Chubut, Patagonia oriental, Arxentina, situado ao L do lago Musters. Asolaga unha superficie de 800 km2 e o seu emisario é o río Chico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e tradutor. Foi un dos máis firmes defensores do teatro español tradicional e o autor dunha obra que se considera como a mellor traxedia neoclásica, titulada Raquel (1785). Membro das Academias da Lingua e da Historia, publicou unha obra fundamental, Teatro español, en 18 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na beira setentrional do río Guadalquivir e ao pé de Sierra Morena (4.687 h [2001]). A súa economía baséase no sector primario, principalmente na agricultura, a gandería e a explotación mineira de hulla e lignito. A industria é artesanal. Do seu patrimonio cultural destacan o xardín de Moratalla e a igrexa mudéxar de Santa María de las Flores, declarados Ben de Interese Cultural en 1983 e 2002, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou en Francia co pintor Andre Lothe. En 1925 comezou a traballar como ilustrador da revista Vogue en París. En 1935 marchou a Nova York para colaborar en Vogue e Harper’s Bazaar e, logo, en Hollywood, participou en diversas producións cinematográficas. Publicou Hellas (1943) e Mexican Heritage (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Thua Thien-Hue, Vietnam, situada á beira do mar da China Meridional (219.149 h [1992]). Atravesada polo río Hue, é un núcleo industrial téxtil, da seda e do algodón. Antiga capital do imperio annamita, conserva numerosos monumentos desta época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui. En 1856 foi ordenado sacerdote e en 1881 foi promovido á diocese de Tui. Fundador da Asociación de Salvamento de Náufragos para socorrer os mariñeiros, foi un activo carlista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Coñecido como John Ford Madox, adheriuse ao imaxinismo. Fundou a English Review (1908) e, en París, a Trasatlantic Review. Elegante estilista, estivo influído por Henry James e Joseph Conrad, sobre os que escribiu ensaios en 1914 e 1924. Escribiu a novela The Good Soldier (1915), Collected Poems (1928), o ensaio The English Novel (1930) e unha triloxía sobre Katherin Howard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Guatemala (7.400 km2; 879.987 h [estim 2000]). A súa capital é Huehuetenango (19.922 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao pé de Sierra Mágina, nas cordilleiras Béticas (6.067 h [2001]). Posúe agricultura (cereais, legumes e oliveiras), gandería e explotación de minas de grafito. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo de Solera, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1993, e a igrexa parroquial de La Concepción, BIC desde 1981.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Andalucía (142.284 h [2001]). Está situada entre as marismas do Odiel, ao O, e o esteiro do Tinto, ao L. A explotación das minas de cobre e pirita de Riotinto provocou o seu desenvolvemento urbano e industrial a partir do establecemento de capital e colonos británicos na segunda metade do s XIX. As actividades comerciais relacionadas coa explotación mineira converteron o seu porto nun dos máis importantes do S da Península Ibérica. Fundada polos fenicios co nome de Onuba, constituíuse como reino taifa en 1032 e desde 1051 dependeu da Taifa de Sevilla. Reconquistada por Íñigo de Mendoza (1238), foi cedida á casa ducal de Medina Sidonia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa mudéxar de San Pedro, o convento de La Merced (s XVII), declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1970, o santuario de Nuestra Señora de la Cinta e o conxunto histórico artístico do barrio obreiro de Reina Victoria, declarado BIC en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Andalucía (10.148 km2; 462.579 h [2001]). Integrada por 79 municipios (2003), a súa capital é   Huelva. Limita ao N coa provincia de Badajoz (Extremadura), da que a separa a serra de Aracena, e ao S co Océano Atlántico, no sector do golfo de Cádiz comprendido entre as desembocaduras do Guadalquivir e do Guadiana, que lle serven de fronteira ao L e ao O, respectivamente, coa provincia de Sevilla e con Portugal. O seu relevo caracterízase polo contraste entre a serra de Aracena e o sector máis occidental de Sierra Morena, na zona máis setentrional, e a depresión do Guadalquivir, no resto do seu territorio. A parte dos dous grandes colectores que a delimitan, a rede hidrográfica artéllase ao redor dos ríos Tinto e Odiel. A súa costa, que se prolonga 145 km, é moi aberta. O 60% son praias, entre as que destaca a Playa de Castilla, que ocupa todo o treito costeiro comprendido entre o esteiro do Tinto-Odiel e o Guadalquivir (65 km). O Parque Nacional de Doñana,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero artiodáctilo ruminante, de 1-1,5 m de lonxitude e unha altura en cruz de 0,7-1,2 m. Ten o fociño alongado co extremo nu, os ollos pequenos e a cornamenta pouco desenvolvida. Habita na rexión andina de Ecuador, Perú e Bolivia e ao N de Chile, entre 3.000 e 5.000 m de altitude. Tamén se denomina taruca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado ao NL da capital provincial e á beira do río Andarax (8.278 h [2001]). O sector primario é a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO