"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1fil(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
3fil(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada que nun radical orgánico sinala a perda de dous hidróxenos, deixando dúas valencias libres, no mesmo átomo de carbono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada que nun radical orgánico sinala a perda de tres hidróxenos, deixando dúas valencias libres, no mesmo átomo de carbono.
-
PERSOEIRO
Químico-físico norteamericano.
VER O DETALLE DO TERMO
Descubriu, xunto con E. M. McMillan, o elemento 93, o neptunio. Suxeriu un proceso de obtención de mostras enriquecidas de uranio 235, empregado aínda hoxe na industria nuclear.
Propuxo o uso de radioisótopos en biofísica e atopou aminoácidos e ácidos graxos en materiais de máis de 1.000 millóns de anos. -
-
Calidade de accesible.
-
-
Concepto utilizado para facer referencia ao grao potencial de interacción dun espazo determinado (núcleo de poboación, comarca, rexión, etc...) co resto dunha unidade territorial de escala maior á que pertence. Mídese mediante relacións de mobilidade e a través dunhas infraestruturas e medios de transporte específicos. Tense cada vez máis en conta o papel da accesibilidade (en relación coa facilidade de circulación de persoas, mercadorías e información) no desenvolvemento económico do territorio, permitindo a difusión de capital e innovacións dende os espacios centrais ás áreas periféricas. É necesario destacar a importancia que no futuro terán as novas tecnoloxías, que posibilitan a existencia de fluxos de capital e información a través de redes informáticas e telemáticas. O carácter deslocalizado e a homoxeneidade espacial no acceso a estas redes permite competir en pé de igualdade a espacios periféricos, como é o caso de Galicia, cos principais centros económicos e de decisión a nivel...
-
accesibilidade de Galicia co exterior
A deficiente accesibilidade de Galicia co resto de España e, por extensión, co resto de Europa, ten sido dende sempre un dos principais factores apuntados para explicar a situación periférica e o tardío desenvolvemento de Galicia. Tralo declive das comunicacións marítimas no s XVIII e o auxe da mobilidade a través das vías terrestres, Galicia pasa a ocupar unha situación de marxinalidade. A periférica situación xeográfica respecto aos centros de poder peninsulares, unha orografía que opón dificultades ao trazado das vías de comunicación entre Galicia e a Meseta e a marxinación nos investimentos por parte do Estado, foron factores decisivos para explicar a mala accesibilidade que, de xeito crónico, padeceu o país, tanto por estrada como por ferrocarril. No que respecta ao transporte por estrada, claramente maioritario hoxe en día, no Plan Director de Infraestruturas (documento de planificación de infraestruturas a realizar entre 1993 e 2007 polo Ministerio de Obras Públicas e Transportes),...
-
accesibilidade interna de Galicia
A accesibilidade interna do territorio galego experimentou un grande avance nos últimos tempos, grazas ás melloras realizadas na rede de estradas. Consistiron basicamente na construción de autoestradas, autovías e vías rápidas, modificacións de trazados, ancheamento de plataformas, melloras no firme, etc... Non obstante , a maior parte dos investimentos tenden cada vez máis a concentrarse na metade occidental e, dentro dela, no Eixo Atlántico, un espazo que se desenvolve entre Ferrol e a fronteira portuguesa, incluíndo importantes cidades galegas (Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo), e que coas cidades do Norte de Portugal, lideradas por Porto, constituiu un grupo de presión así denominado, para defender os seus intereses diante dos seus respectivos gobernos centrais e as comunidades europeas, xestoras dunha importante porcentaxe dos orzamentos dedicados ás infraestruturas. Nel concéntrase o 70% da poboación galega e o 75% da riqueza xerada....
-
-
Concepto da lóxica que se aplica na teoría literaria, aludindo á literatura de fición, á concepción de mundos posibles, referíndose as relacións de accesibilidade aos elementos que identifican as relacións dun mundo considerado posible verbo doutro asumido como real, e ao xeito no que esa posibilidade se establece.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de aceptable, que pode ser admitido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado da anilina. Substancia cristalina, neutra e estable. Obtense a partir da anilina e o ácido acético glacial. Non moi tóxica, o home emprégaa en medicina como analxésico e como antipirético. Emprégase tamén na industria de vernices.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Universalmente coñecido polo seu nome comercial de aspirina. Sobre o organismo ten efecto analxésico, antiinflamatorio, antipirético e antiagregante plaquetario. Tamén pode provocar efectos secundarios como a produción de úlceras gástricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de acidófilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carencia de pestanas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gens de orixe plebea romana á que pertencían os seguintes persoeiros: Mano Acilio Glabrión (201-191 a C), tribuno da plebe e vencedor de Antioco III de Siria na batalla das Termópilas; Acilio Gaio Glabrión , filósofo, introduciu as ideas gregas en Roma contra o ano 150 a C; Mano Acilio Glabrión, pretor (70 a C), cónsul (67 a C) e Gobernador de Bitinia, loitou contra Mitridates III, rei dos partos; e Mano Acilio Glabrión , cónsul con Traxano (91 d C), condenado por Domiciano por se converter ao Cristianismo. Dende ese momento a familia posuíu un hipoxeo no cemiterio de Priscila. Ata a metade do s III foron moitos os familiares do mesmo que acadaron o título de cónsul.
-
-
Relativo ou pertencente aos polímeros ou copolímeros acrílicos.
-
Pertencente ou relativo ao ácido acrílico ou aos seus derivados.
-
Líquido corrosivo, de cheiro agre, que se polimeriza moi facilmente en presencia de osíxeno. Por copolimerización permite introducir grupos carboxilo nos copolímeros. Emprégase como monómero para obter polímeros acrílicos, algúns acrilatos por esterificación e como intermediario na síntese orgánica.
-
Ácido acrílico do 97% ou máis riqueza, capaz de cristalizar a temperaturas invernais.
-
Tipo de polímero que ten unha cantidade predominante de éster acrílico en forma de acrilato de etilo ou de acrilato de butilo en cadea de polímero. A natureza e estrutura destes polímeros fainos resistentes á acción degradante dos aceites a temperaturas de 175-180°C, e pasivos ao ataque do osíxeno e do ozono. Complementariamente son salientables a súa estabilidade á calor, e a flexibilidade e impermeabilidade aos gases. Os elastómeros acrílicos posúen grupos reactivos (éster e α-hidróxeno) que son aptos para vulcanizar.
-
Nome xenérico das fibras téxtiles constituídas por un polímero sintético de cadea longa composto, cando menos nunha proporción do 85% en peso, por unidades acrilonitrilo -CH 2 CH(CN)-. O acrilonitrilo puro polimerízase facilmente en poliacrilonitrilo, composto que ao ser modificado por copolimerización é apto para a fabricación de fibras. As características da fibra obtida dependerán do monómero que se inclúe na copolimerización e das condicións nas que este proceso se desenvolve. En xeral son fibras moi lixeiras e de enorme resistencia, o que as fai imprescindibles no mundo téxtil substituíndo a miúdo a la; tamén son fáciles de tinguir, de lavar e ademais non se engurran. Son aptas para a confección dunha enorme cantidade de artigos (calquera tipo de prenda e mesmo en aplicacións industriais) e empréganse soas ou mesturadas con fibras naturais (la ou algodón).
-
Composto resultante da polimerización do ácido acrílico. Esta polimerización faise normalmente por radicais libres en solución acuosa. Os copolímeros máis importantes son: divinilbenzeno, estireno, acrilamida e ácido metacrílico.
-
Resinas basicamente formadas polos polímeros e copolímeros dos ésteres dos ácidos acrílicos e metacrílicos, ben que os polímeros e copolímeros destes ácidos, xuntamente cos da acrilamida e as súas amidas substituídas, presentan tamén certas propiedades de carácter de resina acrílica. Estes produtos exhiben unhas características de transparencia, resistencia química á luz e á intemperie semellantes en todos eles. As propiedades físicas e químicas destes produtos están influídas polos pesos moleculares dos polímeros e o establecemento de enlaces cruzados. Os seus usos máis importantes son: plásticos moldeados, con diversas formas ou laminados. Tamén son usados na industria téxtil, na industria de pinturas e na industria do papel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección polos acuarios e os peixes de acuario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carencia conxénita dos dedos das mans ou das dedas dos pés.
-
-
Calidade de adaptable.
-
Aptitude dos seres vivos para se axustaren ás variables do medio ambiente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dos tres nucleótidos isómeros, ésteres monofosfóricos da adenosina, que se identificaron nos tecidos dos seres vivos e que só difiren pola posición do hidroxilo da ribosa que se encontra esterificado. O ácido 2’-adenílico e o ácido 3’-adenílico forman a mestura coñecida polo nome de ácido adenílico do lévedo. O ácido 5’-adenílico é coñecido como ácido adenílico do músculo e encóntrase nos tecidos animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de admisible, do que é aceptable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de aeronavegable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amabilidade no trato e na forma de ser.