"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada de orixe grega que se emprega nos procesos de creación de palabras co significado de ‘movemento’. Ex: citocinese, discinesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-cines(e/ia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
-cines(e/ia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘dende o comezo, dende a orixe’.
-
PERSOEIRO
Científico nado en Irlanda pero de orixe e educación francesas. Estudiou o magnetismo terrestre e realizou co seu irmán, Arnaud Michel d’Abbadie estudios xeodésicos, filolóxicos, lexicográficos e xeográficos en Etiopía (1837-1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria infantil caracterizada pola ausencia de betalipoproteínas e a presenza de acantocitos no soro sanguíneo. Outras anomalías que adoitan acompañala son: esteatorrea, retinite pigmentaria, retardo no crecemento, deficiencia mental e alteracións neuromusculares. Tamén se chama síndrome de Bassen-Kornzweig.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Todo tipo de publicidade realizada por un anunciante en medios de comunicación de masas, tales como televisión, cine, prensa, radio, Internet e carteis publicitarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estruturas vexetais con nervios que rematan bruscamente.
-
-
Acción de absterse ou abster.
-
Actitude que consiste en absterse dos praceres materiais.
-
-
Privación dun pracer ou dun manxar, especialmente de carne, en cumprimento dun precepto relixioso ou dun voto especial.
-
Precepto da Igrexa Católica referente á abstención de comer carne ou derivados da carne en determinados días do ano, principalmente os venres durante a Coresma.
-
-
Conxunto de síntomas que aparecen ao interromper a administración dunha determinada substancia, á que unha persoa desenvolvera adicción e tolerancia por un consumo habitual.
-
Teoría económica formulada por M. W. Senior e a escola de economía vulgar, que considera a abstinencia como requisito para a acumulación do capital.
-
-
-
Que se abstén.
-
Que practica a abstinencia.
-
-
Que respecta e observa as abstinencias impostas por preceptos relixiosos.
-
Designación que recibían na Igrexa primitiva os homes e mulleres que se abstiñan do matrimonio e de calquera relación sexual como vieiro para o perfeccionamento relixioso.
-
-
Corrente gnóstica que se caracterizaba fundamentalmente polo desprezo do mundano, do alimento e do matrimonio como feitos demoníacos que, dun xeito ou doutro colaboraban na suxeición da alma á prisión opresiva da materia. O agnosticismo foi documentado na Aquitania, nas Galias e na Hispania por Filastro de Brescia a finais do s IV. Por fontes priscilianistas, sábese da presencia en Galicia dunha comunidade quase-abstinente composta por cregos e leigos, homes e mulleres, mesmo parellas, dedicados á práctica ascética. Defendían o xaxún non preceptivo, a lectura pía e a oración. Ademais, pénsase que non consumían carne e celebraban conciliábulos nocturnos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no ano 1949 polo goberno da República Popular de China. Substituíu á Academia Sinica, trasladada a Taipei ao final da Guerra Civil polo goberno nacionalista. Consta de cinco departamentos: física e matemáticas, química, ciencias biolóxicas, ciencias da Terra e ciencias tecnolóxicas. A sede central da academia está en Pequín, sen embargo, ten delegacións nas principais cidades chinesas. Un sexto departamento, que se ocupaba das humanidades acabou por constituír no ano 1977 a Academia Chinesa de Ciencias Sociais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academy of Motion Picture, Arts And Sciences.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Académie Nationale de Médecine.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución científica fundada en París no ano 1820 co nome de Académie Royale de Médecine; en 1947 adoptou o nome actual. É un organismo consultivo encargado de estudar cuestións de saúde, alimentación e hixiene pública.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore ou arbusto monoico de ata 25 m de altura, de casca non suberosa. As follas acadan ata 5 cm de lonxitude e son perennes, coriáceas, tomentosas e de beira enteira, dentada ou espiñenta. Presenta flores en amentos que orixinan landras cun caparucho que as cobre ata a metade. A súa madeira é pesada e dura, mala de traballar, pero moi empregada para a elaboración de carbón vexetal. Na Península Ibérica distínguense dous tipos arbóreos considerados taxonomicamente como subespecies distintas. A aciñeira litoral (Quercus ilex subsp ilex) está distribuída polo norleste peninsular, Baleares e, de forma ocasional, na costa Cantábrica e na ría de Baiona. Constitúe a forma máis antiga e considérase un elemento da vexetación subtropical que cubriu o extremo norte peninsular con anterioridade ao cuaternario. A aciñeira meseteña (Quercus ilex subsp ballota), sintomática do clima mediterráneo, é a especie máis característica...
-
-
Lugar poboado de aciñeiras.
-
Comunidade vexetal onde a especie de árbore predominante é a aciñeira, cunha estrutura e distribución influída pola actividade humana (pastoreo, lumes, aproveitamento da madeira para leña ou carbón) e de aspecto similar aos sobredos, cos que coinciden xeograficamente e orixinan no suroeste da Península Ibérica formacións mixtas. Teñen unha cobertura elevada dando lugar a unha formación densa e sombriza con árbores de ata 10 m. Os aciñeirais ibéricos constitúen a mellor representación dos bosques planoesclerófilos mediterráneos. En Galicia constitúen formacións de alto valor ecolóxico e corolóxico e distínguense: aciñeirais mediterráneos en zonas baixas do país, caracterizados pola presencia no sotobosque de érbedos, carpazas, tomentelos, xilbarbeiras, troviscos e arzaias; e aciñeirais eurosiberianos en terreos calizos dos Ancares e o Courel, cun sotobosque onde están presentes acivros, sanguiños, abruñeiros.
-
-
-
amitose.
-
Falta de propensión a empregar unha parte determinada do corpo. Cómpre diferenciala da parálise e da apraxia. Aparece por dexeneración ou destrución dos núcleos da base cerebral e preséntase a miúdo na enfermidade de Parkinson.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perda do sentido do movemento.
-
-
Xénero de protozoos que, carentes de cilios en estado adulto, permanecen fixados ao substrato.
-
Xénero de herbáceas da familia das orquidáceas de vida epifítica no que se inclúen algunhas especies cultivadas.
-
-
-
Que carece de movemento.
-
Relativo ou pertencente aos acinetos.
-
Forma larvada de epilepsia que produce unha perda do ton postural.
-