"López" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 371.

  • GALICIA

    Exerceu profesionalmente como notario na Coruña e en Madrid. Autor de diversas publicacións sobre temas xurídicos galegos como Derecho foral gallego (1970) e Para un axeitado dereito foral galego, incluído no libro colectivo Estudos do dereito foral galego (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Xordomudo de nacemento, fixo a súa aprendizaxe con Asorey entre 1920-1922. A partir de 1923 participa en varias exposicións (Arte Galega do Ateneo de Vigo, Salón Internacional de Artistas Silenciosos, Arte Galega no Palacio do Retiro de Madrid) e en 1930 é nomeado profesor de debuxo, modelado e talla do colexio de xordomudos de Santiago de Compostela, no que cursara estudios. Entre 1933 e 1972, arrédase do mundo artístico e apenas expón a súa obra, dedicándose ao ensino e a colaborar coa desaparecida Cerámica Celta de Pontecesures e coa artesanía compostelá de César Ouro, traballando ao mesmo tempo con Asorey. Retoma a súa actividade artística en 1972 con sucesivas participacións nas Bienais de Pontevedra dende 1972 ata 1975, concedéndoselle nesta última un premio especial e mención de honra pola súa dilatada carreira artística e docente. En 1973 xubílase como profesor do Colexio Rexional de Xordomudos de Santiago. As exposicións nestes anos multiplícanse (VII Bienal de Arte da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués da segunda metade do s XIII, pertencente a unha das máis antigas e prestixiosas familias do Reino de Portugal que se implantou na zona comprendida entre os ríos Douro e Támega. A Primeira Crónica General e o Livro del Repartimiento de Sevilla menciónano como un dos participantes nas conquistas de Jaén (1246) e Sevilla (1248), polo que recibiría de Afonso X herdades como pago á súa colaboración no proceso de Reconquista. De regreso a Portugal, e durante o Reinado de Afonso III, foi Tenente de Bragança, Alcaide de Alenquer e Gobernador das terras de Sousa (1253-1277) e da comarca de Riba de Minho (1277-1280). Antes de 1251, e en data incerta, casou con Mór Gonçalves, sobriña do trobador Garcia Mendiz d’ Eixo e unha das famosas ‘netas do conde’ Mendo Gonçalves I de Sousa, célebres pola mención que delas fai Martin Soarez na cantiga satírica “Pois bõas donas son desemparadas”, na que este autor critica o rapto de Elvira Anes de Maia (filla de Guiomar Mendes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro e gravador en cobre. A súa aprendizaxe puido facerse no mosteiro de San Martiño Pinario, (Santiago de Compostela) onde parece que houbo neste século un taller de gravado moi importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Foi mariño e enxeñeiro e destacou como matemático. No 1800 encargouse da confección do plano xeográfico e estatístico da Arquidiócese de Compostela. No 1812 foi deputado nas Cortes de Cádiz e no 1814 sufriu persecución polas súas ideas liberais, tendo que exiliarse ata 1820, data na que, tralo triunfo do alzamento liberal de Riego, volve a España. Durante o exilio escribira a obra en seis tomos Consideraciones generales sobre varios puntos históricos, políticos y económicos a favor de la libertad y fomento de los pueblos, y noticias particulares de esta clase relativas al Ferrol y su comarca, que agora pode publicar (Madrid, 1820). Neste segundo período constitucional foi de novo deputado. Volverá ser perseguido a partir do 1823, cando a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís remata co réxime liberal restaurando o absolutismo monárquico de Fernando VII. Retirada a súa obra da venda ao público a partir do 1823, morreu na cidade natal arruinado polos gastos de impresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizou o sagrario da capela do Hostal dos Reis Católicos e o Santiago Peregrino de San Bieito do Campo (Santiago).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e dialectólogo. Publicou, entre outros libros e estudios, El dialecto aragonés (1953), Estudios y ensayos de literatura contemporánea (1971) e Teoría lingüística de las regiones (1975). Foi membro da Real Academia Española de la Lengua Española (1974), da que foi director (1989-1992).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Perito e profesor mercantil. Exerceu como Catedrático na Escola de Comercio de Donosti e na Escola de Estudios Universitarios e Técnicos de Gipuzkoa. Publicou, entre outros, Elementos de Contabilidad y Teneduría de Libros, Contabilidad General e Integración y Análisis de Balances.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor, escritor, tradutor e ensaísta. Diplomado en Maxisterio, exerceu como mestre e participou no movemento agrícola cooperativista de Lugo, organizando unha Cooperativa Escolar de Producións Hortícolas (1968-1969). Dende 1969 e ata a súa xubilación en 1994, exerceu a docencia na Escola de EXB de Sárdoma (Vigo). Traballou na Fundación Penzol e foi xerente da editorial Galaxia. Foi tamén colaborador na prensa diaria (El Progreso) e revistas (Grial).
    É autor, entre outros, dos seguintes títulos: A lingua galega na escola (1970); Lecturas galegas (1972); A escola rural en Galicia (1975); Lois e Sabela (1983); Catro nenos (1984); En galego sen erros (1991); Prontuario ortográfico de galego (1993). Traduciu ao galego entre outros títulos: A guerrilla antifranquista en Galicia, de Hartmut...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e membro do corpo de Inspectores de Finanzas do Estado. Deputado no Congreso pola circunscrición de Ávila (1982-1987), formou parte da executiva autonómica de Alianza Popular (AP) en Castela e León, da que foi Presidente (1986-1989). Vencedor nas eleccións de 1987, foi presidente da Junta de Castilla y León (1987-1989). En 1989, tralo congreso de refundación do Partido Popular (PP), demitiu como presidente autonómico para asumir a vicepresidencia nacional do PP (1989-1990). Candidato á presidencia do Goberno en 1989, é presidente nacional do PP dende 1990. Deputado por Madrid dende 1989, logo do triunfo electoral do seu partido en marzo de 1996 logrou ser investido presidente do Goberno español o 4 de maio de 1996, grazas ao apoio dos nacionalistas cataláns (CiU), vascos (PNV) e canarios (CC). Nas eleccións xerais do 12 de marzo do 2000 conseguíu a maioría absoluta para o PP por primeira vez na historia da democracia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Iniciou e desenvolveu a súa carreira no grupo lalinense Viravolta, co que realizou traballos de manipulación e iluminación, ademais de participar noutras actividades colectivas como a dramaturxia dos espectáculos ou o deseño e realización de marionetas. Entre os espectáculos nos que participou destacan: As venturosas fazañas de Don Florete (1983), Contos para ratos mortos (1984), Historias con demo (1985), Jasón (1985), A aventura do doutor Sabañón (1993), O candil marabilloso (1994) ou Guillermo Tell (1995).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís López Ballesteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador, fotógrafo e operador de cine e televisión. Participou no GAC (Grupo Amateur de Cine), que realizaba algunhas curtametraxes a principios dos sesenta. En 1964, xunto con Gonzalo Anaya Santos e Ezequiel Méndez Vidal, directivos do cineclub santiagués do Sindicato Español Universitario (SEU), fundou o Equipo 64 a través do que realizou un documental sobre a cidade e outro sobre o Camiño de Santiago. Banet exerceu como autor da fotografía e colaborou, así mesmo, no guión. Formouse na Escuela Oficial de Cine en Madrid para logo ampliar coñecementos de fotografía en Bélxica e Francia. Na década dos setenta foi operador en O cadaleito (1976), obra de curtametraxe en 35 mm de E. R. Baixeras. Traballou para o centro galego da TVE, sendo tamén impulsor da Videoteca de Galicia, integrada no Arquivo da Imaxe de Galicia. Ademais realiza vídeos e programas para a Televisión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Museóloga no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón (A Coruña). É doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.A súa labor céntrase na investigación do patrimonio arquitectónico popular de Galicia, sobre todo os hórreos e os muíños. Publicou os seguintes traballos: As construcións populares: un tema de Etnografía en Galicia (1983), Camiños, pasos e pontes (1989), Muíños de marés e de vento en Galicia (1991) e Os muíños (2000). Así mesmo, é colaboradora habitual de revistas especializadas como Verba, Gallaecia, ou Brigantium. Recibiu o Premio de Etnografía Vicente Risco (1978), o Premio Domingo Fernández del Riego (1984) e o Premio da Crítica Galicia (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista. Profesora nos conservatorios de Pamplona e Zaragoza e da Universidade de Verán de Jaca. De formación musical autodidacta, difundiu as obras de Federico Mompou, Jesús Guridi ou Fernando Remacha, entre outros compositores, e versionou con grande éxito a suite Iberia de Isaac Albéniz. Para piano e orquestra estreou a Rapsodia de Estella de Remacha e a Fantasía homenaje a Walt Disney de Guridi, entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Colaborador de diversos xornais de Galicia e Asturias, asinou algúns dos seus traballos cos pseudónimos como Rogueiber e Manuel de Vicenta. Publicou a novela A pecadenta silenzosa (1927) e a peza dramática Ollo cos estudantes (1930). Escribiu tamén en castelán as pezas Trampa adelante e Engaño sobre engaño. Ingresou na Real Academia Galega en 1958 en recoñecemento ao seu labor xornalístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Xornalismo pola Universidad de Madrid. Formou parte da redacción da revista Quintana e fundou Escritos. Colaborou en Céltiga e en Caderno de Estudos Galaico-Portugueses de Porto. Exerceu como correspondente da revista Ágora de Estudios Sociais da Universidade de Madrid, e participou na emisión de Rúa Galicia, en Radio Galicia da Cadea SER. Entre 1962 e 1966 dirixiu o programa “La actualidad en la Antena” e foi correspondente dos xornais El Ideal Gallego e Diario de Pontevedra, amais de colaborar noutros xornais españois e portugueses. En El Correo Gallego escribiu a sección “La Cultura es noticia”. En febreiro de 1968 ingresou na Axencia EFE, da que foi delegado xeral en Asturias e Galicia. Foi tamén enviado especial da devandita axencia por todo o mundo. En 1967 foi nomeado delegado de Faro de Vigo en Santiago e colaborou no programa “24 horas” de TVE. É colaborador habitual da RTVG...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista, contador de contos e creador de personaxes como o coñecido Farruco. Son coñecidas a súa retranca e reviravolta que emprega para provocar a risa ou propiciar a visión irónica da realidade, sempre na procura da revitalización do humor popular e tradicional. Fundou, xunto con Jose Luis Moralejo Álvarez e José Carro Otero o trío Faneca, co que actuaban no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela. Colaborou en Radio Galicia cun programa chamado “Cousas de Farruco”. Como actor participou no espectáculo teatral A fiestra valdeira (1994), realizado polo Centro Dramático Galego, e en 1996 presentou Sete por un. Amais actuou, con dous papeis secundarios, nos filmes Divinas Palabras e Del Miño al Bidasoa. Participou en diversos programas de TVE e TVG. Editou tamén cintas gravadas con contos e pequenas historias narradas por el mesmo, tituladas: Farrucadas, Galegadas e Trapalladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e autor teatral. Escribiu unha obra titulada Ollo cos estudiantes, de carácter cómico, que foi representada polos estudiantes de Maxisterio de Ourense no ano 1932. Á súa vez, esta obra consta dunha segunda e terceira parte, en castelán ambas, tituladas respectivamente, Trampa adelante (1933) e Engaño sobre engaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e banqueiro. Fillo de Emilio Botín López, primeiro presidente do Banco de Santander, e de María Sanz de Sautuola y Escalante, descubridora das covas de Altamira. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid. En 1929 foi nomeado conselleiro do Banco de Santander, accedeu á dirección do propio Banco en 1934 e foi nomeado presidente en 1950. En 1986 entregou a presidencia ao seu fillo Emilio, e en 1989 cedeu o cargo de vogal do consello de administración ao seu neto Emilio Botín-Sanz de Sautuola O’Shea. En 1965 creou o Banco Intercontinental (Bankinter); cedeu en 1986 a presidencia ao seu fillo Jaime e o cargo de vogal ao seu neto Marcelino Botín-Sanz de Sautuola y Nevada. Exerceu como presidente da Fundación Benéfica Marcelino Botín. Foi galardoado coa Gran Cruz ao Mérito Civil e coa Medalla de Oro do Consejo Superior de Cámaras de Comercio, Industria y Navegación de España.

    VER O DETALLE DO TERMO