"Lemos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 39.
-
PERSOEIRO
Relixioso franciscano que viaxou a Terra Santa, onde foi Viceprocurador dos Santos Lugares. No 1929 publicou Misiones franciscanas de Oriente (Tierra Santa).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paradela baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club fundado en Monforte de Lemos en abril de 1923 a partir da fusión do Club Atlético e do Monforte Club de Fútbol. Viste uniforme completamente branco e foi no campo da estrada de Ourense onde disputou os seus partidos como local nos primeiros anos. Despois pasou ao campo de San Lázaro, que recibiu o nome de Luís Bodegas en homenaxe a un malogrado xogador monfortino. Dende a tempada 1999-2000 o Lemos xoga no estadio da Pinguela. Logo dunha brillante traxectoria, ao remate da tempada 1935-1936 acadou o ascenso á Segunda División da liga española, na que non puido participar ao seren suspendidas as competicións por mor da Guerra Civil (1936-1939). Rematada a guerra, o Lemos viuse na obriga de renunciar á súa praza na categoría por mor das precarias condicións económicas e deportivas nas que quedara, carente de xogadores e de instalacións axeitadas para afrontar o campionato. En 1943 reincorporouse ás competicións oficiais. En 1964 proclamouse Campión da Copa Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico bisemanal editado en Monforte de Lemos dende 1895 ata 1899. Subtitulouse “Defensor de los intereses locales y generales”.
-
PERSOEIRO
Pintora e ilustradora. Coñecida como Lena Lemos, licenciouse na especialidade de pintura na Escola Superior de Belas-Artes de Porto (1976). Colaborou como ilustradora na colección Descubrir Coruña (1986-1989), en La Voz de Galicia e na revista Luces de Galicia e realizou as portadas de Floriram Cravos Vermelhos (1993), Evadne (1998) e Entre próspero e calibán (1998). Realizou exposicións individuais e participou en diversas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e nobre de orixe galega. Formado no Reino Unido, integrouse no rexemento español de Lisboa en 1771. Axudante do conde O’Reylly durante o sometemento de Louisiana ao poder español (1769-1790), ascendeu a xeneral de brigada en 1787. Como gobernador de Natchez entre 1789 e 1796 potenciou a creación de postos fronteirizos fronte á ameaza estadounidense, a sinatura de tratados coas tribos indias e a fundación de vilas, como San Fernando de las Barracas. Ascendido a brigadier dos Reales Ejércitos, foi designado en 1796 gobernador de Louisiana e de Florida occidental. Trala súa morte soterrárono baixo o altar da igrexa de Saint Louis de New Orleans. Escribiu Estado político de la Luisiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño e político. Gobernador do asentamento español nas Malvinas (1174-1779), foi vicerrei de Nova Granada (1788-1792) e do Perú (1792-1796). De ideas ilustradas, potenciou a creación dos xornais Mercurio Peruano (1791) e da Gaceta de Lima (1793), o desenvolvemento da Sociedad Cultural Amantes del País e da Tertulia Poética (1791), e a fundación, entre outras, dunha cátedra de Anatomía (1792) e da Academia de Naútica (1794). De volta a España foi elixido membro do Consejo Supremo de Guerra, director xeral da Armada (1799) e ministro de Mariña (1866). Trala chegada ao trono de Fernando VII, formou parte da Junta de Goberno que se desprazou a Baiona, que abandonou trala subida ao poder de Xosé Bonaparte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu no Val de Lemos. As súas armas traen, en campo de goles, doce roeis de prata. Algúns, en campo de prata, trece roeis de azul, postos en tres paos e un en punta; outros, en campo de goles, cinco luneis de prata.
-
GALICIA
Pintor. Ao comezar a Guerra Civil foi recrutado polas tropas franquistas pero pasouse ao bando republicano e, trala contenda, estivo encarcerado en Ferrol. De regreso a Vigo, especializouse na talla en madeira, e traballou nunha empresa como modelista. Posteriormente dedicouse á cerámica e á pintura ao óleo e realizou a súa primeira exposición en 1947. Perseguido como traidor ao bando franquista, en 1950 marchou a Bos Aires, onde se dedicou á cerámica e traballou como modelista e decorador da casa M.A.P.O. En 1977 regresou a España e instalouse en Palma de Mallorca ata que en 1986 se trasladou á Estrada. Realizou mariñas, nus e maternidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario outorgado por primeira vez en 1328 polo Rei Afonso XI a Alvar Núñez Osorio, sen carácter hereditario. O sucesor do monarca, Enrique II de Castela, concedeullos, ao mesmo tempo, a Fernán Ruiz de Castro e a Bertrand du Guesclin e desde 1371 outorgoullo, xunto cos condados de Trastámara e de Sarria, a Pedro Enríquez, que casou con Isabel de Castro, filla do antigo conde Fernán Ruiz de Castro. O fillo destes, Fadrique Enríquez de Castro, duque de Arjona, recibiu os condados en 1425 da man do Rei Xoán II. En 1456 o Rei Enrique IV de Castela concedeulle o título a Pedro Álvarez Osorio, señor de Cabrera e Ribera, casado con Beatriz Enríquez de Castro, irmá de Fadrique. Desde entón, o título tivo carácter hereditario e perpetuo e ata a súa incorporación á casa de Alba, permaneceu ligado á liñaxe dos Castro. Á morte (1772) da derradeira representante directa desta liñaxe, Rosa María de Castro e Centurión, o condado foi herdado polos membros indirectos da familia, como Jacobo Fitz-James...
-
PERSOEIRO
Líder da revolta irmandiña, fillo de Alonso López de Lemos e Balboa, señor de Sober e Pantón. Capitaneou a Segunda Guerra Irmandiña (1467-1469), xunto con Alonso de Lanzós e Pedro Osorio. Enfrontouse a Pedro Álvarez Osorio, conde de Lemos, e destruíu algunha das súas fortalezas. Acudiu a Pontedeume en axuda de Alonso de Lanzós, pero este xa abandonara a batalla, e Pedro Madruga convidouno a abandonar a loita. Quedou libre e regresou a Ferreira de Pantón. En 1471 o seu pai instituíu no seu favor o morgado de Ferreira e Sober. Na loita sucedida entre o II Conde de Lemos, Rodrigo Enríquez de Castro, e a casa de Benavente, actuou como xuíz. Exerceu a xurisdición sobre o mosteiro de Valverde ata que en 1486 os Reis Católicos lle propuxeron abandonala.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro que puido estar situado en Monforte de Lemos. Documéntase nunha doazón da condesa Elvira á Igrexa de Santiago (1108).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro de carácter familiar que puido estar localizado en Mosteiro (Bóveda). Está documentado en 1005 e 1043.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Ribas Altas (Monforte de Lemos) dependente de San Salvador de Celanova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Monforte de Lemos. Identifícase co de Santa María da Régoa.
-
GALICIA
Relixioso dominicano. Catedrático de Teoloxía na Universidad de Valladolid, foi predicador de misións en Castela e Galicia e profesor en diversos conventos dominicanos. Centrouse nos debates teolóxicos sobre a predestinación e a graza e foi comisionado para acudir a Roma a defender as teses dominicanas fronte ás xesuítas na Congregación de Auxiliis (1598). Foi consultor xeral do Santo Oficio e confesor privado e mestre do Sacro Palacio en Roma. Destaca a súa obra Panoplia Gratiae.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca natural situada no S da provincia de Lugo e que coincide coa comarca da Terra de Lemos. Corresponde coa depresión tectónica do río Cabe e os seus afluentes, coincidindo cunha sucesión de superficies de aplanamento a distintos niveis e dominadas pola sensación de planitude, só alterada polos canóns dos ríos Cabe, Miño e Sil e polos contrafortes occidentais da veciña serra do Courel. É unha das comarcas naturais mellor delimitada pola depresión do sector central, enmarcada por unha serie de montañas circundantes.
-
PERSOEIRO
Mestre de cantería. Activo en Santiago de Compostela, realizou a fonte de San Froitoso (1493) e traballou nas obras do Hospital Real, onde substituíu nalgunhas ocasións a Enrique Egas. Para o mosteiro de San Martiño Pinario construíu en 1510 dous claustros iguais aos que existían.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión situada no NO de Occitania, Francia (16.942 km2; 344.721 h [1999]). Composta polos departamentos de Alta Viena, Corrèze e Creuse. A capital é Limoges. A base da súa economía é a gandería bovina, e tamén destaca a ovina. Romanizada a partir de 51 a C, foi evanxelizada no s III por san Marcial. Ocupada polos visigodos (419-507) e polos francos (507-511), pasou sucesivamente a formar parte dos reinos de Neustria (511-584) e de Aquitania (584-876). Converteuse en condado da Marca na época carolinxia, e durante tres séculos estivo baixo dominación inglesa, ata que a conquistou Carlos V (1370-1374). Coa anexión dos vizcondados de Limoges (1607) e de Turena (1738), incorporouse á coroa francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
condado da Marca.