"Leros" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 27.
-
VER O DETALLE DO TERMO
valoroso
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desenvolvemento anormal do tecido escleroso nunha parede arteriolar.
-
-
Estado patolóxico que abrangue diversos procesos que provocan un engrosamento e endurecemento da parede das arterias. O proceso máis importante é a ateroscleros á que se lle atribúe impropiamente o nome xenérico de arteriosclerose.
-
Tipo de arteriosclerose que se presenta nas extremidades. Caracterízase por ocasionar necrose e calcificación, polo xeral só da túnica media das arterias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de construcións navais, creada en 1969 en Madrid ao fusionarse a Sociedad Española de Construción Naval, Euskalduna e Astilleros de Cádiz. Posúe instalacións no País Vasco, Galicia, Andalucía e València. É a cabeza dun grupo de filiais entre as que destacan Astander, Juliana e Celaia, todas elas relacionadas coa construción naval. Segunda empresa do seu sector en 1984, estivo moi afectada pola baixa de pedidos a nivel internacional. Pertence totalmente ao INI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma máis importante de arteriosclerose que ten como lesión fundamental o ateroma. Afecta sobre todo aos homes e especialmente a aquelas persoas que presentan unha serie de características denominadas factores de risco: antecedentes familiares de ateromatose prematura, hábito de fumar, hipertensión arterial, obesidade, hiperlipidemia, diabetes mellitus, sedentarismo, ansiedade e sobreesforzo psíquico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción española rodada en 1972 en exteriores e interiores da Escola Naval de Marín e nas cidades de Pontevedra e Vigo. Foi dirixida por Ramón Torrado e interpretada por Peter Lee Lawrence, Maribel Martín, Alfredo Mayo, Ramón Pons, Pepe Ruíz, Rafael Hernández e Adoración Vázquez, entre outros. Tres amigos, alumnos da Escola Naval de Marín, estragan a súa amizade por mor dun malentendido ocasionado polas relacións que un deles, Carlos, mantén con dúas mulleres. A axuda dun dos seus profesores será fundamental para recuperar esa amizade perdida. Cando todo volvía á normalidade, Enrique, un dos tres amigos, no intento por salvar un barco que naufragaba, morre. Ao finalizar o curso, no desfile final, xa como alféreces, lembran o seu compañeiro falecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cardiopatía isquémica crónica caracterizada por unha esclerose difusa do miocardio. Adoito se produce como consecuencia da oclusión arteriosclerótica das coronarias. Clinicamente, pódese manifestar como unha insuficiencia ventricular esquerda ou cardíaca total, unha anxina de peito, trastornos do ritmo cardíaco ou como unha arritmia completa; ás veces, só determina alteracións no electrocardiograma, clinicamente asintomáticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia baixo a advocación de san Salvador que foi incorporada á de Cambelo, no concello do Bolo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, nos contrafortes da serra de Gata, no límite con Portugal, drenado polo río Erjas (2.218 h [1996]). A economía baséase na agricultura (viña, oliveiras, árbores froiteiras) e na gandería lanar. A industria está representada por pequenas fábricas de materiais de construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón (15.227 h [1996]). É a cabeceira e o centro económico da comarca agrícola de Las Bajas Cinco Villas. As principais actividades económicas son a agricultura, especialmente os cultivos de cereais, a industria agroalimentaria e a fabricación de maquinaria agrícola. De orixe ibérica, foille conquistada aos musulmáns por Afonso I de Aragón o Batallador (1106), quen lle concedeu a carta de poboamento. Foi escenario das loitas civís que precederon ao compromiso de Caspe. Alí tivo lugar a reconciliación entre Xoana Enríquez e Leonor de Navarra (1467). As tropas de Filipe V sitiárona durante a Guerra de Sucesión. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa románica de San Salvador e a de Santa María, de orixe románica e modificada no s XVII, declaradas Ben de Interese Cultural en 1931 e 1984 respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Causar esclerose.
-
Endurecerse a causa dunha esclerose.
-
-
-
-
Endurecemento morboso dos tecidos por lesión ou alteración patolóxica.
-
esclerose cerebral difusa
Enfermidade de Alpers.
-
esclerose lateral amiotrófica
Enfermidade da neurona motora caracterizada pola asociación dunha síndrome neuroxénica periférica a unha síndrome piramidal. A súa etioloxía é descoñecida. A evolución é mortal en dous ou catro anos. Anatómico-patoloxicamente se demostrou a desaparición e alteracións específicas das neuronas motoras dos cornos anteriores da medula e das circunvolucións frontais ascendentes. Tamén se coñece como enfermidade de Charcot.
-
esclerose lineal
Manifestación da esclerodermia que se caracteriza por liñas localizadas de esclerose.
-
esclerose múltiple/en placas/diseminada
Afección crónica do sistema nervioso central caracterizada pola aparición de zonas de desmielinización da substancia branca, chamadas placas, que orixina anomalías sensitivas e de control muscular. Existen varias formas de evolución da enfermidade: unha remitente-recorrente, na que os síntomas aparecen e logo melloran total ou parcialmente ocasionando brotes; unha progresiva, na que o curso da enfermidade é progresivo dende o seu inicio; e unha secundaria, que inicialmente se manifesta en forma de brotes pero que co tempo se volve progresiva. Os síntomas son moi variados en función das zonas do sistema nervioso afectadas: debilidade, formigo, pouca coordinación, fatiga, problemas de equilibrio, alteracións visuais, sensibilidade á calor e outros. Descoñécese a causa da súa aparición, pero parece claro que se trata dunha resposta autoinmune na que o organismo ataca a propia mielina. Aínda que non é hereditaria, hai factores xenéticos involucrados no desenvolvemento da enfermidade, que actúan...
-
esclerose sistemática progresiva
Manifestación xeneralizada da esclerodermia.
-
esclerose tuberosa
Enfermidade conxénita, xeralmente hereditaria, transmitida por mecanismo autosómico dominante, aínda que tamén pode ser debida a unha mutación. Relaciónase con alteracións en xenes localizados nos cromosomas 16 e 9 que, en condicións normais, actúan como supresores tumorais. Caracterízase por crises convulsivas, dificultades na aprendizaxe, trastornos na conduta e formación de tumores e outras malformacións no sistema nervioso, na pel e noutros órganos. Tamén se coñece como enfermidade de Bourneville.
-
-
Endurecemento dalgunhas membranas celulares por engrosamento ou por lignificación. Prodúcese ao se formaren as esclereidas e tamén en certos procesos patolóxicos a consecuencia de deficiencias hídricas ou de lesións mecánicas. Ten lugar nas zonas máis vellas do líber, co carácter dun proceso de tipo secundario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos tabiques verticais que, nos madreporarios, se estenden radialmente desde o exterior do corpo de cada un dos zooides cara ao centro.
-
-
Relativo ou pertencente á esclerose.
-
Que está endurecido.
-
Que ou quen padece esclerose.
-
-
DIARIOS
Diario de tendencia católico-tradicionalista editado na Coruña a partir de febreiro de 1813. Participaron na súa fundación, dirección e redacción frei Nicolao de Castro e frei Manuel Martínez. Levou como subtítulo “Diario Polémico-Religioso de La Coruña”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco C. Pérez Prieto, logo nos de Antonio Rodríguez e, finalmente, nas oficinas do Exacto Correo de España en La Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura (9.492 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandería. A cidade foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1967. Destacan o dolmen de Toniñuelo (BIC, 1931) e os restos da antiga fortificación medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Grecia, situada no mar Exeo (53 km2; 700 h [1981]). Constituída por un basamento cristalino recuberto de sedimentos calcarios, presenta unhas costas moi articuladas. Na Antigüidade estivo influída por Mileto e quedou vinculada á Liga Délica. Foi utilizada como campo de deportación de presos políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nome xenérico que se emprega para designar calquera doenza que afecta ao miocardio.
-
Estado patolóxico do corazón que se caracteriza pola dilatación das súas paredes, insuficiencia cardíana global, arritmias, embolias e insuficiencia das válvulas mitral e tricúspide. A miúdo é de causas descoñecidas, pero, ás veces atópase en pacientes alcohólicos ou portadores de distrofias musculares.
-
Alteración conxénita, ás veces herdada, que se caracteriza por unha notable hipertrofia das paredes do ventrículo esquerdo, especialmente do tabique, sen dilatación da cavidade, que supón un obstáculo á saída do sangue do ventrículo á aorta. É unha das causas de morte repentina.
-
Estado patolóxico do corazón que se caracteriza pola diminución do volume intraventricular, a causa dunha obliteración parcial da cavidade ventricular por tecido fibroso e trombos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de esclerose dun músculo en que se produce un proceso de aumento da súa consistencia coa conseguinte perda da súa capacidade funcional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nefropatía que se caracteriza pola presenza de alteracións arterioscleróticas nos vasos do ril, secundarias ou non a unha hipertensión arterial.