"ONU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 79.

  • Presencia de acetona na urina como consecuencia da acetonemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantamento militar acontecido na Coruña o 21 de febreiro do 1820, no que se proclamou a Constitución do 1812 en apoio do Xeneral Riego protagonizado, entre outros, por Félix Álvarez Acevedo. O levantamento estaba debidamente preparado, ao participar na conxura, ademais de militares, burgueses, artesáns e mesmo as clases populares. Dende Cádiz, vía Gibraltar, chegaron á Coruña partes de aviso e proclamas que se espallaron e se distribuíron polos cuarteis. O pronunciamento principiou ao aproveitar a chegada e toma de posesión do novo Capitán Xeneral, marqués de Reunión, a quen se arrestou xunto aos xefes militares e ás autoridades absolutistas. Os sublevados fixéronse cargo do mando dos distintos rexementos e, xa que logo, a cidade quedou enteiramente nas mans dos liberais. No mesmo día vinteún, constituíuse na Coruña unha Xunta Superior de Goberno con plenitude de poderes para gobernar o Reino de Galicia. A súa composición respostaba a un plano perfectamente estudiado, segundo o cal nela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria autosómica recesiva que consiste nunha deficiencia do enzima oxidasa do ácido homoxentísico ou alcaptona, que se acumula en cantidades anormais na urina e no tecido conectivo do que a padece a causa dunha degradación incompleta dos aminoácidos fenilalanina e tirosina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Licenciado en Dereito e Periodismo pola Universidade de Madrid. Na súa etapa universitaria estivo vencellado a sectores tradicionalistas, formando parte do Sindicato Español Universitario (SEU). Afiliouse posteriormente ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE), polo que resultou elixido concelleiro de Madrid (1979). Foi nomeado ministro de Interior na primeira lexislatura do PSOE (1982), desde onde asumiu a reorganización dos corpos policiais (Ley de Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado) e a loita fronte aos grupos de oposición armada, fundamentalmente ETA e GRAPO. En 1988 fíxose cargo da carteira de Transportes, Turismo e Comunicacións, cargo que abandonou en marzo de 1991. En 1998   o Tribunal Supremo condenouno polo caso Segundo Marei a 10 anos de cárcere. O seu ingreso na prisión de Guadalajara o 11 de setembro desencadeou fortes protestas e manifestacións dos sectores socialistas ata que foi indultado polo goberno o 24 de decembro de 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e eclesiástico. É coñecido polos seus Avisos (1654-1658), colección de cartas nas que describiu polo miúdo a realidade da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espasmo clónico do músculo orbicular dos ollos que se manifesta por un aumento da velocidade de abertura e peche das pálpebras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo que apareceu na cidade de Pontevedra no ano 1903.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu o 1 de xullo de 1941 baixo a dirección de Manuel Vázquez Seijas. Nun principio tivo unha periodicidade irregular, pero dende 1943 o boletín apareceu trimestralmente. Entre os seus fins estaban o estudo de temas artísticos, monumentais e históricos da provincia luguesa, a transcrición de documentos dos arquivos, bibliotecas e museos. A revista publicou traballos de Arqueoloxía, Historia, Arte, Heráldica, Epigrafía, etc. Aparecen fotografías e debuxos que amosan os monumentos dos que se fala nos artigos. Unha posible evolución desta publicación puido ser: Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo (1941) e o Boletín do Museo Provincial de Lugo (1983). A fundación do primeiro boletín tivo lugar baixo a presidencia da Comisión de Monumentos Luis L. Martí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, fundada por Marcelo Macías, coa colaboración de Benito Fernández Alonso, Arturo Vázquez Núñez e Manuel Pereira Rey. O seu primeiro número apareceu o 1 de marzo de 1898 e non cesou ata 1960, compoñendo a colección total un conxunto de 20 tomos encadernados, con índice en cada tomo. Desde 1941 dirixiuna Xoaquín Lorenzo Fernández e o último tomo dedicouse en homenaxe ao prehistoriador Florentino López Cuevillas. De periodicidade bimestral, aínda que irregular, editábase na imprenta La Popular e tiraba arredor de 200 exemplares, cada un deles de 16 a 20 páxinas, incluíndo tamén fotografías en branco e negro. Este boletín tratou moi diversos temas culturais, con seccións de Arqueoloxía, Arquitectura, Escultura, Historia, Literatura, Epigrafía, Numismática, Diplomática, biografías, reseñas bibliográficas e informacións das actividades da Comisión de Monumentos de Ourense. Ao longo da súa dilatada historia contou cun cento de colaboradores,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantamento militar de signo liberal promovido o 1 de xaneiro de 1820 na vila de Las Cabezas de San Juan (Andalucía) polo comandante Rafael del Riego, ao mando dunha brigada que debía embarcar en Cádiz para sufocar o movemento independentista americano. Como consecuencia do alzamento, que supuxo a restauración da Constitución de 1812, principiou o chamado Trienio Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de corpos cetónicos nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contraccións involuntarias e rítmicas, determinadas nun grupo muscular pola extensión brusca e pasiva dos tendóns. Está relacionado cunha hiperexcitabilidade reflexa e aparece por mor dunha lesión da vía piramidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu en Santiago de Compostela en 1993 co subtítulo de “Boletín de información y ayuda al visitante”. Trátase dunha guía turística editada pola Asociación de Empresarios y Profesionales Compostela Monumental, baixo a dirección de Valentín Carrera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Continuo urbano resultante do crecemento simultáneo, reciprocamente influído, de dúas ou máis cidades próximas, que chega a facer desaparecer o espazo rural intersticial. O termo foi cuñado por Patrick Geddes. Son características das rexións urbanas e das metrópoles. Ademais das xurdidas ao redor de capitais como París, Londres, Toquio e Los Angeles, é particularmente intensa a da costa atlántica dos EE UU. En Galicia, este fenómeno estase a desenvolver no contorno das grandes cidades, sobre todo en Vigo e A Coruña, que tenden a fusionar as súas áreas metropolitanas sen solución de continuidade coas dos concellos veciños, nunha expansión dirixida cara ás áreas urbanas de Pontevedra e Ferrol, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos salmónidos ao que pertencen os corégonos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extremo superior do oogonio formado por cinco ou dez células, que presentan as carofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de enzimas endonucleases que hidrolisan os enlaces fosfodiéster entre os mononucleótidos do ácido desoxirribonucleico en calquera punto da cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molécula portadora da información xenética en todas as formas de vida celular e incluso nalgúns virus. Nas células eucariotas localízase no núcleo como compoñente fundamental dos cromosomas, e tamén noutros orgánulos fóra do núcleo como son as mitocondrias (ADN mitocondrial) ou os cloroplastos. É un biopolímero de natureza filamentosa, constituído por dúas longas cadeas non ramificadas de desoxirribonucleótidos unidos covalentemente por pontes 3’,5’-fosfodiester, aínda que excepcionalmente pode estar formado por unha soa coma no caso dalgúns virus. O esqueleto destas cadeas consiste en grupos alternos de desoxirribosa e ácido fosfórico unidos covalentemente; a cada unidade de desoxirribosa vai unida unha base nitroxenada que pode ser: adenina (A), timina (T), citosina (C) ou guanina (G). As bases son as portadoras da información xenética, mentres que o resto da molécula cumpre un papel estrutural. En 1869, J. F. Miescher illou e estudiou por primeira vez unha substancia orgánica que contiña...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que cataliza a síntese do ácido desoxirribonucleico. Tamén recibe o nome de ADN-polimerase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleótido constituído pola base nitroxenada, a desoxirribosa e o ácido fosfórico.

    VER O DETALLE DO TERMO