"Oms" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28.

  • Nome que recibiron os escritores, artistas e intelectuais ingleses que comezaron a reunirse arredor de 1905 na casa do barrio londinense de Bloomsbury, propiedade das irmás Stephen, Vanessa Bell e Virginia Woolf, e que mantiveron a súa actividade ata o ano 1941, aproximadamente. Formado, entre outros, por Lytton Strachey, Clive Bell, Leonard Woolf, E. M. Forster, Roger Fry, David Garnett e Maynard Keynes, non se consideraban un grupo nun sentido formal, aínda que os unía a convicción da importancia das artes. O seu pensamento pódese resumir na afirmación do filósofo G. E. Moore, que exerceu unha forte influencia no grupo, de que o principal na vida é o amor, a creación e goce da experiencia artística e a busca do coñecemento. Foron escépticos e tolerantes, e reaccionaron contra as limitacións artísticas e sociais da sociedade vitoriana. A través da escritura (novela, biografía, crítica de arte, economía, teoría política), a pintura (a obra de Vanessa Bell e Duncan Grant) e a edición (Leonard...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1919. Dirixida por David W. Griffith, foi interpretada por Richard Barthelmess, Lillian Gish, Donald Crips e Arthur Howarc. Chen, un chinés emigrado a Londres, acolle a unha rapaza maltratada polo seu pai, quen, sentíndose traicionado, a mata. Chen acabará matando o pai da rapaza e, finalmente, suicidarase. Esta traxedia do mundo moderno tentaba reproducir algúns dos temas criticados polo director; a intolerancia, o racismo, a brutalidade e a maldade conviven nun mundo no que tamén teñen cabida os sentimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista, filósofo e analista político norteamericano. Estudiou na Universidade de Pennsylvania baixo a dirección de Zellig S. Harris. Profesor no Massachusetts Institute of Technology, utilizou as técnicas matemáticas recentes (sobre todo a teoría das funcións recursivas) para compoñer un tratado extenso sobre The Logical Bases of Linguistic Theory (As bases lóxicas da teoría lingüística, 1955), no que demostra que unha lingua non só se pode describir en termos dos seus elementos patentes (os fenotipos de Whorf), senón que cómpre recorrer a elementos abstractos ou latentes (criptotipo), de onde se deriva a forma externa das frases mediante determinadas regras específicas de transformación. Esta idea xa se albiscaba na morfofonoloxía de Leonard Bloomfield ou na sintaxe de Otto Jespersen e de Charles Bally. A publicación do seu libro Syntactic Strutures (Estruturas sintácticas, 1957) e a gramática xenerativo-transformacional cambiou o panorama da lingüística...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi membro da Xeración de 1900 e pertenceu ao Grupo de los Diez, no que recibiu o nome de El hermano errante. Traballou na Biblioteca Nacional e foi director do Museo Nacional de Bellas Artes. Fundou o periódico Luz y Sombra e colaborou en El mercurio de Santiago, Letras e Zig Zag. Participou na fundación da Colonia Tolstoiana (1904), que postulaba a unidade do home coa natureza, a vida comunitaria e a dedicación ás obras do espírito. Baixo o pseudónimo de Augusto D’Halmar, publicou Juana Lucero (1902), Gatita (1917), Nirvana (1918), Pasión y muerte del cura Deusto (1924), La muerte de don Quijote (1934), Lo que no se ha dicho sobre la actual revolución española (1936), Palabras para canciones (1942), Cristián y yo (1946) e Los 21 (1948). Recibiu o primeiro Premio Nacional de Literatura (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do mu ḥ āfaa de Hims, Siria (540.133 h [1994]). Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santo Elian e a tumba de Khaled Ibn al-Walid (s VII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coeficiente que expresa a variación da temperatura dun gas cando, en condicións adiabáticas (entalpía constante), está sometida a un proceso de expansión. A temperatura na que o coeficiente é igual a cero, a unha presión determinada, denomínase temperatura de inversión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do kraj de Khabarovsk, Rusia (300.000 h [1997]). A base da súa economía é a industria naval, siderúrxica, mecánica e petroquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fylke de Noruega (15.104 km2; 243.900 h [2001]). A súa capital é Molde (23.773 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización Mundial da Saúde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e tratadista de cine francés. Fundador do grupo Les amis du cinéma, que se creou en 1962 en Perpignan, dirixiu as revistas Cinemathèque (1964), Confrontation (1965), Les Cahiers de la Cinemathèque (1971) e o Institut de Recherche et d’Animation sur l’histoire du cinéma (1981). Publicou La guerre d’Espagne au cinéma (1986) e, en colaboración con Pierre Guibbert, Histoire de la France au cinéma (1993), ademais de diversas monografías, das que destacan as de J. A. Bardem, L. Buñuel e C. Cardinale. Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (1.138.000 h [2000]). Situada na confluencia dos ríos Om’ e Irtyš, é a segunda cidade de Siberia, despois de Novosibirsk. Fundada en 1716 como fortaleza, é un núcleo industrial, con fábricas de maquinaria agrícola, refinaría de petróleo e industria lixeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (139.700 km2; 2.180.500 h [estim 1999]). A súa capital é Omsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Graziella Pareto, debutou en Barcelona en 1906 no papel de Micaela de Carmen de Bizet, e como profesional no Teatro Real de Madrid (1908) con La sonnambula de Bellini. Retirouse en 1931, despois de actuar en Madrid, Bos Aires, San Petersburgo, Kiev, Estocolmo, Roma e Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (5.257 h [2001]). Destacan o gando porcino, a avicultura, e a industria farmacéutica, de plásticos agrícolas, de artes gráficas, alimentaria e do sector do metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formado na lectura dos clásicos e no modernismo e, sen rematar nunca unha novela, converteuse nun excelente narrador. Revelouse con Marines i boscatges (1903), ampliada e refundida co título de Pinya de rosa (1920). Tamén escribiu en prosa La parada (1919) e Entre flames (1928) e, como poeta, El País del Pler (1906), Fulles ventisses (1919) e La cobla (1931). Pertenceu ao Institut d’Estudis Catalans (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Efectuou numerosas medidas calorimétricas, estudou o comportamento dos ácidos, dos que mediu a forza e prediciu a existencia dun grupo de gases inactivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa electrónica francesa constituída entre 1966-1968 pola fusión de diversas sociedades industriais, como a Compagnie Française Thomson-Houston (creada en 1893), Hotchkiss-Brandt, Compagnie Générale de Télégraphie Sans Fil-CSF e Claret. En 1972 absorbeu a Continental Ericsson. As súas actividades esténdense ás telecomunicacións, aos electrodomésticos, á electromedicina, á enxeñaría e á iluminación eléctrica. En España ten a filial Thomson CGR España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Realizou investigacións importantes en aerodinámica, que levou a cabo durante a Primeira Guerra Mundial e estudou con Chadwick a enerxía atómica e a fusión nuclear. En 1827 descubriu a difracción dos electróns, o que lle permitiu estudar a súa natureza ondulatoria, independentemente de C. J. Davisson. En 1937 recibiu, xunto con C. J. Davisson, o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo escocés. Pioneiro da fotografía social, foi un apaixonado da xeografía. Viaxou a Malaisia, Ceilán, Hong-Kong e China, e comezou a facer fotografías (1862) de tipos humanos. Membro da Royal Geographic Society (1866), acadou sona co libro Street Life in London (1877), onde denunciou a miseria dos traballadores a través das súas imaxes e dos textos de A. Smith. Pioneiro do retrato en vivo, abriu un estudo en Londres (1879), en que retratou as personalidades da época nas súas casas. Publicou The Antiquities of Camboya (1867) e Illustrations of China an Ist People (1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico británico. Estudou as propiedades da materia en relación coa electricidade, en 1897, ao estudar os raios catódicos, descubriu o electrón como partícula constituínte, efectuou un experimento para medir a relación carga/masa dos electróns, inventou o espectrógrafo de masas, estudou os raios positivos e suxeriu un modelo de átomo, modificado despois por Rutherford. En 1906 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO