"Ondo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 187.

  • PARROQUIA

    Parroquia que dá nome ao concello de Abegondo baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca e da provincia da Coruña, situado no N da comunidade autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Bergondo e Cambre, ao O co de Carral, ao S cos de Ordes e Mesía, e ao L cos de Cesuras, Oza dos Ríos e Betanzos. Abrangue unha superficie de 83,9 km 2
    cunha poboación de 5.808 h (2007) distribuídos nas parroquias de Abegondo, Cabanas, Cerneda, Cos, Crendes, Cullergondo, Figueroa, Folgoso, Leiro, Limiñón, Mabegondo, Meangos, Montouto, Orto, Presedo, Sarandóns, Vilacoba, Vións e Vizoño. A capital municipal é o lugar de San Marco (43 0 13’ 46’’ N- 8 0 17’ 11’’ O). Está adscrito ao partido xudicial de Betanzos e á arquidiocese de Santiago de Compostela.
    Xeografía física
    O territorio municipal de Abegondo atópase no dominio climático oceánico...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Expresa unha cantidade, en singular, ou un número, en plural, suficientes ou que chegan para cubrir as necesidades.

      2. En enunciados ponderativos, xeralmente con entoación irónica, pode adquirir un matiz de ‘en exceso, a fartar’.

    1. En cantidade suficiente, na medida que abonda, de sobra. Tamén se di dabondo e de abondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que abunda ou se presenta en gran número ou cantidade.

    2. Que é dadivoso cos demais e se desprende en grandes cantidades do que posúe.

    3. Que produce en abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entalladura que vai no medio do xugo onde se coloca a cabezalla do carro ou o arado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse nos anos sesenta na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde recibiu unha fonda influencia de Curty e Maximiliano Vidales Espinosa. Foi un artista polifacético que realiza caricatura, retrato e paisaxe; así mesmo, a permanente innovación levouno a realizar esculturas con obxectos de refugallo con grande imaxinación. A súa obra participa dunha eterna vocación romántica e posúe unha suave ironía de fondo. A partir de moldes impresionistas, realiza unha pintura sobria, case esquemática e baseada nun firme debuxo, dun acabado coidadísimo e de pincelada solta e de ampla mancha colorista que, ás veces, queda circunscrita por unha liña negra. A cor é a verdade máxima da súa pintura. Recibiu o Premio Dotación de Arte Castellblanc (1969) e concorreu nas Bienais de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mansión romana sita no percorrido da vía XX, que ía entre Bracara (Braga) e Asturica (Astorga). Atopábase na milla XXII entre Grandimiro (Cesures) e Brigantium (Betanzos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído e confusión producidos por persoas discutindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de san Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico francés. Estudiou en París e traballou con cineastas prestixiosos do talle de Godard, Chabrol, Verneuil e Melville. Inicialmente inscrito no movemento Nouvelle Vague, participou, posteriormente, nun tipo de cine máis comercial, con comedias de acción feitas á súa medida. Traballou nos filmes: À pied, à cheval et en voiture (A pé, a cabalo e no coche, 1957), À double tour (Unha vida doble, 1959), À bout de souffle (Ó final da escapada, 1959), Cent mille dollars au soleil (Cen mil dólares ao sol, 1963), Pierrot le fou (Pierrot o tolo, 1965), La sirène du Mississippi (A serea do Mississippi, 1969), Peur sur la ville (Pánico na cidade, 1974), L´animal (O animal, 1977), Le Professionel (O profesional, 1981), Le solitaire (O solitario, 1986), Les cent et une nuits (As cen e unha noites, 1994) e Une chance sur 2 (Unha sorte para dous, 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bergondo baixo adocación de san Salvador, onde se atopa a capital municipal, a aldea de Carrío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca e da provincia da Coruña situado na marxe esquerda da ría de Betanzos, no NO da Comunidade Autónoma de Galicia (43° 18’ 5’’ de latitude N e 8° 13’ 7’’ de lonxitude O). Limita ao N coa ría de Betanzos, ao L co concello de Paderne (comarca de Betanzos), ao S co concello de Betanzos (Betanzos) e ao O cos de Sada, Abegondo e Cambre (A Coruña) . Abrangue unha superficie de 32km 2 cunha poboación de 6.540 h (2007), distribuídos nas parroquias de Bergondo, Cortiñán, Guísamo, Lubre, Moruxo, Ouces, Rois, Santa María de Babío e Vixoi. A capital municipal, a aldea de Carrío, localizada na parroquia de Bergondo. Dista 22 km da Coruña e 63 km de Santiago de Compostela e está adscrito ao partido xudicial de Betanzos e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    Bergondo está baixo o dominio climático oceánico húmido. As precipitacións medias anuais non adoitan superar os 1.000 mm e a temperatura media anual sitúase en 14°C. Esta suavidade térmica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo cenobio situado no concello de Bergondo. Aínda que se descoñece a data da súa fundación, sábese que xa existía no 1138, data na que Afonso VII lle outorgou numerosos privilexios reais. Poucos anos máis tarde protagonizou un preito co arcebispo compostelán sobre os dereitos de pesca dos seus vasalos no río Mandeo. No 1256 foi acollido por Afonso X baixo a súa protección. Tras sufrir un incendio en 1338, foi restaurado por Fernán Pérez de Andrade e finalmente, coa reforma monástica dos Reis Católicos, foi anexionado por San Martiño Pinario como priorado. A actual igrexa parroquial é románica, da segunda metade do s XII. De planta basilical, presenta unha disposición de tres naves que se corresponden con outras tantas ábsidas na cabeceira. A cuberta da nave é de madeira a dúas augas, mentres que as ábsidas teñen bóveda de canón rematada nun cuarto de esfera. No interior alberga mostras de escultura funeraria da época. A carón do templo persisten as dependencias do antigo convento convertidas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, arqueólogo e humanista. Exerceu varios cargos na curia romana. Imitou a Tito Livio nas Historiarum ab inclinatione romani imperii ad annum 1440 (Historia do Imperio romano dende a decadencia ata o ano 1440, 1483).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de varios soberanos de Antioquía. Bohemondo I (? 1050 - Canosa di Puglia 1111) Príncipe de Antioquía (1098-1104), foi xefe das forzas normandas da primeira cruzada. Vencedor no sitio de Antioquía (1098), foi liberado da vasalaxe ao Emperador e iniciou a expansión do principado de Antioquía, ata que foi derrotado polos turcos (1104). Loitou, sen éxito, contra o Imperio Bizantino (1107). Bohemondo II (Italia 1109 - Cilicia 1130) Príncipe de Antioquía (1126-1130), fillo de Bohemondo I e Constanza de Francia. Reconquistou Kafartâb (1127). Morreu loitando contra os turcos. Bohemondo III (? 1145 - ? 1201) Príncipe de Antioquía (1163-1201). Foi derrotado e feito prisioneiro (1164) polo sultán Nūr-al-Dīn cando loitaba en Exipto; pasou a Bizancio, onde prestou vasalaxe (1165). Participou na III Cruzada e asinou a paz con Saladino. Bohemondo IV (? 1171 - ? 1233). Príncipe de Antioquía (1201-1233),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín relixioso de periodicidade semanal que xurdiu en Mondoñedo o 3 de maio de 1856 e que cesou en 1935. Esta publicación, redactada na secretaría da cámara, tiña como obxecto a divulgación das disposicións do prelado. Foi editado na imprenta de Perrote-Romero entre 1856 e 1878. Posteriormente, encargaríase da súa edición o Centro de Acción Social Católica. En 1913 tiña periodicidade decenal e unha tiraxe de 500 exemplares, e saía publicado co nome de Boletín Oficial del Obispado de Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Costa de Marfil (10.040 km2; 174.251 h [1988]). A súa capital é Bondoukou (19.021 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Suriname (7.364 km2; 6.621 h[1980]). A capital é Brokopondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio situado ao NO da cidade de Villena (Alto Vinalopó), que alcanza unha altitude de 587 m. Ao seu carón foron atopadas as ruínas dun poboado da Idade do Bronce, un dos máis grandes da zona meridional da Comunitat Valenciana. Entre os seus achados sobresae un tesouro de obxectos de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO