"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
PERSOEIRO
Aristócrata e estadista aragonés. Foi Capitán Xeneral de València (1763-1766) e Presidente do Consello de Castela, cargo dende o que dirixiu a política do reino. Impulsou as reformas ilustradas, o regalismo e a expulsión dos xesuítas; favoreceu a actuación dos golillas, que dirixía o conde de Floridablanca, aos que se enfrontou máis tarde como xefe do partido aragonés. Como embaixador en París (1773) desenvolveu unha política belicista contra Gran Bretaña, que dá os seus froitos na Guerra da Independencia Norteamericana e a consecuente Paz de Versalles (1783). De regreso á Península (1787), forzou a destitución de Floridablanca, a quen substituíu como Primeiro Secretario de Estado (1792). A súa actitude neutral, nun momento en que a oposición a Francia era moi forte, e ilustrada provocou a súa destitución (1792) e encadeamento (1794). Logo da súa liberación (1795), instalouse en Epila, onde desenvolveu unha serie de reformas locais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor.
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo da pintora Pilar Escudero e neto do escultor Escudero. Discípulo de García Patiño, a súa obra enmárcase dentro dunha corrente de figuración expresionista. En 1949 inicia os seus estudos de Arquitectura en Madrid, onde realiza as primeiras exposicións, como a de 1954 en Santiago de Compostela xunto con Labra, Lago Rivera e Tenreiro, cos que formou grupo. Nestas datas a súa pintura adquire unha liberdade operativa tanto nos temas como no tratamento dos mesmos, cun espírito festivo cheo de vida e en continua expansión que provoca que sexa un pintor de cor intensa, viva, explosiva, con contrastes violentos de gamas primarias.
En 1957 xunto a Xesús Núñez, Labra e Mampaso fixo unha exposición de tapices, trasladándose no mesmo ano a Marrocos onde expuxo en Tetuán, Tánxer e Rabat ao abeiro da UNESCO. En Tánxer... -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (471-489) que promoveu o cisma acaciano na Igrexa de Oriente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece inicialmente a Accademia Pontaniana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en París (1663) polo ministro Jean-Baptiste Colbert co nome de Petite Académie, formaban parte desta academia catro membros da Académie Française. Encargábase de redactar as inscricións dos edificios construídos por Luís XIV. Integrouse no Institut de France (1793), do que constituíu unha sección ata que as antigas academias retomaron cada unha o nome de seu (1816).
-
PERSOEIRO
Terceiro conde de Monterrei, señor dos estados de Biedma e Ulloa, da casa de Ribeira e dos demais morgados de Acevedo Fonseca. Fillo de Diego de Acevedo Fonseca e Ulloa e de Francisca de Zúñiga e Ulloa, única filla de Sancho Sánchez de Ulloa, primeiro conde de Monterrei. Casou con María Pimentel, filla do quinto conde de Benavente. Foi Pertigueiro Maior de Santiago de Compostela, Adiantado Maior de Cazorla e Xeneral da Cabalería de Milán. Formou parte da Corte de Carlos I en Valladolid. Participou na defensa de Perpiñán e na loita contra Solimán en Viena e Bohemia. Fundou en Monterrei un colexio da Compañía de Xesús que se converteu no centro de ensino máis importante do momento. Recibiu en herdanza do seu avó materno, o señorío e o castelo de Monterrei (Verín) e, por parte do avó paterno, o Arcebispo compostelán Alonso de Fonseca Acevedo, terras en Zamora e Salamanca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Segundo conde de Monterrei, fillo do Arcebispo compostelán Alonso de Fonseca. Casou con Francisca de Zúñiga e Ulloa, herdeira do Condado de Monterrei. Foi o introdutor da imprenta en Galicia a finais do s XV e o responsable da edición do Misal de Monterrey. Faleceu na loita contra os franceses en Salsas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. É autor do poema sacro La creación del mundo (1615), un dos principais temas do barroco relixioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode aconsellar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou aquel que aconsella, xeralmente boas propostas.
-
-
Dar consello a alguén.
-
Indicar a alguén unha boa proposta a seguir.
-
Tomar consello de alguén.
-
-
PERSOEIRO
Nobre ilustrada, filla de Lope de Acuña, conde de Buendía. Cando este morre en Flandres en 1573, deixa encomendado que a súa filla case cunha persoa da liñaxe de Acuña. Diego Sarmiento de Acuña, futuro primeiro conde de Gondomar, descendente de Vasco Martínez de Acuña o Vello, ao quedar viúvo sen fillos solicita casar con Constanza, cerimonia realizada en Valladolid no 1588.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Entallador, escultor e imaxineiro. Non se coñece a súa procedencia pero hai documentación dos seus contratos en Compostela. Colaborou con escultores e retablistas do s XVIII, como Miguel de Romai, con quen executou para a Catedral de Santiago a caixa dun dos órganos (1705) e o Altar da Soidade (1708). No ano 1709 fai, xunto con Cipriano Domínguez Bugarín, o retablo maior da igrexa de Santa Susana e o retablo colateral de San Marcos para a igrexa de Santiago de Betanzos. Con Manuel de Leis parece que colaborou no altar dunha capela da Confraría da Concepción da Catedral de Santiago. A derradeira obra de Afonsín foi un retablo en San Cosme de Oís.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Rei Afonso e ao seu Reinado.
-
Partidario de Afonso XII de España e do afonsismo.
-
Na historia da literatura galega desígnase con este nome o período trobadoresco que floreceu durante o reinado de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal.
-
-
Nome dado a diversas moedas que circularon en Portugal e nos territorios das coroas de Castela e Aragón durante a Idade Media.
-
Nome dado ao marabedí de ouro cuñado en Toledo por Afonso VIII de Castela .
-
Moeda de prata iniciada en Sardeña polo infante Afonso o Benigno e cuñada por Xaime II de Aragón.
-
Moeda de vellón que durante o Reinado de Xaime II de Aragón equivalía á décima oitava parte dun afonsino de prata.
-
Moeda de ouro de 8,05 g, con valor de 25 pesetas, cuñada durante os Reinados de Afonso XII e Afonso XIII de España.
-
-
Táboas astronómicas establecidas a partir de 1252 por Yěhudà ben Mošé e Iṣḥaq ben Sid. Foron confeccionadas no 1272, por encargo e baixo a supervisión de Afonso X de Castela. Calculadas a partir do meridiano e paralelo de Toledo, están baseadas na teoría de Ptolomeo, aínda que achegando melloras, entre as que cómpre destacar unha división do ano moito máis exacta. No s XIV, foron adaptadas aos meridianos e paralelos de París e de Londres e a súa importancia foi grande, mesmo despois da publicación das táboas rudolfinas por Képler (1627).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adhesión á causa monárquica dalgún dos reis españois chamados Afonso. O termo empregouse especialmente durante o Sexenio Revolucionario de 1868-1874 para designar a corrente política que defendía a restauración da monarquía na figura de Afonso de Borbón, fillo da deposta Raíña Isabel II e do futuro Afonso XII, en oposición ao carlismo, ao republicanismo e aos que defenderon a opción monárquica representada por Amadeo de Savoia. O representante político do afonsismo foi Cánovas del Castillo. Os afonsinos, que coordinaron a súa acción dende o momento do destronamento de Isabel II e o seu exilio a Francia, unificaron as distintas faccións monárquicas; convenceron a Isabel de que renunciara aos seus dereitos a prol do seu fillo -o que inicialmente non admitía a Raíña-; e buscaron o apoio da alta oficialidade do exército, que se levantara en varias ocasións para proclamar a Afonso Rei de España coa oposición de Cánovas, quen era partidario dunha transición pacífica e de xeral acordo.
-
-
Antropónimo creado en Galicia pola confluencia de catro nomes xermánicos moi próximos: Aldefunsus, Hildefunsus, Hathufuns e Alafunsus. Os catro teñen en común o segundo elemento -fonsus procedente do gótico *-funs ‘rápido, veloz, disposto, valente’ pero diferéncianse no primeiro que vén ser respectivamente: Ad-
-
Liñaxe posiblemente de orixe asturiana que se estendeu por Galicia. Salientan membros das casas de Santalla de Debesa (Ribadeo), da Torre de Novaes (casa primitiva doutras castes galegas), da casa de Carres en Cesuras (Betanzos), do lugar de Candín (Val de Ancares), de Villaza (Verín), de Escornabois (Trasmirás), do lugar de Pereiros, de Santa María de Lodoselo ou de Piñeira Seca (Xinzo de Limia) ou os da Coruña e Lugo, entre outros. Algunha rama galega descende dos de Burgos e os de Toledo teñen o seu berce en Galicia. As armas desta liñaxe levan, en campo de ouro, seis roeles de goles e no medio, unha espada espida. A rama que se asentou en Vigo trae escudo tronchado por unha banda de ouro, engolada en cabezas de dragóns do mesmo metal, salpicadas de sinople e lampasadas da mesma cor; a partición alta, de azur, con tres estrelas de ouro e a partición baixa, de prata, cun león rampante, de púrpura, armado e lampasado de goles; o bordo é de ouro. Outras variantes presentan, en campo de...
-
-
PERSOEIRO
Bispo que rexeu a diócese de Ourense desde 1174 ata 1213 durante o Reinado de Fernando II, fillo de Afonso VII. O padre Flórez atribúlle un libro de milagres de santa Eufemia e a tradución do latín da vida de santo Antonio Abad.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
A única fonte de información que ofrece algúns datos sobre este autor, é a rúbrica atributiva e explicativa, que precede á única cantiga da súa autoría: “A° Gomez, jograr de Sarria, fez esta cantiga a Martim Moxa”. Segundo esta rúbrica sería un xograr natural de Sarria, que estivo relacionado con Martín Moxa. A ausencia de documentos que proporcionen referencias sobre a súa cronoloxía e sobre as relacións mantidas cos medios cortesáns, obrigou os investigadores a recorrer á súa relación con Martín Moxa. Así pois, Afonso Gomez probablemente desenvolveu a súa actividade poética na Corte castelá de Afonso X, na segunda metade do s XIII, concretamente na década 1270-1280. Se se teñen en conta as alusións que o autor fai na súa cantiga á vellez de Martín Moxa, este xograr podería estar aínda activo no derradeiro cuarto do s XIII ou incluso a comezos do século seguinte. Tanto nos cancioneiros onde se copiou a composición “a mia alma se perca”, (Cancioneiro da Biblioteca Nacional e Cancioneiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Castela. Fillo de Xoán II de Castela e de Isabel de Portugal, foi utilizado polo bando contrario a Enrique IV de Castela, quen o confiara a Juan Pacheco, marqués de Villena. O Rei aceptou que fose xurado herdeiro do Reino coa condición de que casase coa súa filla Xoana; máis tarde revogou a decisión e reclamou o infante. No 1465 foi proclamado Rei co nome de Afonso XII. No 1467 foi derrotado por Enrique IV na Batalla de Olmedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor. Fillo dun procurador da República, José Nepomuceno Afonso e de María das Dores. Durante a súa infancia percorreu diversos países, entre outros Angola, Mozambique e Belmonte, que suporían continuas referencias no seu desenvolvemento artístico. Dende a década dos 40 ata 1953, Coimbra foi a súa residencia. Moi ligado á Facultade de Letras e ao Liceo, foi durante esta etapa integrante do Orfeão Académico e da Tuna Académica da Universidade. A partir de 1955, comezou a súa etapa dentro do ensino percorrendo varias vilas portuguesas. Zeca Afonso gravou o seu primeiro disco no 1953, Fados de Coimbra. Entre 1964 e 1967, volveu a Mozambique onde foi mestre. Esta etapa foi fundamental para cimentar a súa conciencia anticolonial. Por razóns políticas foi expulsado do ensino oficial e a música pasou a converterse no seu medio de expresión e de vida. Contrario ao réxime ditatorial portugués, entrou a formar parte do grupo de artistas prohibidos polo que as súas cancións foron censuradas,...
VER O DETALLE DO TERMO