"Ourense" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 43.

  • En 1883 creouse na cidade de Ourense unha orquestra da que foi o seu fundador e director Enrique Fernández Fernández, acólito da Catedral de Ourense. No ano 1897 cos compoñentes desta orquestra e outros músicos que proviñan de numerosas bandas populares, formouse a Banda Municipal de Música, dirixida por Enrique Fernández. Posteriormente, fíxose cargo da formación un director coñecido polo pseudónimo de Trepedas e a principios de século Xosé Millán, substituído por Ricardo Courtier. En 1923 o cargo recaeu en Xoán Iglesias Bragado ata 1955, sendo o seu sucesor Javier García Basoco ata 1966. Será Segismundo Fernández Feijóo quen ocupe o cargo ata 1969, cando foi nomeado Julián Pinilla López. De 1977 a 1979 foi novamente director Fernández Feijóo, relevado por Ángel García Basoco. En 1985 volveu Fernández Feijóo á banda e en 1989 foi elixido José Domínguez Seoane; en 1990 Nicanor Domínguez Cid, substituído por José Vicente Simeó Máñez. Na actualidade o seu director é Francisco Pérez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inaugurouse o 17 de maio de 1982 cuns fondos iniciais que doou Ben-Cho-sey, pseudónimo de Xosé Ramón Fernández Oxea. Estes fondos incluían desde algunhas obras do s XVIII ata numerosas obras do s XIX e libros de temática relixiosa e científica. No ano 1983, amais de recibir novos fondos que pertenceron a Eduardo Blanco Amor e, no 1984, os que formaran parte da colección de Alberto Vilanova Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca fundada no ano 1845 con fondos que proviñan de numerosos mosteiros e conventos da provincia, que quedaran desertos trala desamortización do ano 1837. A maior parte destes fondos desapareceron nun incendio ocorrido en 1927; entre eles incluíanse series teolóxicas, xurídicas, patrísticas e unha colección de obras do Tostado. Contaba nos seus inicios con 11.430 volumes, e no incendio desapareceron 17.000, entre os que figuraban algúns manuscritos e incunables. A finais do s XX, a Biblioteca contaba con máis de 60.000 volumes, a maior parte deles modernos. A obra máis antiga é do cronista real Lucio Marineo Sículo, do ano 1533.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter profesional aparecida na cidade Ourense en 1924.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída en Vigo o 17 de xullo do 2000 trala fusión da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo (1880), da Caja de Ahorros Provincial de Orense (1933) e da Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra (1930). Ademais, forma parte da entidade o Banco Gallego (1988), que pertencía ao grupo de Caixavigo dende 1997. Con anterioridade, a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo e a Caja de Ahorros Provincial de Orense asinaran en 1999 unha escritura de fusión. Dirixida por Julio Fernández Gayoso, quen dende 1965 era director xeral de Caixavigo. Durante o proceso de integración copresidiron a entidade Ramón Cornejo Molíns, procedente de Caixavigo; Manuel Bermúdez Castro, de Caixa Ourense; e Manuel Campos Vilariño, de Caixa Pontevedra. Está presente en todo o territorio galego, así como no Bierzo, Madrid, Lisboa, Porto, Xenebra, Caracas e México D F. No 2000 posuía unha rede de máis de seiscentas oficinas operativas, tiña un volume de negocio de 3 billóns...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centristas de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio convocado pola Concellería de Cultura de Ourense dende o ano 1979 para galardoar poemarios inéditos escritos en galego ou portugués. Foron premiadas as obras A fonte abagañada, de Francisco X. Fernández Naval (1980); Na néboa dunha espranza, de Xosé M. López Gómez (1981); A fraga amurallada, de Darío X. Cabana (1982); O poema dos lustros, de Millán Picouto (1983); Nas areias doutro mar, de Ramón Raña Lama (1984); Pedaços do meu tempo, de Eduardo dos Santos Nascimento (1985); VIII Fragmentos, de Darío X. Cabana (1986); Réquiem por un ocidental, de Pedro Barros Pereira (1987); As voces da saudade, de Edelmiro Vázquez Naval (1988); Na vertical da noite, de Xavier Vázquez Pintor (1989); Os achados da noite, de José J. Letría (1990); Poemas de alta e sol, de Isabel Pulquerio Futre (1991); Estación sur, de Carlos Caneiro (1992); Fragmentos do éxtase, de José J....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornadas cinematográficas que tiveron a súa orixe nos anos 1970 e 1971 coa creación do Cine-Club Padre Feijoo. Luís Álvarez Pousa e Xosé Paz foron os principais impulsores desta actividade, que chegou a concretarse coa inauguración da “I Semán do Cine en Ourense” no mes de xaneiro de 1973. Estas xornadas foron decisivas na consolidación do cine en Galicia durante a década de 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de fútbol fundado en Ourense o 10 de setembro de 1952. Xoga os seus partidos como local no campo do Couto e viste camiseta vermella e pantalón azul. Principiou a súa andaina na categoría rexional na tempada 1952-1953, ano no que acadou o ascenso á Terceira División do fútbol español. En 1959 superou na promoción o Getxo e ascendou á Segunda División. Na tempada seguinte clasificouse no 3º posto da liga, a piques de lograr o acceso á máxima categoría. Nas campañas sucesivas repetiu os bos resultados. Non obstante , ao remate da tempada 1964-1965 descendeu a Terceira División. Recuperou a categoría de prata á conclusión do exercicio de 1968-1969, pero o seu retorno pechouse cun novo descenso na temporada seguinte. O terceiro ascenso gañouno na tempada 1972-1973; desta volta mantívose dúas campañas en Segunda División. Houbo que agardar ata a conclusión do campionato de 1993-1994 para acadar outro ascenso, que lle permitiu disputar a liga de Segunda División na tempada 1994-1995. Malia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto masculino fundado en Ourense en 1979 co nome de Club Bosco-Salesianos. Principiou a súa traxectoria deportiva militando na Terceira División. Ao remate da tempada 1983-1984 conseguiu o ascenso á Segunda División. Dúas campañas máis tarde proclamouse subcampión de Segunda División, feito que lle permitiu acceder á Primeira División “B”. Permaneceu nesta categoría ata a conclusión da tempada 1988-1989, na que conseguiu o título de campión e o dereito a participar na Liga ACB. A súa primeira etapa na elite prolongouse durante nove campañas consecutivas, ata a do 1997-1998, na que descendeu. Logo de dúas tempadas na Liga LEB, ascendeu de novo á ACB (1999-2000). A tempada 2000-2001 foi a súa décima participación na máxima categoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución establecida en xuño de 1882 para a administración e promoción dos intereses da provincia de Ourense. Xurdiu a partir da desaparición da Diputación Provincial de Galicia deseñada na nova división provincial aprobada polas Cortes o 13 de xullo de 1821. Aquela institución administrou un territorio que se correspondía basicamente co da antiga provincia e diocese de Ourense. A restauración absolutista suprimiuna en novembro de 1823. En 1835, despois do ascenso ao trono de Isabel II, volveuse restablecer; absorveu, entón, o partido de Valdeorras, que no anterior período pertencera á provincia de Villafranca del Bierzo. Da Deputación Provincial de Ourense dependen diferentes organismos, como o Centro Cultural Simeón, o Teatro Principal, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento, o Padroado Provincial de Turismo, e diversas escolas, como as de artes e oficios, gaita e danza das que xurdiron agrupacións como a Real Banda de Gaitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo arqueolóxico provincial situado desde 1951 no palacio episcopal de Ourense. De titularidade autonómica, a súa orixe atópase en 1895 cando a Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense decidiu reunir nun museo os restos arqueolóxicos que formaban parte do Museo de Pinturas. En 1993 a sección de etnografía, con sede en Ribadavia, separouse e converteuse nun museo independente. A súa colección arqueolóxica e artística componse de restos megalíticos, castrexos, galaico-romanos e prerrománicos, así como de importantes pezas escultóricas renacentistas e barrocas e pinturas dos ss XVII e XIX. Tamén posúe unha mostra de mobiliario e artes decorativas. Pertence ao Consello Galego de Museos. En 1941 creouse o Grupo Marcelo Macías de colaboradores do museo, encargado de publicar o Boletín Auriense. A sede foi declarada Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1954 e situado no claustro gótico da catedral de Ourense. Contén pezas de ourivaría e obxectos vinculados coa liturxia. Dos seus fondos destacan o Tesouro de San Rosendo (ss X-XIII), que procede do mosteiro de San Salvador de Celanova e está composto por oito pezas de xadrez de cristal de rocha de estilo fatimita (s X), a cruz procesional gótica coa que o conde de Benavente agasallou a catedral e o Misal Auriense, feito en Monterrei en 1494.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado en Ourense. Inaugurado en 1987, atópase na casa dos Méndez Montoto do s XVI. Dedica as súas tres salas á exposición de obras fundamentalmente pitóricas. Organiza tamén exposicións temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia que dá nome ao concello de Ourense, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca e provincia homónima, situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro da provincia de Ourense ( 42° 20’ 17” de latitude N e 8° 8’ 10” de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Amoeiro e Coles (comarca de Ourense), ao L con Pereiro de Aguiar (comarca de Ourense), ao S con San Cibrao das Viñas, Barbadás e Toén (comarca de Ourense) e ao O co de Punxín (comarca do Carballiño). Abrangue unha superficie de 84,5 km 2 en que acolle unha poboación de 107.186 h (2007), distribuída nas parroquias de Arrabaldo, Beiro, Canedo, O Castro de Beiro, Ceboliño, Cudeiro, Montealegre, Ourense, Palmés, Rairo, Reza, Santa Mariña do Monte, Seixalbo, Trasalba, Untes, Velle, Vilar de Astrés e Vista Fermosa. A súa capital é a cidade de Ourense, que está situada a 110 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese e ao partido xudicial de Ourense.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Está situado no val do Miño, no fondo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Ourense que abrangue parte do concello de Ourense e a parroquia de San Cibrao das Viñas, no concello homónimo. Está composto por 20 parroquias, todas elas matrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega que se asentou na cidade de Ourense, da que colleu o nome, estendeuse por toda a Península e fundou en Burgos unha casa moi importante.

    2. Liñaxe galega que trae como armas, en campo de sinople, unha cruz flordelisada, de ouro. Outros traen, en campo de azul, un castelo, de prata, rodeado de cinco estrelas do mesmo metal. Outra variante recolle, en campo de azul, un cabrío, de ouro, cargado de tres billetes, de goles. Outra trae, en campo de prata, unha aguia, de sable; bordura de azul, con oito roeis, de ouro. A cidade e a provincia de Ourense traen por armas, en campo de azul, unha ponte de cinco arcos, movente dun faixado-ondado, de prata e de azul en punta, sumado á dereita dun castelo de ouro, e aclarado de goles, e á dereita dun león, de ouro, sostendo coa súa pata dereita alzada unha espada do mesmo metal; no centro do xefe, unha coroa real pechada, de ouro, forrada de goles e no timbre, coroa real pechada. Adoita aparecer castelanizado coa forma Orense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo que se fundou en 1979 co nome de Club Bosco-Salesianos. Nos primeiros anos xogou na terceira división, ata que na tempada 1983-1984 conseguiu o ascenso a segunda. En 1989 adoptou a súa denominación actual, e un ano despois conseguiu o seu ascenso á Liga ACB despois de quedar campión de primeira división B. Permaneceu nesta categoría dez tempadas, nove delas consecutivas (da 1989-1990 á 1997-1998), ata o seu descenso en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO